O santuario de San Andrés de Teixido
|
|
A ría de
Cedeira é a máis pequena das Rías Altas.
Ábrese ó norte da provincia da Coruña. Alí atópase o concello de
Cedeira.
Está formado por 8 parroquias e ten aproximadamente 7.700 habitantes.
A vila de Cedeira ocupa as dúas marxes do río Condomiñas na zona da
súa desembocadura, quedando a parte antiga da vila na beira dereita.
Entre os altos cantís que circundan este concello, e no fondo dun
val, a 140 metros sobre o nivel do mar, atópamos na parroquia de
Santa María de Régoa un santuario: é o de Santo André de
Teixido, un dos máis coñecidos de Galicia. |
O Apóstolo San Andrés
Nos primeiros
anos da era cristiá, o apóstolo San Andrés (ou Santo André) levaba a mensaxe do
Fillo de Deus polo mundo. Segundo di unha lenda, San Andrés , quen fora
mariñeiro nos mares de Palestina, arribou a estas costas de Galicia coa súa
barca, a cal deixou nos acantilados mentres el, xa en terra firme, percorría
toda esa comarca. Pero non atopou a ninguén.
|
 |
Cando Andrés retornou á costa, a barca xa non estaba no seu sitio.
Xa era de noite, e estaba moi cansado e angustiado, non tiña nada
para comer nin beber.
Despois de moitas horas de angustia e desesperación, suplicou de
xeonllos ó Ceo reclamando a axuda divina.
Xesús, acudiu no seu auxilio e díxolle que esa era a terra onde el
debía permanecer para sempre, que non se preocupase porque non tería
nunca mais fame nin sede, a auga e o pan non lle faltarían xamais.
Tamén lle dixo que non estaría só, pois a súa romaría sería a máis
importante da comarca. |
Outra lenda
conta que cando Noso Señor Xesús percorría o mundo, na compaña de San Pedro,
unha vez chegou ata Teixido. Estaban moi cansados, con fame e sede, sen atopar
ningunha fonte nin nada para comer,
Xesús implorou ó Ceo, e Deus mandoulle unha mazá. Cando ía cortala en dúas
partes para repartila con Pedro, no medio da mesma aparecéuselle San Andrés,
quen estaba moi triste, e sentíase moi illado nese curruncho do mundo.
Queixábase dicindo que ó seu santuario estaba sempre baleiro, e que ían moi
poucas persoas, mentres que a Compostela acudían milleiros en peregrinación
para chegar ata ós pes do sepulcro de Santiago, o que lle parecía moi
inxusto posto que el era tan apóstolo e discípulo fiel de Xesús coma
Santiago, que el tamén facía moitos milagres ós fieis que lle solicitaban a
súa axuda e sandaba de moitas enfermidades.
Cristo, entón, ademais de
facer nacer unha fonte nese lugar, fíxolle unha promesa a Andrés. Ninguén
habería de entrar no Ceo sen antes ter visitado o santuario, xa sexa de vivo
ou de morto.
- “Queda aquí, santo André, que de vivos ou de mortos todos te virán a
ver."-díxolle Xesús.
De aquí ven o refrán tan coñecido:
"A San Andrés de Teixido,
vai de morto quen non foi de vivo".
O santuario de San Andrés
xa existía no século XII, segundo consta en documentos atopados. Neles
aparece coma posesión da Orde de San Xoán de Malta ou Xerusalén, dependendo
da Encomenda de Portomarín.
|
Santuario de San Andrés de Teixido |
Nun testamento dunha veciña de Viveiro, atopouse unha referencia a
Teixido coma santuario. Este data do ano 1391, e nel pódense le-las
seguintes palabras textuais: “
mando ir por mi en romaría a Santo Andrés de Teixido, porque se lo
tengo prometido, y que le pongan en su altar una vela del tamaño de una
mujer de mi estado".
É dicir ca tradición do santuario de San Andrés de Teixido coma centro
de peregrinación ven, alomenos, dende o século XII. Pero a construcción
da súa igrexa parroquial comezou no século XVI, e continuou no séculos
XVII e XVIII.
Xa antes que houbera rutas o camiños, os peregrinos chegaban a este
lugar, subindo montes, e vencendo moitas dificultades porque non era
nada doado cumpri-lo desexo de ir ó santuario e levar despois auga da
súa fonte. |
Por este motivo, este lugar de tan difícil acceso era moi coñecido coma “San
Andrés de lonxe” ou “San Andrés do Cabo do mundo”.
