Vicente Risco - Teoría do Nacionalismo Galego
I
O NACIONALISMO GALEGO
Galeguismo e Nacionalismo
Emprégase a verba nacionalismo pra desiñal-o corpo de doutrinas que informan
todo movimento de reivindicación da persoalidade dos grupos naturaes por frente
da sorbencia dos Estados históricos. N-este mesmo senso empregámola nos.
Nacionalismo galego quer decir pol-o tanto, a doutrina que informa o movimento
de reivindicación da persoalidade de Galicia frente da sorbencia do centralismo
hespañol.
Tense empregado, como sinónima de nacionalismo galego, a verba galeguismo,
y-esto, pra distinguil-o noso nacionalismo do nacionalismo vasco ou do
nacionalismo catalán.
Entendemol-os nacionalistas galegos que unha nacionalidade, xunguida ou non a
outras baixo a soberanía d'un Estado calquera, ten unha misión histórica que
cumprir en ben da civilización universal, e que tanto val coma tal
nacionalidade, según sexa o que faga pr'o cumprimento d'aquil deber histórico.
Por eso non queremos pr'o nacionalismo galego unha ideoloxía traguida d'afora
senon feita por nos mesmos, sacada das arelas internas da y-alma do pobo galego.
O noso nacionalismo, pra ser algo, ten que ser un galeguismo, e non un
euskarismo ou un catalanismo traducidos á nosa fala. D'eses nosos irmaus da
¡mensa Hespaña, queremol-o eixempro de rebeldía y-o acordó pr'a aución común, si
é que compre, mais non as direitrices mentaes da nosa intención nacionalista.
Si agora prefirimol-a desiñación de nacionalismo galego, é como di A. Villar Ponte, porque hoxe «non hai politiquiño dos da nosa Terra, nin xornal caciquil que se non chame galeguista... Rexionalismo e galeguismo, pois, pra nos dende esto carecen de valore. Son verbas mortas e fan falla verbas vivas».
Rexionalismo e Nacionalismo
A verba rexionálismo, qu'empregamol-ó principio pra desinal-as nosas
doutrinas—porqu'esi fixeran os nosos precursores—foi logo coluda por algús que
quixeran limital-o alcance das nosas xustas arelas: eses que din en castelao:
«queremos un regionalismo bien entendido». O que, en moitos casos ven a querer
decir: un rexionálismo que se non opona os compromisos que teñen adequiridos...
Entón, colleuse como mais eispresiva, a verba nacionalismo, manifestando, no
Programa de Lugo, que a de «rexionálismo, non recolle todal-as aspiraciós, nin
encerra toda a intensidade dos nosos probremas».
Y-esí é. O rexionálismo non pide mais qu'a autonomía ademi-nistrativa mais ou
menos restriuta, o direito a nos gobernar por nos mesmos con mais ou menos
amplitude. Quere conquerir pra Galicia—ou pr'o país que sexa—a persoalidade na
orde da adeministración. Porque, xiquera precise sempre unha base xeográfica
real, o conceuto de rexión non pasa de seré un puro concepto xurídico. A fin de
contas, unha rexión non é nada fora da vida interior do Estado qu'a colle dentro
do seu orbe políteco.
O nacionalismo quere, por riba de todo, crear en Galicia—ou na térra que
sexa—unha vida e mais unha cultura autónomas, un aproveitamento de todal-as
forzas de produción material e mental da térra e da raza pr'a creación de
valores económecos e culturaes que se podan impor no mundo. O coneeuto de nación
é un conceuto histórico, o que quer decir, da másima realidade. Unha
nacionalidade vive sempre, como realidá espirtual, independentemente do Estado
de que forma parte.
Unha nación pode ser tal nación—unha entidade histórica e cultural y-até unha
potencia económeca—sen autonomía de ningunha clás, sempre qu'o sentimiento
nacional sexa forte d'abondo. En troques, a autonomía mais integral e mais
compreta, a mesma independencia políteca, non abonda co'elas pra faguer unha
nación.
Unha cousa é a personalidade adeministrativa ou a políteca, y-outra cousa é a
pei'soalidade histórica, anqu'unha sexa sempre unha fortísima axuda pr'a outra.
Unha térra calquera, sen carauteriza-ción nacional, pode sempre pedir, con
xusticia, autonomía e descentralización. Pr'aquela térra, a autonomía será un
fin; pra nos non é mais que un medio. Un medio pra por en produción a nosa
nacio-nalidade, á que lie temos asiñada unha misión definida na creación da
civilización futura.
Esí, o conquerimento da nosa persoalidade nacional, non é xa pra nos somente un
direito: é tamén un deber, un deber que temos de cumprire, pr'a maor groria de
Galicia e da Hespaña.
Que a arela nosa non é separatista, xa fica dito. As reivindicados que nos
añedimos ó pograma meramente rexionalista dos nosos devanceiros, non atenta en
nada á soberanía políteca do Estado hespañol. Pregámoslle que recoñeza un feito
que s'imporá d'eiquí a pouco, e nada mais.
A razón da nosa campaña
Nos víamos que Galicia se desgaleguizaba; nos víamos que Galicia se desfaguía;
nos víamol-a perda das nosas tradiciós, dos nosos costumes, da nosa fala, da
nosa libertade.
A noncuranza dos nosos pais deixáranos unha Galicia desgaleguizada. chea de
vergoña de si mesma, homildosa y-escrava, disposta a aguántalo todo.
Víamos ós gobernos da Hespaña oficial, d 'esa orgaización teórica e ausurda
qu'asoballa á verdadeira Hespaña, apricarnol-as leises feitas pr'as necesidades
ou pr'as comenencias d'outras térras... Víamol-o ésodo perpetuo dos nosos irmaus
que fuxían da sua térra non sempre por esprito aventureiro, senon as mais veces
porqu'eiquí facíaselles a vida inhóspita e cruel... E víamol-a morte de todal-as
nosas pequeñas industrias, y-a deealvaeión dos nosos montes, e todo un imenso
tesouro d'enerxia perdido na corrente das nosas augas, y-o esquecemento da nosa
literatura, da nosa museca, do noso folklore, da nosa fala, do noso
caráutere...
Era a morte, a morte sen remedio pr'a nosa amada Galicia...
E víamos qu'esto era porque nos fallaba a vontade nacionalista. E como no noso
sangue sentían) il-o cantar da térra, sentíamol-a voce de Galicia que non quería
morrer, que non quería deixar de ser Galicia, un valente desexo, unha santa
cobiza fíxonos sair das nosas casas onde pousabamos antre volumes cheos d'ideias
novas, onde recolliamol-as correntes de todol-os ventos do esprito pra traballar
na recostitución espirtual, social y-económeca de Galicia, pra crear en todal-as
almas dos bós e xenerosos a vontade nacionalista.
Que se propon o Nacionalismo galego
Temos dito qu'o Nacionalismo galego proponse a recostitución espirtual, políteca
y-económeca de Galicia. Quérese decir que pre-cisamol-a autonomía ñas tres
ordes...
Agora bén: entendemos por recostitución espirtual, a creación e conservación da
civilización galega na Fala, na Arte, e nos Costumes.
Entendemos por recostitución políteca, a liberación e gobernó (no senso galego
da verba) do pobo galego, ou sexa: acabar c'o caciquismo,—«onseguil-a autonomía
integral,—y-acomodal-o direito y-as leises ás necesidades e mais ós costumes
xurídecos de Galicia.
Entendemos por recostitución económeca, o levar á nosa térra á sua máisima
produción—multipricar ó infindo as comunicaciós y-a propaganda dos produtos
galegos—e precurar unha xusta y-equita-tiva distribución da riqueza.
Temónos que por ós tres a un tempo.
O pirmeiro ficará conseguido, cando no extranxeiro se vexan obrigados a
traducil-os libros escritos en galego, se queren ter coñe-cemento das
derradeiras novas centíficas, filosóficas e literarias.
O segundo, cando Galicia teña pol-o menos todol-os direitos que na Conferencia
da Paz se recramaron pr'as minorías nacionaes.
O terceiro, cand'os produtos do chao e do traballo galego sexan buscados pol-o
mundo inteiro, e cando todol-os galegos teñan pan, vestido, casa y-aforros.
II
AS LOITAS NACIONALISTAS
O Nacionalismo pol-o mundo adianto
Hastra despois das guerras
napoleónicas, ninguén se ocupara en Europa dos direitos das nacionalidades. Os
Estados europeos formáranse axuntando pobos de falas e de razas deferentes,
según o dispuñan o direito de sucesión ou o de conquista, y ainda o Congreso de
Viena de 1814, fixera as partixas e compensados territoriaes tendo en conta o
númaro d'almas e mais a riqueza dos países e de ningún xeito a vontade dos
pobos. Poloña fora de novo repartida entre Prusia, Austria e Rusia, Bélxica fora
dada ó Reí de Holanda, o Norte d'Italia ó Emperador d'Austria.
Mais o principio da soberanía da nación trouxera o do direito qu'elas tiñan a se
gobernar por si mesmas y-a non ser axuntadas a unha nación extranxeira, nin
divididas entre varios Estados como fora Poloña. En todal-as térras asoballadas
(Poloña, Hungría, Bohemia, Bélxica, Italia, Grecia, Irlanda) formáronse partidos
na~ cionalistas que caseque sempre eran liberales ó mesmo tempo e que recramaban
a independencia ou a autonomía.
Os patriotas, orgaizados en sociedades segredas (os carbonarios en Italia os
fenianos en Irlanda, a Hetairia en Grecia) provocaron tres crises que collerón,
caseque ó mesmo tempo d 'unha á outra banda da Europa; unha en 1830, outra
entre 1848 e 1850, y-outra ó redor de 1870. A pirmeira deu a libertade a
Bélxica; a segunda foi afogada; a terceira libertou a Italia. Na peninsua dos
Balkans, as loitas nacionalistas duraron dende 1804 hastra 1918, e foron as
causantes da gran guerra.
Nin houbo sangue que afogase,
nin amaños internacionaes que rendisen o heroísmo das pequeñas naeiós. A opinión
liberal da Europa inteira sempre foi a favor dos patriotas que se revoltasen
n-un curuncho calquera. Ó fin, o principio de que cada nación debe formar un
Estado autónomo fíxose axioma do Direito internacional. Tal é a Teoría das
Nacionalidades.
Eiquí coma n-outras cuestiós tocantes á cencia do Direito, áchanse frente por
frente as conceuciós da chamada Escola filosófica y-as da chamada Escola
histórica. Pódese decir que o punto de vista da escola filosófica é o que
sosteñen, referíndose ás nacionalidades os tratadistas franceses: é a teoría da
vontade, según a que, a nación eisiste somentes pol-a vontade dos homes que
queren formar parte do mesmo Estado. En troques,os que siguen a tradición da
escola histórica, sosteñen que a nación, independentementes da vontade dos
homes está constituida por unha comunidade d'intreses espirituaes e materiaes
producida pol-a naturaleza. Unha comunidade esi costituída, ten direito a tel-o
seu gobernó propio.
