ZORZA CON OVOS FRITIDOS
ZORZA CON OVOS FRITIDOS - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
pemento doce, 25 grs.
pemento picante, 10 grs.
sal
allo, 100 grs. picado moi fino
auga, 1 copa
carne de porco picada, 1 kg.
ovos, 8
patacas ó vapor
Preparación:
Ponse a carne co pemento doce e picante, o sal, o allo e a auga, todo
nunha tarteira, e reméxese ben ata que a zorza colla a cor do pemento e
tódolos outros ingredientes queden ben mesturados coa carne. Próbase de
sal e déixase repousar unhas 24 horas na pota ó fresco. Despois ponse
unha tixola ó lume con aceite e fríxese ben a zorza. Noutra tixola
fríxense os ovos. Ponse a zorza nun prato e por riba os ovos frixidos
quentes, todo acompañado cunhas patacas ó vapor ou patacas frixidas.
Restaurante Alberto
