Antón Villar Ponte - Pensamento e sementeira
( Leiciós de patriotismo galego )
Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, Instituto Argentino de Cultura Gallega
O individualismo económico
George W. Rusell, irlandés, hirmán de raza, escribíu un libro que parez
feito pra nós. Déle son estas verbas: "A maxestá solemne xurde cando
existe unha orquestación da humanidade por algún direitor poderoso, e
coma povo os irlandeses non manifestaremos nunca as máis outas calidás
na literatura ou na vida até que estemos baixo o dominio de unha, polo
menos, das ideias fundamentaes que foron as inspiracións das razas. Nosa
debilidade nasce do noso individualismo económico."
O que dí o notábel escritor celta pode terse apricado a o noso pobo e a
cantos permanecen nun grau inferior da evolución social. " Irlanda
-escribe Rusell - pasóu polas probas tráxicas que sirven de ilustración
ao que chamaríamos a inxusticia do trunfo de unha forza orgaizada. O
mesmo que Galiza.
"Aquele individualismo económico -sigue dicindo Rusell- é o sostén de un
cotianismo inerte, sin alma, sin paixón, sin deber, tren de vida de
autómatas que reciben as impresiós do éxito, cultivadores do realismo en
toda a sua gama, o non ven nin se decatan da finalidade de un dinamismo
social que representa o impulso móvil, ardente, verdadeirarnente
xermolador da ideia. Só cando os pobos compoñen a orquestación de que
falaba denantes, fan grandes cousas, cantando unha epopeia vivida, un
poema, unha relixión profunda e humana, un arte vibrante, unha moral
acugulada de simpatía social."
E máis é certo. Os que temos ollado manifestaciós colectivas baixo o
impulso de unha paixón intelectual, unha ideia que sal de nai, un desexo
ardente que concreta un momento histórico; os que ternos apalpado no
ambente físico a ialma de todo un pobo; os que temos asistido a
espeutáculos de vontade; os que temos visto poboacións enteiras sedentas
de grorias e de perenidade, non podemos menos que fuxir de ese
cotianismo insípido e tépedo afincado no individualismo económico que
foi -según Rusell- o principal obstáculo a rexeneración de Irlanda, como
ven séndoo tamén o da Galiza.
E sin embargo, conforme dí o mesmo gran escritor, cando perséntase na
historia de un pobo un espeutáculo da Disciprina até entón descoñocida;
cando se ven lóstregueos de xenreira hacia ese individualismo económico,
destrutor de todas as belezas da ialma humán; cando o esprito,
esquecéndose da sua propia conservación, aspira ao abranguamento de algo
rnáis outo, entón se pon a primeira pedra de unha nova nazón, ainda que
o trunfo esteña lonxano, inda que a orgaización do mal haxa afogado o
estoupar do esprito.
Este é, hirmáns galegos, o devenir da Humanidade que todos vimos
tecendo; uns co a nosa abnegación, os outros co as súas incapacidades.
Estes son os idealismos trascendentes que temos de opórlles aos
logreiros nados na Galiza, que polo seu analfabetismo espritoal non se
decatan de que máis aló das descentralizaciós administrativas por
amprias que sexan e máis aló de tódolos progresos materiás, brila a
estrela tremelucente da nazón galega alumeando a fronte dos escolleitos,
dos únicos aristócratas que viven na nosa Terra: os galeguistas.