Craro que é a vontade nacionalista a que fai o heroísmo dos pobos que loitan
pol-a sua independencia. É a vontade a que fai o heroismo das duas naeiós
eixemprares: Poloña e Irlanda. Foi a vontade, foi a fé mesianista no
rexurdimento nacional, feita dogma filosófico no pensamento de Wronski, de
Cieskowski e de Mickie-wicz, a que fixo que Poloña, a nación mártir, resucitase
d'antre os mortos, Cristo das naeiós, É aínda esa vontade y-esa fé as que fan as
audacias d 'eses ademirables sinn feiners, irmaus nosos da verde e triste
Irlanda...
Xa ninguén s'estreve a negal-os direitos das pequeñas naeiós. Eles foron o
fundamento doutrinal do Tratado de Versalles que acabou c'os Imperios de ferro
que as tiranizaban. Despoixas da derrota da Alemana, xa non hai panxermanistas.
O Imperio ruso desfíxose c'oa revolución. Estonia, Ukrania, Lituania, Filandia,
son libres coma Bohemia e Hungría.
O Federalismo
As monarquías ausolutas foron, ó mesmo tempo centralizadas. Todol-ós asuntos
iban a dar ó despacho de El-Rei que unecamentes debía exercer toda a autoridade.
Non pol-a comenencia dos pobos, senon pol-a comenencia dos gobernantes, o que se
quería era uniformar na monarquía inteira, as leises, os trabucos, a
adeministración e mail-a xusticia. O principio que informaba as divisiós
territoriaes que pouquiño a pouco se iban poñendo en lugar das antigás, era a
comenencia burocrática. Mais que a vida da nación interesaba a orgaización do
Estado, que os reises iban perfeucionando en proveito d'iles.
A Revolución francesa acetou integramente, no tocantes á or-gaización
adeministrativa e xudicial e mais á uniformidade das leises, a herencia do
antigo réxime. A imitanza d'ela, os mais dos Estados modernos foron centralistas
e burocráticos.
Mais, como secuencia natural dos principios democráticos, e pol-o eixempro da
Suiza, federación de pobos de raza e de lingoa deferentes, erguéronse en
todal-as naeiós partidos federalistas ou descentralizadores, que d'unha maneira
ou d'outra, defendían a autonomía dos grupos naturaes dentro da unidade do
Estado.
Taes foron: o partido girondino en Francia, o partido republicano federal en
Hespaña, o partido demócrata nos Estados Unidos.
Hoxe, o centralismo, o sistema de gobernó unitario y-uniforme, desacreditouse xa
de todo. En Francia, o pais onde o centralismo chegara ó cume do seu poder
sorbente, o pensamento moderno re-vólvese contra d'él: Vivien, Randot, Charles
Brun, Maurice Barres, Gustave Le Bon, León Duguit.
Hoxe recoñécese por todos que a mülor orgaización do Estado é a que millor deixe
se desenvolver á vida nacional.
Hoxe todos reconocen que hai que descentralizar, mais fálase de autonomía
rexional, de autonomía municipal, de autonomía sindical. .. Mais como se non
pode desconocer as esixencias da natu-reza, como se non pode deixar pra un lado
o supremo criterio xeográfico, d'eiquí que a úneca solución práutica sexa: a
apricación da teoría das nacionalidades á orgaización interior dos Estados.
O ausurdo centralista
O centralismo propónse o perfeicionamento da orgaización do Estado a costa da
vida da nación. O Estado, que non debe ser mais que un medio pr'axudar ó
desenvolvemento da vida nacional, no sistema centralista convírtese n-un fin ó
que se sacrifica a verda-deira finalidade. Por atender ó andamio, derrámase a
obra.
Pol-o centralismo, os Estados, en troques de iren a se costituir
democráticamente, van parar por necesidade n-unha constitución burocrática. A
soberanía da nación desaparece, y-érguese en troques a soberanía dos direitores
xeneraes e dos empregados.
N-un Estado centralista, o Poder non descansa na vontade nacional, senon qu'o
seu mais firme afianzamento está nos funcionarios que viven á sombra d'él, y-os
adeministrados convírtense, como di B-andot, n-unha plebe de solicitantes, que
pra todo teñen que acudir ó poder central.
Síguense d'eiquí dous efeitos: pirmeiramente, o divorcio irredutibel antre o
pobo y-o gobernó. Os cidadaos, apartados dos negocios púbricos, desenténdense
d'eles; os gobernantes e mail-os seus delegados ñas provincias, atentos somentes
a conservarl-a orgaización y-o bó funcionamento do Estado —esto no caso óutimo
d'unha adeministración moral e perfeita— mostránse alíeos ós intreses
in-dividuaes e coleutivos dos cidadaos, y-óllanos con hostilidade cando
recraman.
Segundamente, como di Vivien, a continua inmiscuida do Estado e do gobernó en
todol-os asuntos, fai perder o cidadao o hábito do persoal esforzó, co que,
destruyese toda iniciativa individual e coleutiva, toda enerxía cívica, y-os
cidadaos, co eostume d'agardalo todo d'enriba, queren que todo lio deán feito.
Logo, como da capital do Estado venen feitos todol-os xuicios e todal-as
opiniós, a xente das provincias chega a unha efeutiva impotencia de pensar pol-a
sua conta. E como a prensa de provincias é caseque sempre calco literal da da
capital do Estado, aparece d'iste xeito unha opinión púbrica fiuticia que
ninguén s'estreve a desmintire.
Hai algo pior: a emigración da xente das provincias cara á capital e das aldeas
pr'as vilas. Antre nos, Madrí lévase gran parte do millor das provincias, pra
facer podrecer sen dar froito moitas intelixencias seleutas, na pestilencia do
seu ambiente noxento. Os artistas non son estimados namentras que non foron
consagrados en Madrí, e teñen á forza que ir aló, y-acomodarse ó gusto da
críteca madrileña, sacrificando pra elo a sua orixinalidade. D'iste xeito, a
corte esteriliza a vida nacional.
Leede sóbor d'esto o que di Lois Porteiro no seu folleto ós galegos emigrados.
D'este mesmo folleto, e d'un traballo inédito d'Arturo Noguerol poderíamos tirar
ainda unha chea de conside-raciós ben atinadas, aparte do que o un e mail-o
outro reproducen y-analizan de Gustavo Le Bon, Charles Brun, Maurice Barres,
Paul Deschanel, León Duguit, y-o que eu poidera citarvos de George Sorel,
Antonio Sardinha y-outros moitos; mais abonda xa co dito.
Porque no nos irnos meter a consideral-o ausurdo da uniformi-dade lexislativa de
todo sistema centralista, verdadeira violación do principio democrático da
igualdade dos homes diante da lei, que é patente d'abondo. Lei que se non axeite
á realidade social, é unha lei inxusta; ora, a realidade social é dada pol-a
xeografía e pol-a historia como unha variedade —fora de que, a lei non debe vir
d'enriba, senon d'abaixo—. Esta é unha proba mais de que, no centralismo, as
leises fanse tendo en conta a comenencia do Estado, e non as comenencias
individuaes ou coleutivas dos cidadaos.
O dito: o centralismo xa non ten creto na concencia moderna —a cuestión das
nacionalidades y-a cuestión da descentralización están chamadas a se compretar
n-unha síntese medíante a costitución dos Estados federaes— é unha apricación da
teoría das nacionalidades á costitución interior do Estado.
O Nacionalismo na Hespaña
O profesor Ximénez Soler, da Universidá de Zaragoza, di que a Hespaña, "en canto
a sí mesma é un agregado de térras, d'outros tantos orgaismos independen tes,
con vida propia, con direito a ela..." mais "a soberanía asentouse na meseta,
y-o isolamento imprimiu caráctere ó gobernó e mais á socíedade hespañolas...
Procrámase tácita ou eíspresamente o Estado cesarista, o predominio d'un pobo
por riba dos outros, a violencia da uniformidade lexislativa, sóbor da realidá
da diversidade xeográfica, o Estado uno y-orgaismo úneco, sóbor do Estado
múltiple ou xuntanza d'orgaismos con vida propia, na que cada un colabora, pol-a
división do traballo á prosperidá común". (Vid. La Antigua Península ibérica na
Historia Universal de Oncken, Barcelona, Montaner y Simón, 1918, págs. 24 e 25).
Esas son, según o ilustre profesor, as causas da decadencia da Hes-paña. O
querer ser unha e indivisibel cando non pode ser senon unha síntese de naeiós.
Azorín no Licenciado Vidriera di tamén: "¿Qué é un Estado e que é unha nación?
En Hespaña eisiste un Estado y hai varias naeiós. De naeiós falaron sempre os
esquirtores crásicos—Lope, Gracián, Cervantes—ó se referiren a cátalas, vascos,
easteláos, ga-legos, etc. Las naciones de España é o título marxinal que Gracián
—o baturro Gracián, Caviapon n-un anaco do Criticón, no que efeutivamente fala
de cátalas, vascos, andaluces, easteláos, galegos. Madrí—di expresamente n-outra
parte—é unha Babilonia de naciós. E n-un Estado no que coesisten varias naeiós 4
cómo poderemos falar dun idioma nacional! Si cada unha d'esas naeiós—como pasa
na Hespaña—ten sua lingoa, todas serán igualmente nacionaes. Y-ou-tra cousa será
o idioma do Estado, o idioma que sirva pr'á boa e fácele marcha da vida políteca
y-adeministrativa do conxunto. Non atinamos a ver relación ningunha antro
patriotismo y-a libre, libérrima vida dos idiomas nacionaes dentro do mesmo
Estado."
O millor que ten a Iberia, é precisamente a sua rica variedade, que tan fecunda
podía seré.
Podemos dividir a Hespaña en duas partes, das que a unha pertence craramente á
Europa, y-a outra pertence á África. Unha liña que seguise o curso do Douro e
mais do Ebro, sopararía a unha da outra; a que fica car' ó Norte, podémoslle
chamar porén, Euri-beria, y-a que fica car' ó Sul, Afroiberia.
É na Euriberia onde se sinten fortemente as arelas nacionalistas. Cataluña e
Vasconia non consentirán nunca en várense privadas de todo, das suas vellas
libertades. Póronas defendendo unha a unha, contr'a soberanía agresiva de
Castela, vertendo o seu sangue en todal-as guerras civís, sosteñendo o pantasma
do Calrismo, no que vían a salvagarda d'elas,e inda se foron quedando co seu
direito foral, e mais con algunha independencia económeca...
