VIÑOS DO RIBEIRO
Tipo de viños
Os viños do Ribeiro son xoves, moderadamente ácidos, lixeiros, gráciles e con combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre sorprenden.
Dentro dos viños do Ribeiro destacan os elaborados a base de variedades autóctonas, fundamentalmente Treixadura e Torrontés, que dan uns viños brancos característicos pola súa calidade e amplitude de matices. Estes viños deben consumirse no primeiro ou segundo ano, ó non ser sometidos a proceso de envellecemento.
No caso dos viños tintos, cando se elaboran con variedades como Caíño, Sousón, Brancellao, etc., os niveis alcanzados tamén son aceptables, desde o punto de vista de obter viños cheos de xuventude e agradables ó padal. O seu consumo deberá ser no primerio ano, sendo por esto que se coñecen como novos.

Xunta de Galicia