Antón Villar Ponte - Pensamento e sementeira
(
Leiciós de patriotismo galego )
Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, Instituto Argentino de Cultura Gallega
Discursos a Nazón Galega
Con iste tíduo tefío feito un
feixe de artigos que axiña imprentarei nun libriño, chamado, non a
conquerir soa, senón a suxerir aos nazonalistas da miña patria
ideias que eles logo con máis xeito e autoridade desenrolarán
compridamente. Coido chegado o momento de que o pensamento do
galeguismo novecentista se concrete en sínteses afirmadoras fillas
do análisis que dende fai dous longos anos vimos realizando os "bós
e xenerosos".
¡Oh, o económico ! Para tódolos galegos sin senso propio ou servos
do centralismo que agora falan de autonomía, o económico é o
importante. E as xentes caciques da banda de Vigo, principalmente,
ao falaren do económico poñen os ollos en branco, coidándose seres
superiores porque son prácticos, ¡Pobres sepulcros branquexados!
¡Pobres analfabetos do idealismo! Pero ¿existe o económico en si?
¿Existe o económico máis que coma meio? ¿A industria e o comercio
son outra cousa que organizaciós do material para as facilidades da
vida material? ¿Pódese fundar unha aristocracia no económico? O
vulgar fabricante de champagne, por citar un exemplo, ¿qué valor
tería si o mundanismo frívolo non tivese poetizado o licor escumoso?
O económico e vagón de cárrega que, arrastra a locomotora do
idealismo. A teoría filla da especulación, e denantes que a
práctica. Colón, un tolo, un ideolóxico, é copartícipe de tódolos
negocios materiás relacionados con América. E Colón non tiña nociós
de economía. 0 idealismo, único impulsor da vida dos pobos, fica por
riba das leises da oferta e da de manda. O económico, somente
concíbese coma meio pra fins espritoás. O un concepto limitado.
Cando comer, beber e vestir, sexan ideaes e non necesidás
zoolóxicas, terán razón os da economía a secas. Namentras isto non
ocurra, bailarán ao son do pandeiro idealista. Queiran ou non.