Galicia deixou perder todo, deixou que lie levaran o que lié quixeran levar,
qu'a asoballaran de todol-os xeitos. Consentiu en se ver aldraxada, en que
fixeran desprecio d'ela e mais dos seus fulos; deu ela mesma os pés y-as maus
pra que lie puxeran as cadeas...
O antigo y-o novo réxime colaboraron en impoñel-o imperialismo castelao, á
Hespaña inteira, dándoll'unha orgaización centralizada y-uniforme qu'afogase as
ansias de vida das nacionalidades ibéricas. A obra principiada pol-os Reises
Católicos, foi concluida pol-as Cortes de Cádiz. As ideias da Revolución
Francesa viñan a lie dar forza ó centralismo.
Mais agora, xa ninguén lie da creto a esas ideias. As direitivas do pensamento,
apártanse d'elas cada día mais; búscans'hoxe as realidades da Xeografía e da
Historia, e non as astraiciós da filosofía.
As nacionalidades ibéricas traballan pra rompel-o circo de ferro do imperialismo
castelao. E Galicia tamén.
A ineficacia do Estado hespañol
S'hai algunha cousa ben probada, s'hai algunha cousa qu'estea na conceñcia de
todol-os hespañoes, é esta: a ineficacia do Estado, a sua ausoluta incapacidade
pra resolver ningunha das cuestiós nacionaes. Agora bén: a ineficacia do Estado
hespañol é a desautorización do imperialismo castelao. Un poder abusivo non
pode ter outra xustificación—pra quen elo sexa unha xustificación—qu 'a sua
eficacia práutica.
Mais o Estado hespañol non ten esa eficacia práutica. Ñas suas maus, a vida
nacional —a vida de todal-as nacionalidades ibéricas e mail-a vida da Hespaña
como conxunto— esmorece e desfai-se... O Estado hespañol é o imperialismo
castelao, é unha violación dos sentimentos nacionaes, unha mistificación da
realidade, que s'impuxo á forza pol-o poder ausoluto dos Reises, prencipalmen-te
d'una dinastía estranxeira, asoballando unha a unha ás nacionalidades ibéricas
que se foran revoltando: Galicia baixos Reises Católicos, Castela baixo Cairos
V, Aragón baixo Felipe II, Cataluña e aínda Andalucía baixo Felipe IV.
O Estado imperialista qu'heredamos do antigo réxime é unha creación das
doutrinas do Direito Romano, sacado d'antr' o refu-gallo dos sáculos pol-os
xuristas de Bolonia, devanceiros da noxenta plaga abogadesca que xa somentes en
Hespaña se padece con pa-cencia... Eles fixeron do Direito unha redución da vida
a fórmulas
metafíseeas pr'afogal-a
libertade y-a vitalidade dos grupos naturaes.
A Hespaña non ten gobernó, porqu'eiquí creeuse que gobernar era mandar, qu'un
pobo está gobernado cando todos obedecen, e non cando están bén.
O nacionalismo na Hespaña é, como dixemos, a apricación da teoría das
nacionalidades á orgaización interior do Estado; práuticamente ¡ a tendencia a
sustituir á ineficacia de Estado centralista, a eficacia das nacionalidades
autónomas.
O Nacionalismo en Galicia
Di o ilustre Murguía que Galicia foi Estado soberano os cento setenta anos que
durou a monarquía dos Suevos; no tempo da Reconquista e mais dend'o século XIII
ó XVI, pra ser Estado inde-pendente non lie cumpría senon ter Rei propio, gozou
todal-as ven-taxas do réxime autónomo hastra o século XIX.
O Reino de Galicia tina unha Xunta do Reino composta pol-os persoeiros das vilas
e cidades, xunta repersentante e defensora dos intreses da nación galega. A
Xunta concertaba co Gobernó central, ou co'a Audencia que, co Gobernador do
Reino —logo Capitán xeneral— na sua cabeceira, repersentaba ó Rei. A Xunta
votaba, recaudaba, e ás veces repartía os trabucos; acordaba o cupo pr'o
servicio do Rei; tina ó seu eárrego os caminos, os abastecemen-tos, a policía.
Tina honores imitantes ós do Gobernador, y-o trata-mento d'Alteza Serenísema.
Galicia tina Tesouro de seu, leises propias, Audencia con Ordenanzas especiaes,
e mais unha Armada aua, pagada y-abastecida por ela, tripulada e mandada por
galegos, que asistiu á batalla de Lepanto, levando a bandeira galega ergueita na
Capitana.
O cesarismo dos Austrias e dos Borbós foi afogando a vida autónoma da nosa
térra, mais se moitas istituciós e libertades perdéronse de feito, de direito
seguiron hastra seren barridas pola-s Costituciós unitarias do século XIX.
Moitos galegos pensaban que a libertade estaba garantida d'abondo n-unha
Costitución democrática e non pedían mais, porque —como houbera dito Xaime
Quintanilla —tíñan a ideia dos direitos individuades, mais non tiñan a concencia
da libertade coleutiva...
Mais esta concencia latexaba xa no fondo das almas de mais sensibüidade social.
«Á xeneración que fai a sua entrada na vida púbrica pol-os anos de 1840 —di
Carré Aldao na sua Literatura gallega— correspóndelle a groria de sel-a
precursora y-a encarrega-da de espallar por Galicia a boa nova*.
En 1843, na Asambreia de Lugo, Antolín Paraldo pon a discusión se Galicia debe
ou non ser independiente. Por un voto non se discutiu. Mais a era dos
Precursores ficaba aberta....
En 1846, Galicia pronunciase contra do gobernó d'Istúriz, ou sexa contra de
Narváez. Do carácter galeguista d'este movemento dan fe estas verbas do
manifestó da Xunta Suprema de Gobernó de Galicia, pubricado no seu xornal
oficial La Revolución, núm. I, Santiago, viernes 17 de abril 1846: «Galicia,
arrastrando hasta aquí »una existencia oprobiosa, convertida en una verdadera
colonia de »la corte, va a levantarse de su humillación i abatimiento...
Des-»pertando el poderoso sentimiento de provincialismo, i encaminando a un
solo objeto todos los talentos i todos los esfuerzos, llegará >a conquistar
Galicia la influencia de que es merecedora, colocándole en el alto lugar a que
está llamado el antiguo reino de los Suevos. »Que la espada de Galicia haga
inclinar una sola vez la balanza »en que pesan los destinos de España»... Sábese
como f inou aquelo: deixado ñas maus do nemigo pol-a traición de Rubin, aquil
cabalei-ro andante de Solís, foi eos seus compañeiros os Mártires do Carral,
vítima da saña do cruel Villalonga.
«No Recreo Conupostelano (1842-43) di Carré Aldao —pódese ver como s'iban
botando os cementos do rexionalismo galego, que fai a sua aparición oficial en
El Clamor de Galicia da Cruña, diri-xido por Benito Vicetto en 1855». Con
Vicetto e mais con Murguía comenza a rebulir o ideal nacionalista, misturado
c'os ideas democráticos e revolucionarios. Principia a era dos poetas e dos
historiadores, criadores da concencia nacional galega: Pondal, Rosalía.
Saralegui, Villaamil e Castro, Saco Arce...
O movimento literario chega á sua másima intensidade de 1880 a 1890. Enton xa
ten o rexionalismo galego unha doutrina. En 1889 esta doutrina atópase escrita
n-un libro imortal: El Regionalismo d'Alfredo Brañas, pubricado aquil ano en
Barcelona. Xúntase ó redor de Brañas os bós e xenerosos. En 1891, Murgía di n-un
discurso: N-el —no idioma— coma en vaso sagrado en que s'axuntan todol-os
prefumes, áchanse os principaes elementos da nosa nacio-nalidade, de novo negada
e ainda mais escarnecida... E teñan en conta os nosos amos, que canto mais
sofridos fomos, mais direito temos a non seguir sofrindo; tanto mais fixemos o
que lies pareceu, tanto mais direito temos a faeel-o que nos práz; que tanto en
fin habedes gridado, que é xa hora qu'a nosa vos pase por enriba da vosa». O
ilustre historiador sostén a bandeira en Patria gallega de 1890 a 1892. Son
istantes de grande autividade polémica. Logo vaise apagando, paseniño...
En 1907, volve mais puxante. A Solidaridade catalana fai a sua rexa campaña, y-a
Solidaridade galega xurde. Aparecen na escea Rodrigo Sanz e Lugris Freiré. O 6
d'Outono de 1907 faise o gran mitin de Betanzos, no viaxe de propaganda de
Salmerón, Mella, Señante, Rodés, Odón de Buen, e Lugris fala en galego ós
labregos. O movimento asume todal-as reivindicados agrarias. Pubrícanse
Catecismos solidarios, xornaes de propaganda como Solidaridad gallega e Galicia
solidaria, e comenzan as Asambreias agrarias.
Logo, non se volve a ouvir falar da Solidaridade galega, mais o movimento
agrario sigue. Ven a campaña de Basilio Alvarez que parecía qu'iba levar todo
por diante. Afogonou tamén.
Cumpría recollel-as esencias de todos istes movementos, desco-brir no fondo
d'elas a arela trascendente e futurista da raza galega, pra erguer, d'un xeito
que se teña de pé, a doutrina integral do nacionalismo. A esto viñeron as
Irmandade da Fala.
III
A NACIONALIDADE GALEGA
O que é unha nación
Teño lido, teño ouvido moítas definiciós do que é unha nación. Sempre se fala da
nación con vaguedades. O mesmo Max Nordau fixo fai catro ou cinco anos no Ateneo
de Madrí sobor da nación, unha parola pra rapaces de segundo de Facultade, unha
leición do Santamaría de Paredes...
Mais o profesor americano Burgess tina chegado á definición da nación ideal
como: «unha poboación dotada d'unidade étnica qu'habita un terreo dotado
d'unidade xeográfica». Contra d'esto ponen o caso dos xudíos que componen unha
nación ben definida, espallados pol-o mundo inteiro, hastra {alando lingoas
deferentes, xunguidos soio pol-os vínculos do sangue e da tradición. Mais
esquecen o sionismo, esquecen qu'o que mais xungue ós xudíos é cecais a
lembranza da térra de Canaan. Hai un nacionalismo israelita, mais este
nacionalismo fúndase na espranza de volver á térra; os xudíos no son unha
nación, non se consideran unha nación; é unhs raza que arela a recostitución da
sua nacionalidade.
