Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

ZAMBURIÑAS Á GALEGA



zamburiñas á galega

ZAMBURIÑAS Á GALEGA - RECEITA 1

Ingredientes:

zamburiñas, 1 ducia
fariña, 50 grs.
pan relado, 50 grs.
cebolas, 2 grandes
loureiro, 1 ramiña
aceite de oliva, 1/4 litro
pementa, 1 culleradiña
allo, 2 dentes
xamón curado, 100 grs.
gambas peladas, 100 grs.
sal
pemento doce

Preparación:

Pícase a cebola e os allos moi finos e faise un rustrido no aceite coa folla de loureiro. Cando estea no seu punto engádeselle o xamón e as gambas (todo ben picado), bótaselle o pemento doce e mestúrase todo ben, axudándose coa fariña e o pan relado. Reénchense as zamburiñas con toda a mestura e gratínanse no forno. 

Restaurante Alberto