A nacionalidade supon a térra. Porteiro creía con Renán e Jellinek qu'o que
carauteriza á nación é unha unidade espirtual, mais, quen fai esta unidade
espirtual? Eu insisto no valor da térra, pjrmeiramente, pol-o fondo sentimento
da térra que distingue á y-alma galega e que é algo bén noso, cecais o mais
noso; e segunda-mente pol-o meirande cada día que lie dá a moderna cencía
xeo-gráfica. Ortega e Gasset —citado por Villar Ponte no seu Nacionalismo
gallego— di comentando a Dantin Cereceda: «Soio babeo a especie de rexión
influie a térra sobor do home. A configuración, a escultura do tarreo, poboada
das suas plantas familiares, e sobor d'ela o aire húmedo ou seco, diáfano ou
pelúcido, é o gran escultor da humanidade. Coma a y-auga dalle á pedra, gota a
gota, a sua labranza, esí a paisaxe modela a sua raza d'homes, gota a gota, é
decir, costume a costume. Un pobo é, pirmeiramente, un reportorio de eostumes».
Esta importancia do fautor térra, pode ademáis servir pra soparal-as
nacionalidades nómadas das nacionalidades sedentarias. Falamos eiquí de pobos
sedentarios, de pobos civilizados, de pobos europeos.
Ora, en Europa, unha nacionalidade é un pobo afincado n-unha térra, é un grupo
d'homes xunguidos antre eles, co'a térra de que son donos coleutivamente, e que
traballan en común, por un con-xunto de vínculos naturaes, nados da comunidá
d'orixe e da convivencia no tarreo.
Estes vínculos (fala, tradiciós, eostumes, historia, etc), añe-dindq a sua
aución á da étnia y-a da térra, detreminan nos individos certas coincidencias
psicolóxicas, certa maneira de seré común a todos eles, que costituie o caráuter
nacional, e xunguen n-unha en-tredependencia, n-unha solidaridade necesaria os
intreses de todos eles n-un intrés coleutivo superior qu'é o intrés nacional.
A nación ven a se resolvere d'iste xeito, n-unha comunidade d 'intreses
espirtuaes e materiaes detreminada pol-a-natureza.
O chao galego
Hoxe está recoñecido pol-a cencía, que a térra galega, co'as provincias
portuguesas de Traz-os-montes y-Entre-Doiro e Minho, costituye unha rexión
xeográfica prefeitamente carauterizada e distinta de todal-as demáis da
Peninsua, rexión que Hernández Pacheco chama Galaico-duriense, e que Dantin
Cereceda esquematiza as suas diferenciaes do xeito siguente: «Tarreos
graníticos primitivos, suxetos á erosión dende fai moitísimo tempo. Clima
húmedo, chovendo moito. Vexetación alpina e boreal, com'á da Europa Central.
Lameiros, gando. Pais superpoboado».
É a nosa térra a mais vella da Peninsua, a pirmeira emerxida do Océano
siluriano, non pertencendo a nosa compricada orografía ó sistema pirenaico,
senon sendo independente d'él, y-anterior. Ademáis d'esto, pol-o clima
marítemo, chuvioso, con ceo nórdico e bré-temas a miudo; pol-a frola y-a fauna
centroeuropeas, Galicia é ben unha das térras do Atlántico boreal, unha térra a
mais europea da Peninsua.
O noso paisaxe ten xa unha carauterizaeión ben marcada, un enxebrismo que se
colle ó pirmeiro ollar, e qu'o fai úneco no mundo, mais úneco ainda antr'as
térras peninsulares, hastr' o punto do faguer exótico pr'ós hespañoles do Sul,
do Centro e do Mediterráneo.
É, pois, a nosa, coma se dixéramos, unha térra xeográficamente autónoma.
A xente galega
É feito que se non pode discutir seriamente, que no pobo galego hai un
predominio marcado do elemento loiro centro europeo, como non sucede en ningún
outro pobo da Peninsua. Na poboación rural, nótase que todol-os rapadnos son
brancos com 'á nevé co cábelo loiro, cuasequ 'albino. Logo, o sol, o aire, no
traballo costante da térra vólvelles o coiro tostado y-o cábelo escuro. Non falo
dos carauteres cranianos, porque se non teñen estudeado ben.
O elemento loiro centroeuropeo, ten entre nos duas orixes: os celtas e mais os
xermanos.
O acharse completamente poboada Galicia na época neolítica, y-o que coidan
inducir algús do exame d'algunhas gravuras rupestres, suporía qu 'a xente que
Sergi chama mediterránea, tería chegado por eiquí. En tal caso, sería, d'acordó
eos estudios mais modernos, a rama ligur. O que fica comprobado é a ocupación de
Galicia pol-os celtas, pol-o menos, den'o século VI antes de Cristos.
Según a teoría do sabio alemán Schulten—qu'os descubrimentos arqueolóxicos van
confirmando—a maor parte da nosa térra, tería unha poboación puramente céltica.
O elemento ibérico somentes penetrou eiquí co'a ocupación romana, y-esta non foi
seriamente efeutuada hastr'o tempo d'Augusto.
Cinco séculos despois, aparecía entre nos o elemento xermano, representado
pol-os suevos, que tiveron eiquí a sua base de operaciós, hasta seren dominados,
mais non espulsados, por Leovixildo.
Dend'a Reconquista comenza un
novo periodo de lenta infiltración ibérica que dura até ós nosos días. Mais,
sexa pol-a millor adautación é térra, sexa pol-a superioridá da raza, o certo é
qué nin a infiltración romana, nin a infiltración ibérica conseguiron destruir o
predominio do elemento loiro centroeuropeo no pobo galego.
A raza galega sigue sendo a vella raza céltica, mesturada con íberos, romanos e
xermanos, mais impoñendos'os carauteres dos celtas por riba de todol-os demais.
fj pol-o tanto a menos ibérica da Peninsua, e con estreitos parentescos étnicos
fora da Hespaña.
A fala galega
Na Peninsua ibérica, desprendéronse do baixo latín medieval tres lingoas
romances qu'inda hoxe a dividen en tres bandas ver-ticaes (ficand'ó Norte o
ángulo euskérico).
Valle-Inclán carauterizounos c'unha xenial comprensión da índole social dos
pobos das tres falas: «Tres romances se formaron na Peninsua—di—catalán de
comerciantes, galego de labradores e cas-telao de dominadores».
Está recoñecido por cantos s'ocupan d'estas cousas, que, de todol-os vínculos
sociaes, é a fala a que mais sopara e carauteriza ós pobos, porqu'é o mais
espirtual de todos, é o que conforma o pensamento e fai a maneira de ser das
xentes. O troque de língoa determina, na maor parte dos casos, a dexeneración
espirtual d'un pobo. A cuestión é deferente pr'ós individos do que pr'as
nacionalidades. A proba é qu'a imposición da língoa foi sempre unha violencia
que non descoidou ningún imperialismo: foi empregada por Austria c'os checas e
c'os húngaros, por Prusia e Rusia c'os polacos, por Francia c'os vascos y-os
provenzaes, por Castela c'os cátalas e co nosco.
Mais a pesar da rabia conqu'o presiguen, o galego vive, falase pol-as catro
quintas partes da poboación, y-achas'hoxe n-unha das suas épocas de maor
frolecemento literario, convertíndos'en istru-mento d'espresión científica e de
produción filosófica.
Agora, o galego y-o portugués son duas formas dialeutaes do mesmo idioma: esto
indica que nos temos un maor parentesco con Í 'ortugal do que con Castela. Tres
falas, tres civilizados; nos per-encemos á civilización da banda oucidental, e
culturalmente, pois u'esí é filolóxicamente, nada temos que ver co'as outras
duas. Queiramos ou non, esto trábanos fortemente, estreitamente con Portugal e
co'a civilización portuguesa.
A sociedade galega
Pol-a maneira de ser o noso chao, e pol-as cousas ás qu'a nosa raza ten
inclinación, o pobo galego é un pobo de labradores e mais de mariñeiros. Galicia
vive dos froitos do chao, do gando e da pesca, e difícilmente podería vivir
d'outra cousa.
A sociedade galega presenta un eixempro escrito de sedentarización rural.
Por lei que lie temos á térra, en troques de nos axuntarmos en grandes centros
de poboación, como fan outros pobos, cecais por s'arredar da campía, nos espall
amónos por ela adiante en aldeas pequeñas.
A nosa coleutividá natural é a parroquia, núcleo pequeño, sempre de menos de
oitocentos vecinos. A Eirexa en Galicia non creou a parroquia, non fixo senon
darlle nome: eran os pequeños clans dos nosos abós. O estado hespañol, en
troques, deseoñeceuna e creou o municipio, trasplante do réxime das vilas que se
non acomoda de ningún xeito á nosa vida rural. Por eso, a adeministración
municipal é tan ruin.
As parroquias, comunidás de caráuter esencialmente rural y-agrario—y-esta é
outra das cousas que temos de común con Portugal—costituen o úneco fondo
autóutono da sociedade galega. Os labregos eiquí son todo, non somentes por
compoñel-a imensa maor parte da poboación, senon por seren os que nos manteñen a
todos.
A estrema división da propiedade é un subfenómeno da sedentarización, do máisimo
afincamento na térra á que a nosa raza tende a se xunguir mais e mais pol-a sua
vontade conxénita. C'un sinxelo istinto democrático, o galego tend 'a facelo
todo en pequeño: coidado do gando, industrias caseiras e ruraes, etc.
A sociedade galega é esencialmente democrática. D'orgaización feudal que sería
na Edá Medea, leva camino de se convertir en democracia agraria. Por outra
parte, Galicia é un pais probé. As deferencias de fertuna, antre nos nunca
puderon ser tan grandes coma n-outras térras; eiquí, o que ten 30.000 pesos, xa
lie chamaÉ rico. Ademáis, s'houbo e hai ainda soparación de erases, nunca houbo
eiquí antr'elas a distancia qu'había e hai n-outros paises.
Hoxe, na aldea, a nivelación económica vaise facend'apresa. Ñas vilas, os
capitaes que se fan co comercio, ou son de cátalas ou de castelaos que viñeron
s'estabrecer eiquí, ou de galegos qu'os fixeron en América.
En Galicia, o capitalismo e mail-o comercio son importados, non autóutonos.
É o noso tamén un pobo de colonizadores. Os galegos teñen mau, non somentes pra
facer cartos, senon pra crear orgaizaciós fora de Galicia. Y-o seu diñeiro
tend'a voltar á térra, a se sedentarizar no chao da patria galega. Poucos son os
galegos que se conforman con non volver. Lonxe da térra, siguen xunguidos a ela;
é coma se foran somentes nómadas de corpo.
Esa é a nosa carauterística: esa é a nosa forza.
A mentalidade galega
Eu non direi qu'os galegos teñamos todal-as virtudes europeas. Digo qu'a nosa
costitución mental é esencialmente europea, que temos unha disposición
particular pra nos asimilarmos os valores da civilización de Europa, coma non
poden os demais hespañoles, sen que se nos poda apricar o que Chamberlain e mais
Havelock Ellis dixeron d'eles.
S'o noso parentesco étnico é prencipalmente c'os pobos británicos, a
civilización galega cand'a houbo—dende Gelmirez ós Reises Católicos—foi unha
civilización francesa.
Temos dos britanos, o humorismo; temos dos franceses, o senso enteco; temos
noso, o lirismo y-a saudade. Tres calidades que carau-terizan á y-alma
romántica. Falo do verdadeiro romantismo, de xeito alemán, de xeito británico;
non da esáltación pasional que na Hespaña se chamou romantismo. O úneco
romántico verdadeiro qu'houbo na Hespaña foi un galego, foi Nicomedes Pastor
Díaz.
O romantismo foi a pirmeira insurreución do esprito nórdicoatlántico e
celta—contra do esprito mediterráneo. Foi co romantismo co que rexurdiu a
cultura galega. Non somentes a simetría crásica: a bambolla retórica dos
mediterráneos e mail-o misticismo convulso y-epiléutico dos iberos, que na
y-alma hespañola dábans'a mau, son nos compretamente estraños. Eiquí, hastr'os
frades foron escéuticos y-eruditos, proba: Sarmiento e Feixóo.
É n-esto onde se ve míllor a nosa deferenciación nacional. Os hespañoles están
faltosos, en ausoluto, d'humorismo, de senso críteco, d'espresión lírica. Y-a
superioridade mental dos galegos hase co-ñecer cando nos deixen cultívala ó noso
xeito.
O sentimento galego
O ibero é simplesmente un pasional, por non decir como dixo algún, un medular. O
celta, en troques, e un sentimental. A deferencia eiquí, faise mais fonda
ainda, antr'os outros hespañoles e nos. A maneira de sentir determina a maneira
de concebil-a vida.
«Queredes unha verba—di o noso gran pensador Johan V. Vi-queira—que vos diga en
resume o noso lirismo e a nosa alma? Ahí a tendes: saudades, ou como tamén dixo
Rosalía d'elas predileuta soidades. Nota conquerimos de saudosos e morriñentos e
milleiros d'íntimos grandes e pequeños dramas ve cada día a nosa raza d'esa
cobiza do lonxe. Bentas de min sejades saudades creadoras de tantas cousas
nobres; por que no home o mais nobre é desejar algo formoso e amado que sendo
noso non é noso!»
Mais pra mín, o sentimento radical da nosa afeutividade étnica, é a adoración á
Terra.—¡Terra a nosa! é o noso berro—que se manifesta de cote en toda a nosa
espresión artística. É, coma se dixéramos, a emoción de sedentarismo. Y-a
adoración á Terra e mais a saudade, cobiza do lonxe—se non son duas modalidades
do mesmo sentimento—danse tan envolveitas, tan entretecidas unha na outra, que
non pudemos ainda soparalas, na nosa y-alma, sin xiquera por vía d'astraución
analítica.
Esta nosa disposición sentimental causa—direino c'un galicismo—un desabusamento
inevítabel en todol-os pensadores iberos que se teñen parado a nos estudiar,
obrigándoos a dal-a volta sen comprender nada d'este noso esprito calado,
refleisivo, intenso, sentimental, romántico, porque non alcontran en nos nada
que se pareza á sua aspra violencia d 'euroafricanos.
En troques, o saudosismo é a tónica do esprito lusitano.
Os intreses y-os probremas de Galicia
Ademáis do devandito hai considerados d'orde práutico que lie dan carautere
d'urxencia á reivindicación da nosa autonomía.
Elas son tres principaes:
1º Que somentes son xustas as leises elaboradas democráticamente, ou sexa, as
qu'un pobo con intreses e probremas privativos, se dá a si mesmo, e que estéan
axeitadas á estrutura social y-eco-nómica d'ise pobo.
2º Que Galicia ten intreses que defender, e qu'estes intreses son a miudo
pospostos pol-o Estado ós d'outras rexiós hespañolas.
3º Que Galicia ten probremas de seu qu'o Estado non foi nin será capas
endexamais de resolvere, e que, afeutándonos somentes a nos, soio nos somol-os
chamados a por mau n-el.es.
Galicia precisa, no social, arrematar d'unha vez a evolución que leva eiquí a
propiedade agraria, de pasal-a térra as maus dos qu'a traballan—evolución na
qu'irnos adiantados mais que todol-os pobos—e libérala pra sempre dos noxosos e
hoxe inxustos gravames (foros, subforos, etc.), que pesan nos labregos. Precisa
acabar coa usura que zuga o sangue dos probes e co poder noxento dos caciques,
ós qu'o centralismo sostén.
Precisa orgaizal-o cooperativismo agrario, a base de comunidades parroquiaes
(os antigos clans) pra dar ós labregos medios de resistencia económeca, de
cultivo moderno e mais de venda segura e boa dos froitos. Maneira ademáis de
chegar a un comunismo acei-tabel, que saise da vontade das xentes, e non imposto
dend'enriba e dend 'afora.
Precisa por mau na emigración, pra ila reducind'ó escedente normal de poboación;
pra non deixar qu'os millores obreiros marchen pr'á América y-os inteleutuaes
pra Madrí; pra lies precural-axuda ós que se van e lias proporcional-a volta;
pra prepáralos pr'á competencia eos traballadores d 'outras térras...
Galicia precisa, no xurídico y-adeministrativo, que desaparezan as Diputaciós
provinciaes, tocos do caciquismo e da arbitrariedade. Precisa unha nova
orgaización municipal, principalmente pr'os concellos rurás, recoñecendo a
persoalidade da parroquia, dándolle estado legal á esa nosa comunidade natural
agraria.
Precisa que sexa respeitad'o seu direito consuetudinario—único democráticamente
elaborado—e qu'as leises deixen paso á formación de novos costumes e novas
istituciós, axeitados ás novas necesidades. Precisa que no civil e no político
se lie deán ás mulleres os mesmos direitos qu'ós homes, pois as nosas se mostran
d'eles merecentes.
E non podemos agardar a qu'estas cousas sexan resoltas por leises xeneraes, pois
no noso, nada temos que ver coas contenencias d'outras térras, que precisarán
reformas distintas.
Inda poderíamos falar dos gastos de titulación das térras, do Rexistro da
Propiedade, da adeministración de xustieia e d'outras andrómenas da farragosa e
farrapenta lexislación unitaria que non encaixan antre nos.
Galicia precisa, no económeco, a libre introdución dos graos, principalmente do
millo e do centeo, pol-os portos galegos, coma venen pedindo fai moitos anos as
Sociedades Agrarias sen conse-guilo, pra que se non prexudiquen os sobreprecios
dos trigueiros de Castela. Precisa saida pro noso gando, dándolle eomodidá pra
carretalo barato a todol-os mercados da Penínsua, en troques de traguer d'afora
carnes xeadas.
Precisa caminos de ferro, tres pol-o de pronto: o da Costa, o da
Cruña-Santiago-Ourense (que debía chegar a Chaves) e mais o d'Ourense-Zamora. O
primeiro y-o últemo venos pedindo Galicia inteira fai moitos anos, e non se fan
pra non lesionar os intreses das Compañías qu'esprotan outras liñas.
Precisa facer da Cruña e mais de Vigo portos francos. Precisa mirar pol-a pesca
y-asegurar ben isa riqueza. Precisa rehabilitar todal-as suas pequeñas
industrias (coiros, lenzos encaixes, queixos, ecetra), conserval-as que ten,
y-orgaizar outras novas aproveitando todol-os froitos da térra, todol-os
produtos do gando, todol-os recursos do chao, tod'a enerxía da y-auga.
Nada d'esto nos ha ser doado, namentras os empedimentos da adeministración
hespañola se nos ponan por diante pra nos faguer perdel-o tempo, namentras pra
todo haxa que faguer un espediente y-esborranchar papel, namentras pra todo
teñamos que dependermos de Madrí. As enerxías esváense d'oficina en oficina,
sempre co peso d'unha Superioridade por riba. Noxenta tutela que no nos deixa
espilir; burocracia inútil que vive á conta de nos. E is'o centralismo. Os
galegos teñen direito a gobernaren a sua casa sen axuda onerosa de ninguén; á
dárense a sí mesmos as leises que millor lie conveñan pra vivir os ús eos
outros; a defenderen os seus intreses eontr'os d'afora se compre; á resolveren
según as suas luces os probremas privativos da sua Terra.
V
A ÉTICA DO NACIONALISMO GALEGO
Os direitos de Galicia como rexión hespañola
Deixamos demostrada no devantido, a necesidade de qu'os probremas eiscrusivos de
Galicia, os probremas nosos, que afeutan á vida propia, ó intrés nacional da
nosa Terra, sexan resoltos por nos mesmos, antre nos, sen inxerencia ningunha de
fora. Esto impric'a autonomía.
E ben: hoxe non hai en Hespaña persoa conscente que s 'estreva a negal-o direito
das rexiós á autonomía. En todol-os programas polítecos saidos á luz n-estes
derradeiros dous anos, a concesión das autonomías rexionaes é un dos artigos que
non pode fallar. Véxase o programa do partido reformista circulado fai pouco
n-un pequeño volume; véxase o manifestó-programa do partido repubricano
repartido profusamente poucas datas antes de s'esquirbir estas liñas.
Véxans'as concrusiós aprobadas no Congreso do partido socialista hespañol de
1919, onde o ilustre Pérez Solís sostivo ainda a solución máis radical, pedindo
o recoñecemento das nacionalidades ibéricas.
Se se defende a autonomía dos municipios e mail-a das asociaciós profesionaes
(sindicatos) a das rexiós non pode ser descoñecida. Tíñase alcanzada a autonomía
individual; os nosos tempos andan atrás das autonomías coleutivas. Considérase
qu'é a úneca fórmula pr'ó exercicio do self governement.
É pol-o tanto iste, un punto que non compre discutiré.
Os direitos de Galicia como
nación
Temos dito que nos precisamol-a autonomía pra por en produción a nosa
naeíonalidade. O noso fin é a creación d'unha civilización galega.
Non discutimol-o direito de Galicia a ser unha nación: Galicia é xa unha nación;
a nacionalidade galega é un feito xeográfico e histórico que se non pode negar.
Galicia é un orgaismo vivo, e pol-o feito de selo, ten direito á vida.
Agora, como vivir é ser deferente, a vida pr'ás nacionalidades, sinifica a
preservación y-o desenvolvemento creador do seu xenio nacional.
Nos non queremos faguer de Galicia unha nación soberana; nos non queremos
soparar á nosa Terra da .simbiosis ibérica. Nos queremos formar parte de
Hespaña e contribuir, co noso xenio nacional galego, á vida hespañola. Nos
recoñecemos dende logo a soberanía do Estado hespañol. Mais consideramos coma un
aldraxe e mais coma unha violencia contra da vida da nación galega, calquera
medida do gobernó central que atente ás nosas carauterístíeas na-cionaes, ós
vínculos fundamentaes da nosa comunidade espirtual, que nos consideramos
sagrados e intanxibles.
Este direito das nacionalidades á propia vida—garantía necesaria pra qu'elas
podan desenvolvel-a sua civilización e contribuir á civilización do Estado ó
qu'están xunguidas e mais á civilización do mundo—está xa recoñecido no direito
moderno.
Efeutivamente, na Conferencia da Paz suscitouse o probrema dos direitos das
minorías nacionaes. Enténdese por minorías nacio-naes «os grupos de súditos d'un
Estado que son de raza e de língoa deferente das da maoría do Estado». Estes
grupos, nin poden formar Estados independentes, nin poden ser axudicados ó
Estado nacional ó que deberán corresponder; teñen pois, que ficar dentro d'un
Estado que non é a sua nación propia.
As potencias aliadas creeron que cumpría garantizar ás minorías nacionaes, un
mínimum de direitos, y-o prencipal d'eles é o enseño no idioma propio. As
minorías nacionaes deberán estar baixo a proteición da Liga das Naciós.
O principio, co'esto, está xa asentado, e responde ás novas con-ceuciós do
direito políteco e internacional. Según él, a soberanía dos grandes Estados
territoriaes, xa non pode ser ausoluta e ilimitada. E conforme a este principio,
toda minoría nacional pode eisixir do Estado de que forma parte ese mínimum de
direitos. É o que nos pedimos pra Galicia.
O deber de Galicia como nación
Mais non soio invocamol-os direitos de Galicia como rexión hespañola e como
nación, senon que—universalistas pirmeiro que todo—invocamol-o deber de Galicia
como nación.
Porque, se Galicia ten deberes que cumprir pra con Hespaña, tamén ten deberes
que cumprir pra coa Humanidade. Y-hai que ter en conta, qu'os deberes de Galicia
pra con Hespaña han seré sempre condicionaes: sempr'e cando o Estado hespañol
respet'os direitos e recoñez'a persoalidade da nación galega.
Galicia ten o deber de contribuir á civilización universal. E somentes
preservand 'as nosas enerxías autóutonas, a nosa capaci-dade de creación, é como
poderemos contribuir á civilización universal, incorporánd'a ela as nosas
creaciós inéditas. Esto imponnos a obriga de sermos cada vez mais galegos. O
enxebrísmo ten este outo senso d'humanidade, que non saben ver ises homes
mediocres do «rexionalismo ben entendido» e pancista, os do «pirmeiro hespañoles
e dempois galegos...»
O noso deber nacional obríganos a conservar y-a desenrolar a tradición galega na
fala, na arte, no pensamento, no direito, no traballo, y-a botar abaixo todol-os
empedimentos que s'oponen a elo, sexan os que l'oran.
O noso deber nacional obríganos ó cultivo costante, sen descanso, da nosa
orixinalidade, qu'é a que pode dar valor universal ás nosas creaciós, a que nos
pode levar a sermol-os forxadores d'unha civilización.
Galicia non chegará a ser nada se s'uniformiza co resto da Hespaña. Ser
deferente é ser esistente. Na conservación dos nosos carauteres nacionaes,
temol-a obriga de sermos intransixentes. Poderemos ceder en todo, se non é
n-esto; o noso tesouro espirtual non debemos consentir que nol-o saquen. Sobre
d'él ten un direito, unha sorte de dominio eminente a humanidade.
Nos podemos, nos debemos esixir do Estado hespañol que nos deixe cumpril-o noso
deber nacional. Nos podemos, se nonol-o concede, negar todol-os nosos deberes
pra co Estado.
A vontade nacionalista
S'a natureza fixo de Galicia unlia nación, s'a razón procram'o noso direito y-o
noso deber de selo, inda nos compr'a vontade.
Dirásenos: Hai en Galicia tal vontade de ser nación? Haina. Esquecida nos
trafegos do vivir cotidian, dormida no fondal das concencias, suvertida pol-as
argalladas dos polítecos de profesión, asoballada na servidume políteca e
social, pro haina. Ela manten todal-as ansias de rebeldía qu'antre nos estralan
eiquí y-aló en estoupos de pólvora sola; ela sostén esa xenreira xorda, esa
xenreira ínconscente que nos com'o sangue, que nos fai xemer de desespranza na
nosa redención. E cand'un sabe chegar ó mais fondo d'un cu-razón galego, ela
xurde, xurd'en labaradas d'espranza e de cora-xe... É qu'o istinto segredo dos
pobos se non pode matar, y-ó pobo galego soio lie compre comprender pra querer.
Ademáis, chega ben que nos, a élite nacionalista, minoría inte-leutual chea do
esprito do seu tempo e levando ñas maus a chave do manan, teñamos esa vontade
pra créala en todol-os demáis. Moi-tas veces chegou un home solo, lembraivos de
Moisés, d'Ulfilas, de Mahoma. No libro ademirabel de Lutoslawski Volonté et
Liberte, atópanse cousas qu'istruien moito sobor do papel das persoalídades
poderosas na historia dos pobos. Tamen nos intresa estudiar n-ese libro o
nacionalismo polaco, o mesianismo cheo de vontade, de mis-teca confianza dos
Cieskowski dos Mickiewicz, dos Trangutt.
Mais o nacionalismo galego non é mesiánico no sentido d'agar-dar un Redentore
chovido do ceo. Creemos qu'o que fixes'unha persoalidade sobrehumana, podes
'estrever a facelo unha aristocracia inteleutual fortement'axuntada «en falanxe
de ferro ben tecida», determinada á obra con empeño.
Nosa misión é crear en Galicia a vontade nacional. Esta misión quere que nos
teñamos unha fe inquebrantabel nos destinos da raza, y-un culto relixoso
y-esaltado pol-a térra. Impríca a imperiosidade do esforzó costante pr'á
vigorización y-a esaltación de todol-os nosos valores espirituaes. Un culto, non
contemprativo, mais autivo e vital das tradiciós autóutonas, que nos hemos sacar
da sua inmovilidade de museu e habemol-as traguer á vida e mais ás loitas do
presente. Chegaron días en que compre dar térra a todol-os mortos d'onte, e
desfaixar e galvanizal-as momias de tempos mais antigos.
É unha misión de creadores e de profesores d'enerxía. Por eso somos tan
perigosos: atrás de nos, ergueranse todal-as rebeldías, todal-as cousas ás que
nos de ningunha maneira podemos ter medo, mais que farían tremar a moitos. Sonan
con farta novedade as nosas verbas. Por eso tamén a nosa responsabilidade é
imensa; mail-o noso pecado, a nosa transgresión imperdoabel, houbera sido de nos
calar, houbera sido de ihibírmonos. Non debemos xa perguntare, senon ir-mos
pol-o noso camino; non debemos deixar nada pra mañán: «é indecente un
reeordimento de concencia» dixo Nietzsche. O noso eonvencimento hase vigorizar
na aución.
VI
A TELEOLOXIA DO NACIONALISMO GALEGO
A crise do Europeismo
Estase vendo a orise do europeismo. É o sol posto d'unha civilización. Os
valores millor asentados na concencia europea, afondan coma barcos vellos que
tiveran as táboas apodrecidas, Hoxe dícese aeito pol-os millores inxenios da
Europa, qu'o europeismo debe ser superado
Até d'agora, o centro espirtual da civilización europea estivo no Mediterráneo;
foi ñas térras mediterráneas: Asia Menor, Grecia, Italia, Provenza, onde se
laboraron todal-as ideias qu'enchen todol-os miólos europeos. Crasicísmo e
cristianismo elí naceron, e tod'a historia anterior y-esterior da Europa pódese
reducir á loita entr'as duas conceuciós da vida e da civilización, as duas
mediterráneas. Decían os gregos que Delfos era o omphalon da térra; os
cosmógrafos da Edade Médea punan a Xerusalem no centro do mapamundi. Mais o qu'é
agora, todo parece siñalar un desprazamento d'ise centro da civilización, dend'o
Mediterráneo car'ó Atlántico. As razas mediterráneas, xa sen forza creadora, non
producen mais qu'a comicada xigantomáquica y-heróica d'ise histrión que se chama
d'Annunzío. A civilización mediterránea é, ñas suas esencias, predominantemente
helénica, e pol-o tanto, inteleutualista. Fúndase nunha repersentación
xeométrica do mundo. Mais hoxe a revolta contra do inteleutualismo é unánime nos
inxenios mais avanzados, que ademáis arelan ter unha representación do mundo,
non xeométrica, mais dinámica. É d'iste xeito como perden o creto as nociós
mediterráneas.
O atlantismo
A civilización atlántica ha ser, pol-o tanto, outra cousa do qu'a civilización
mediterránea. Ó mediterraneismo hemos oponer un atlantismo. Eisaminemos o
qu'esto pode ser.
O europeismo mediterráneo debe ser superado. Mais temos que ver en que senso ha
ser esa superación. Dicen algús qu'o pobo yankee xa emprincipiou a superación do
europeismo, e presentan pra sosteñel-a tese, o mesmo os libros de Williams James
qu'as «American films». Van trabucados. A dinámica yankee, no que non sexa cousa
de temperamento, está fondamente influida pol-as dou-trinas orientaes. O que se
chama yoga dos americanos é simplesmente o yoga indio de Patanjali levado ós
Estados Unidos por mestres indostanis como Vivekananda, como Dayanand Sarasvati,
que tanto éisito tiveron no Congreso das Relixiós de Chicago en 1895. As
cc-ñecidas obras d'Orisson Swett Marden non son mais qu'a vulgarización d'algús
métodos indios d'entrenamento da vontade. Y-aparte d'esto e mais do pragmatismo
qu'é inglés y-alemán (Peirce, Schi-11er, etc.), que produxeron os Estados
Unidos? É outra cousa a qu' hai que agardar dos pobos atlánticos: non é unha
superación do presente, senon a creación do futuro.
E se América non é mais qu'unha prolongación da Europa d'hoxe, e se África, fora
dos pobos negros, incapaces de crear unha civilización e colonizados por
europeos, no nos oferce mais qu'a agonía do Islam, de donde vai a vir a
civilización atlántica?
As naciós célticas
Fixémonos ben: antr'as duas veiras do Atlántico, parte en térras continentaes da
Europa, parte en térras insuares, están as sete naciós célticas: Highlands, illa
de Man, Irlanda, Gales, Corn-wall, Bretaña e Galicia. Estas non desenvolveron
ainda as suas posibilidades autóutonas. Xulio César afogou o celtismo nos
comenzos do seu desenrolo. Agora destruido todo gran poder europeo, as
cireustancias son as millores pra qu'o celtismo se desenvolva na. creación
d'unha civilización atlántica.
D'esas sete naciós, Galicia é a mais esquecida—na apariencia poi-o menos—das
tradiciós célticas. En troques, ven a seré o nexo mais forte do celtismo coa
vella civilización. O noso pobo terá d'iste xeito, un maor poder de síntese e de
depuración do que s'haxa de conservar do europeismo que morre. Porque non había
de ser Galicia o centro da nova civilización, porque non había d'estar na nosa
térra o omphalón da térra toda? A espansión emigratoria de Galicia e Portugal en
América no nos da direito a pensalo?
Tres civilizaciós
Aínda hai mais. Pai pouco decía Xenius, o gran filósofo catalán n-un dos seus
Glosaris—téndolle sido suxerida a ideia pol-o »saudosismo« portugués—qu'a
civilización mediterránea é a civilización da Intelixencia; a oriental e mail-a
yanquee son as da Von-tade; a de Portugal e de Galicia é a civilización da
Mamoría... Morriña e Saudade. Esta ideia andaba xa espallada antre nos. A
trascendencia futurista d'ese sentimento, cecais lembranza da perdida
Atlántida, d'unha vida asolagada baixo das ondas do mar azul, fora xa notada por
certos agudos espritos da mocedá galega.
Pois bén: hastra d'agora, foran a civilización da Intelixencia e mail-a da
Vontade as que s'atoparan en confliuto. A nosa, a civilización saudosa da
Lembranza, inda se non persentou na escea do mundo. Noso destino futuro é crear
e imponer esta civilización nosa qua ha ser a civilización atlántica.
Ela ten un outo senso dinámico; non é unha morosa contení-pración estática do
que pasou: é cecais aquela tendencia de que falaba confusamente non sei que
pensador moscovita, a «alcanzal-o pasado no presente». Ten un outo senso
dinámico, non de loita, non de destrución, non de bule-bule, d'autividade pol-a
autividade mes-ma, de record —do que adoece tantas veces a civilización yankee—
sinon de creación. Leonardo Coimbra fundou n-ela unha filosofía que ehamou «O
Criacionismo».
Mais a tod 'ese saudosismo e creacionismo portugués, ainda lírico demais, y-até
se m'apuran ibérico demáis, cómprelle un pouco de lazo nórdico. Galicia, sendo
mais céltica, é mais sintética, y-este matiz fai precis'a nosa colaboración na
civilización atlántica.
Ora esto dá unha sinificación universal ó galeguismo, esto dá unha meirande
rialidade histórica á nosa eisistencia nacional. A misión histórica de Galicia e
Portugal é d 'oponer ó mediterraneismo, o atlantismo, fórmula da Era futura.
Tras de nos, Hespaña inteira até agora infestada de mediterraneismo, co seu
século d'ouro, co seu conceutismo especioso, coa sua faramallosa retórica, co
seu énfasis grandilocuente, incorporarase toda ela á civilización atlántica.
O símbolo da Atlántida
Algún quixo esprical-a saudade nosa decindo que suspirábamos pol-a solagada
Atlántida, d'onde cicais viñeran os nosos abós— kimris, siluros, milesios ou
danandis...
¿Foi a Atlántida un continente histórico! Pouco importa. A Atlántida, hoxe
coberta pol-as augas salgadas do Océano, é un símbolo : é o símbolo da nosa
civilización céltica, escurecida y-asoballada por unha civilización estrana e
nemiga, que é a civilización mediterránea, traguida eiqui pol-o imperialismo
romano, prototipo de todol-os imperialismos.
Y-é tamén o símbolo da nosa nacionalidá galega, tamén escurecida, tamén
asoballada por un poder que pra nos igualar con pobos d'outra raza, trata c'unha
rabia cega de nos roubar a nosa língoa, o noso carautere, a nosa fartura y-a
nosa libertade.
O afundimento da Atlántida pode non ter que ver coa nosa orixe, mail-o seu
rexurdimento siñala unha finalidade ó noso porvir. Temos que restaural-a
Atlántida en esprito y-en verdade, ou sexa en civilización.
Pra eso irnos nos, os nacionalistas galegos, apurar todal-as posibilidades da
térra e da raza, y-adornarnos aixiña do presente, hastra que podamos chamar ó
Atlántico "mare nostrum"...
VII
A PRAGMÁTECA DO NACIONALISMO GALEGO
As Irmandades da Fala
Xa demos unha ollada á xénesis do nacionalismo galego. Eli deixamos dito qu'as
Irmandades da Fala viñeran a recollel-as esencias de todol-os movementos
anteriores, descobrir n-elas a arela trascendente da nosa raza, e fondamentar
esí a doutrina integral do nacionalismo.
A Irmandade dos Amigos da Fala tivo feitura na Cruña o día 18 do mes Maio de
1916. Hoxe haina costituida tamén no Ferrol, Santiago, Betanzos, Villalba, Lugo,
Monforte, Estrada y-Ourense. Están federadas co'elas a Xuventú de Defensa de
Vilagarcía, as Xuventudes Nacionalistas de Santiago e de Vigo, e moitas
Socieda-dades Agrarias.
Poden ingresar n-elas todol-os galegos, homes e mulleres, y-os que nono sendo de
nacimento o sexan de curazón.
As Irmandades teñen por fís:
1º Porpagal-o emprego da língoa galega.
2° Conquerir unha amplia autonomía pra Galicia.
3º Traballar pr'a solución de todol-os probremas coleitivos e permanentes da
térra galega.
4º Traballar pol-a difusión da cultura centífica, literaria y-ar-tísteca.
5º Intervir na políteca pra qu'esta se faga en porveito do pobo.
Cada Irmandade ten catro seiciós: Seición de Cultura e Fala, Seición d'Economía
y estudios sociaes, Seición Agraria e Seición Políteca.
As Irmandades obedecen a unha direición úneca que lies imprime a Xunta Suprema
(Direitorio) composta pol-os primeiros Conselleiros de todal-as Irmandades, e
pol-o Comité esccutivo no-meado pol-a X. S. na Asambreia anual.
As Irmandades fan esposiciós d'arte, cursos de conferencias, veladas teatraes,
concursos literarios e centíficos; imprentan obras d'autores galegos; pubrican
un boletín decenal: A Nosa Terra; figuran en pirmeira liña en todal-as campañas
anticaciquís, sosteñendo sempre os intreses dos labregos, dos mariñeiros e dos
traballadores; axudan a tod'o que se queira facer en ben de Galicia; fan
propaganda púbrica en mitis e reunios; loitan ñas eleiciós indepen-dentemente de
todol-os partidos, e por fin, celebran cada ano unha Asambreia xeneral, na
pirmeira das que, quedou fixad'o programa do Nacionalismo galego.
O programa de Lugo
Os persoeiros das Irmandades da Fala, axuntados en Lugo os días 17 e 18 do mes
de San Martiño de 1918, aprobaron as siguentes concrusiós:
I. — Previa
Tendo a Galicia todal-as earauterísticas esenciaes de nazonali-dade, nos
nomeámonos, d'hoxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa qu'a verba
«rexionalismo» non reeolle todal-as aspiraciós nin encerra tod'a intensidade dos
nosos problemas.
II — Problemas costituentes
1º Antonomía integral pr'a Galicia.
2º Autonomía municipal,
distinguind'o municipio aldeán do vilego, axeitándose o Concello aldeán sobor da
base do reconocimen' to da persoalidade xurídiea das parroquias, que terán as
suas xuntas, elexidas antr'os cabezas de familia —petrucios— homes ou mulleres,
pra termaren dos seus bes privativos. Os presidentes ou eabezaleiros d'estas
xuntas serán vocás nados ou Coneelleiros da Corporación municipal e nomearán, d
'antre eles, o Alcalde que dirixa o Concello. As parroquias, con persoalidade
xurídica, poderán contrataren y-estableceren seguros e instituciós de creto
antr'os vecinos e adeministrare os bes comús, qu'o Poder Central terá de lies
restituiré, dispoñend'o seu aproveitamento.
O Concello terá de seré, pol-o tanto, mais qu'unha organización de earáuter
adeministrativo, unba prolongación ou compremento das parroquias, como estas o
son do fogar, que presidirá a vida económica e social das mesmas.
3º Cooficíalidade dos idiomas galego e casteláo.
4º Federación da Iberia.
5º Dentro d 'esta federación, igoaldade de relaciós con Portugal.
6º Crehdo na aeidentalidade das formas de gobernó, intrésanos acrarar que non
apelamos por ningunha, mais simpatizaremos, dende logo, con aquela que se
amostre mais doada pra chegare á federación con Portugal.
7º Ingreso das nazonalidades da Iberia na Liga das Nazóns.
III. — Problemas políticos
1º Igoaldade de direitos pr'a muller.
2º Custion eleitoral:
a) A función eleitoral terá de seré da responsabilidades do
gobernó e protexida pol-o Poder público.
b) Kepresentación proporcional como sistema eleitoral.
c) Non serán elexibles os elementos que non rendan unha función útil pr'a
coleutividade.
d) A Asambleia decrara: que si ñas eleíciós pra Cortes Consti-tuentes Hespañolas
non se nos dera unha prenda en garantía excei-cional pra qu'a vontade do pobo
poida manifestarse con toda liber-tade —pois coas organizaciós oligárquicas
d'hoxe non sería abran-guible— apelaríamos ós representantes de Cataluña e
Euskadi e, si elo non abondara, ó Estado mais afín ó noso, pra que na Liga das
Nazóns defenda o direito da Galicia á libertade cibdadana.
3º Acabamento das Diputaciós
provincias.
4º Creación do Poder Autónomo, representado por un Xuntoiro
ou Parlamento Galego, elexido por sufragio universal, con todal-as facultas qu'a reforma da Constitución non garde pr'o Poder Central e sempre pol-o menos as siguentes:
IV. — Facultades do Poder Galego
1º Nomeamento da Xunta gobernadora, que terá d-exercerl-o Poder Executivo,
composta d'un Presidente e seis Segredarios encargados dos Departamentos de
Adeministración, Xusticia, Enseño, Obras Publicas, Agricultura, Industria,
Comercio e Facenda.
2º Todal-as funciós adeministrativas.
3º Lexislación social, agás n'aqueles casos nos qu'os problemas sociaes se
extendan as diversas nazóns da Iberia.
4º Réximen tributario, sin intervención do Poder Central, ó que somentes pagará
o Autónomo a cantidade que se fixe nos con-certos económicos.
5º A potestade docente do Estado autual pasará enteira ó Poder Galego.
6º O réximen bancario, no que intervirá pol-a función social qu'hoxe teñen os
Bancos. A mesma faeultade pr'a solución do Creto agrícola.
7º Correios e Telégrafos: O seu servicio ó cárrego do Poder Central; a sua
creación será cárrego do Poder Autónomo; o servicio dos Teléfonos ó cárrego do
Poder Galego. A censura n-estes servicios non poderá seré exercida pol-o Poder
Central mais que no caso de guerra.
8º Caminos de ferro: A sua nazonalización. A lexislación sobor dos mesmos será
faeultade do Poder Central; a sua construción e adeministración en carga de
Poder Autónomo.
9º Portos Francos. A lexislación e regulación do tráfico marítimo en carga do
Poder Central.
10º Si ven coa Paz o acabamento dos exércitos permanentes, e no caso de que
somente quedaran exércitos policías, tamén será faeultade do Poder Galego a
fixación das forzas que xusgue percisas pr'o orden interno de Galicia.
V. — Custiós xurídicas
1º Sustantividade do Direito foral galego.
2º Derogación do artigo 5' do
Código Civil e reforma do seu articulado no que se refiere á sucesión
abintestato.
3º A publicación das leises farase no idioma galego.
4º Igoaldade de direitos pr'a muller casada, pol-o menos no «aso da emigración
do marido.
5º A función dos Tribunales de Xusticia romatará en recurso derradeiro en
Galicia e sempre realizada por funcionarios galegos.
6º As térras dos pequeños propietarios qu'as laboreen consideráronse
instrumentos de traballo pr'os efeutos do embargo.
7º O arrendatario terá direito a unha parte de supervalía do arrendado sempre
que sexa debida ós melloramentos producidos pol-o seu traballo.
VI. — Problemas económicos
1º As custiós aduaneiras serán resoltas por concertó entre o Poder Autónomo e o
Central, salvo o libre cambio de cereaes.
2º Reintegración inmediata á propiedade privada, pol-o xeito mais doado dos
montes do Estado, dos pobos e de propios.
3º Repoboación forestal forzosa. Si os particulares non-a fan, faría o Poder
Galego por anualidades, gravando sobre a riqueza creada, o capital invertido
mais os intereses. Reforma da lexislación civil n-iste punto.
4º A Asambleia decrara de toda urxencia a resolución do problema dos gravámenes
sobor da térra en Galicia.
5º Tamén declara seré un crime contra Galicia o permanente absentismo dos
propietarios da térra.
VII. — Aspeotos artísticos
1º Proclamar a soberanía estética da Nazón Galega que se exercerá:
a) Sobor das costruciós urbanas e ruraes, ditándose unha
lei que obrigue ós propietarios a axeitare o estilo das suas costruciós ó estilo
xeneral de cada vila galega.
b) Na espropiación de momentos e paisaxes.
c) Na organización do enseño artístico, con creación d'unha escola musical galega.
Concrusiós aprobadas en Santiago
A II Asambreia das Irmandades da Fala, tida en Santiago no mes de Outono de
1919, ratificaou solenemente o Programa de Lugo, y-aprobou as siguentes
concrusiós:
(A) Políticas, Económicas e Sociaes
1º Traballare pol-a axuda percisa para os Pósitos de pescadores constituidos.
2º Pedil-a creación d'un Banco privilexado pra fomental-o comercio
d'Esportación.
3º Protestare sempre contra dos ricos de Santiago e a Cruña pol-o feito
vergoñoso de qu'inda se non decidan a f aceren o camino de ferro entr'as duas
vilas, por se a protesta pode ter xeito acuciadore.
4º Pedir a rápida costrución do camino de ferro chamado da Costa e protestar
contra dos diputados galegos que non-o esixan do Gobernó dend'os primeiros días
d'abertura do Parlamento, pois hastra agora fixeron sempre a comedia d'erguel-a
sua voz en defensa de tan importante pleito ñas derradeiras sesións das Cortes,
pra engañar ó país, meiante os xornaeis caciquís que gababan os seus discursos.
5º Que se decraren nulas todal-as concesiós mineiras que no termo de dez anos
non escomecen a seren esprotadas.
6º Derogación do decreto do Sr. Cambó sobre concesión de fervenzas (saltos
d'auga).
7º Que se esixa teñan aprobadas, cantos seian gobernadores civís, as asinaturas
de Socioloxía y Economía Política.
8º Solicitare do Estado o estabrecimento d'Escolas Agrícolas na Galicia.
9º Pediré que se consiñen as dietas precisas pra qu'os inxenei-tos agrónomos
poidan daren as conferencias ambulantes qu'a lei dispon.
10º Pediré tamén qu'o Catastro rural teña na Galicia un caráiter axeitado ás
condiciós da nosa propiedade.
11º Solicitar dos Gobernos que resolvan do xeito mais comenente e rápido o
pleito das augas xurisdicionaes.
12º Creación d'un Instituto de Reformas Sociaes galego c'unha organización
comenente, determinada na Ponencia.
13º Pediré que se lie dea repersentación nos comités paritarios á crás agrícola.
14º Pediré tamén que lies dea repersentación na Xunta d'Arancés á Asociación das
industrias pesqueiras, que son das mais importantes na Hespaña, e ós sindicatos
agrícolas galegos que por non chegaren á milleira de socios non poden tela.
15º Solicitare dos Gobernos qu'autoricen a costrución dos portos galegos
d'interés xerál por eoncesiós a compañías fortes que reúnan os riquisitos que
han estabrecerse.
16º Que namentras se non implante a autonomía municipal, autorícese ós Concellos
urbanos pra emprenderen o negocio da urbanización.
17º Que cando os pranos d'urbanización favorezcan a un propietario, aumentando
o valor d'un solar.
18º Comprendere na lei d'espropiación forzosa os pedazos libres (parques,
campos de foot-ball, etc.), e os terreos útiles pr'a costrución de casas
baratas, cand'os Concellos emprendan o negocio de urbanización.
19º Insistiré na petición da autonomía integral e coma estado transitorio
pasarmos d'acabamento das Diputaciós provinciaes á costitución da Mancomunidade
de Concellos galegos.
20º Pediré que pr'os efeutos eleitoraes, incluso os municipás, constituyanse as
circunscriciós, a base da repersentación proporcional.
21º Igualdade ausoluta política e civil da muller co home.
22º Redención de foros.
(B) D'Emigración, Cultura, Iberismo, Turismo y-Estética.
23º Impedil-a emigración da muller galega, vergoñosamente esprotada foda da
patria, ñas Américas prencipalmente, e crear ñas escolas rurás ensiños especiaes
pr'as donas.
24º Lograre do Estado qu'en cada un consulado hespañol fáiga-se un censo pra
qu'os emigrados poidan votar y-elexir diputados e senadores, principalmente
senadores, se a Alta Cámara se troca, coma se quer.
25º Creare unha Bolsa do traballo galego-americán que radique na Galicia
y-esteia en relación coas Bolsas xa creadas pol-os galegos nos diversos paises
do estranxeiro, encarregada de fomental-a instrución técnica e facilitar a
repatriación n-aqueles casos que seian xustificabres.
26º Celebración da festa do emigrante o día de Santiago, cruzándose cartas,
postaes, telegramas e cablegramas, que sirvan pra estreitar os lazos entr'os
galegos da metrópoli e os que teñan resi-denza ñas nosas numerosas colonias sen
bandeira.
27º Creación d'unha Escola de viaxantes do comercio na Galicia qu'espida
títolos, que terán de seré percisos pr'a prestación dos servicios no comercio
nacional.
28º Imprantación na Universidade de Santiago das Cátedras de Direito, Estoria e
Língoa e Literatura galegos, cousa doada logo da aprobación do Estatuto autónomo
d'aquela.
29º Pedir ós Gobernos hespañol e portugués a libre circulación dos cibdadaos
d'entrambos paises, sen o requisito dos pasaportes.
30º Solicitar o intertroque cultural e d'estudantes entr'a Universidá galega e
as portuguesas, deixando libre de direitos toda crás de libros e obras d'arte.
31º Oporse á intervención armada d'Hespaña en Portugal se chegara a estalar un
movimento sindicalista alen, por considerar Galicia irmá á nazón portuguesa e
tal-a independenza d'esta com'a sua propia independenza.
32º Pregare ós estudantes brasileiros que no viaxe proyeutado pol-os estudantes
das Américas latinas á Hespaña, venan eles tamén, e visiten Galicia, por seren
nosos irmaos na língoa.
33º Creación d'unha Universidade industrial na Galicia e d'un almacén de
práiticas ñas nosas Escolas de Comercio.
34º Téndose acordado trocar a Academia da Língoa castelana en Academia das
língoas hespañolas, levando a ela ó catalán y-o éuskaro, con esquecemento do
galego, logo de protestar contra este ausurdo esquecemento, pidire qu'o noso
idioma cultívese tamén n-aquela corporación.
35º Pregar ós habitantes de Santiago que defendan por todol-os meios axeitados
os moimentos de caráiter artístico que posen, considerando tod'a vila coma un
verdadeiro moimento. E por de contado trasladare da Praza do Hospital a estatua
de Monteiro Ríos.
36º Pediré que se construían miradores pr'os turistas nos vales mais pintorescos
da nosa Terra, coma ningunha rica en paisaxes fermosos.
37º Adquisición pol-o Estado de terreos pro depósito de grava ñas carreteiras
y-ensanche d'éstas ñas voltas.
38º Que se done pol-o Estado o edificio do antigo Concello da Cruña pra adicalo
a Museio d'Arte rexional.
(C) Profesión de fe
A II Asambleia nazonalista de Santiago acordou ratificare o esencial do
manifestó aprobado na I de Lugo. Acordou tamén reli-xire o Direitorio, mais
creando un novo prán d'organización pr'as relaciós entr'as Irmandades da Fala, e
pr'as seiciós de «cultura», das mesmas.
Os nazonalistas, agora como decote, coidan qu'o problema galego é un problema de
persoalidade, de libertade e de dinidade.
Queren todal-as deseentralizaciós polítecas e adeministrativas, mais entenden
qu'ainda conqueridas estas descentralizaciós e trocada Galicia n-un territorio
rico e progresivo, o problema nazonalista ficaría sen resolvere.
Só ha ter resolución cando sexamos donos d'unha persoalidade propia basada no
trunfo d'unha propia cultura, que nos independice das culturas alleas, xa que
contamos c'unha tradición, c'unha raza e c'unha térra de careiterísticas
especiaes, diferenciada das mais do mundo, na qu'a língoa é o froito natural por
escelenza. Entramen-tras non cheguemos a ese xeito de suprema libertade, no que
nos dispoñamos dos nosos destinos, con arregro ás nosas comenencias, n-un libre
desenrolo de todal-as nosas posibilidades raciaes, capaces de crearen unha
civilización atlántica, o nazonalismo galego non terá abranguido o seu fin
nobre, grorioso e santo, beneficioso pra Humanidade.
Co-esta Profesión de Fe —da qu'este libro non é sinon unha glosa espricativa—
romatan as «Actas da II Asambreia nacionalista». Y-eiquí romatamos nos tamén
iste traballo.
SAUDE E TERRA