A romaría de San Andrés
Ó longo dos séculos, campesiños e mariñeiros de toda Galicia foron en romaría a
Santo André de Teixido, lugar que continúa ser na actualidade un potente imán
espiritual. Aínda así, ó lado do culto ca Igrexa Católica lles dá ós seus
santos, en Teixido perduraron outras crenzas e prácticas relixiosas alleas ó
cristianismo, costumes intimamente relacionados con cultos pagáns. Coma noutros
tantos santuarios de Galicia, é moi probable que Teixido teña sido un lugar de
culto prerromano e que logo fora cristianizado.
|

|
Coma xa mencionáramos, segundo o refrán: "A san Andrés de Teixido, vai
de morto que non foi de vivo", por iso din que ó longo do camiño pódense
ver moitos animais camiñando, xa que segundo estas crenzas estes animais
non son tales, senón que son as almas das persoas que en vida non
puideron face-la romaxe, e entón para poder cumprila, toman esa forma
para chegar ó santuario, porque, segundo á promesa de Xesús feita a San
Andrés, non poden entrar no ceo antes de telo visitado unha vez. |
Por ese motivo, a tódolos
animais -cobras, lagartos, paxaros, bolboretas, etc.- que se atopan no camiño
non se lles pode facer mal ningún nin pisalos, para que poidan alcanza-lo
santuario e o Ceo.
Pero non soamente poden cumprir esta obriga collendo a forma dun animal Outra
maneira que poden te-las almas para face-la romaría a Teixido, é coa axuda dos
seus parentes vivos. Antes de inicia-la peregrinación a San Andrés, os parentes
van o cemiterio onde se atopa a tumba do defunto, para chamar e invitar ó
espírito do morto a face-la viaxe xunto a eles. Durante todo o traxecto,
tratan ó espírito coma se a persoa morta estivera viva deixándolle un lugar no
coche (se o viaxe é feito deste xeito) e falándolle tamén… se comen durante a
viaxe, o morto terá un prato na mesa. Cando arriben ó santuario, a obrigación
ficará cumprida e o espírito xa poderá entrar no Ceo.
Antigamente, os romeiros acostumaban levar un hábito especial. Este
consistía nunha especie de longa camisa branca con ondas de cores, formando
listas ou ondas , algunhas veces cinguida pola cintura, outras veces solta.
Algúns deles levaban tamén gaitas, pandeiros e outros instrumentos, e para
face-lo camiño mais livián, ían tocando e cantando. Nalgúns lugares
determinados deste puntos do camiño, depositaban pedras. Estas pedras ían
facendo medrar "amilladoiros".
Os "amilladoiros" ou tamén chamados "milladoiros", son amoreamentos de
pedras á beira dos camiños cós romeiros van construíndo co transcurso do tempo,
ó deitar cada un deles unha pedra. Existe unha crenza popular que di que ese
costume de erguer milladoiros ten por obxecto que, no día do Xuízo, as pedras
falarán e darán testemuño do cumprimento da romaría por parte do romeiro; motivo
polo cal, é moi importante para os peregrinos depositar unha pedra nestes
milladoiros.
Na area do influxo do cristianismo ó culto pagán ás pedras, suponse cós
milladoiros simbolizan as almas do purgatorio que se atopan alí por non
cumpriren un ofrecemento feito en vida. Tamén se pensa ca súa orixe está en
ritos funerarios prehistóricos que tal vez tentarían, ó feito de deita-las
pedras, ancora-la alma do morto e non deixala mudar en perigo para a comunidade.
De aí ven o costume que unha vez depositado un cadáver na sepultura, un familiar
colla un puñado de terra e a bote sobre a caixa, e despois fagan o mesmo o resto
dos asistentes.
En Teixido contan dun romeiro que morreu cando tornaba de San Andrés. Por ese
motivo sería que despois foi crecendo ese milladoiro.
Ritos e traicións
Son moitos os poderes que se lle atribúen a San Andrés de Teixido, tales como
curar unha doenza, protexe-lo gando e as colleitas e tamén ó de consulta-lo
porvir. Do mesmo xeito que sucede en tódolos demais santuarios, existe unha
mestura de ritos pagáns co relixioso, ritos cós peregrinos deben cumprir.
|
 |
Despois da chegada ó santuario, de escoita-la misa e de cumpri-las
promesas, é preciso baixar á "Fonte do Santo”. Está
situada a escasa distancia do santuario e algúns autores chámana coma
“fonte da vida e da morte”, porque segundo din as crenzas populares
desempeña funcións de adiviñación. Di a tradición que o seu caudal é
sempre constante.
Un peregrino non se pode ir do santuario sen antes beber auga dela e
tamén levar un pouco para a súa casa. Por medio desta fonte, fánselle
consultas ó Santo, saber se concederá ou non o que se lle pide. Para
iso, se bota unha migalla de pan, ó mesmo tempo que se pensa nun desexo
e dese modo poderase saber se o pedido será concedido. Se o anaco de pan
flota o desexo cumprirase, se o pan vai ó fondo significa que non, polo
que, entón, deberá volver novamente a Teixido no vindeiro ano.
|
Da mesma maneira, a fonte era usada para informar sobre a vida da persoa, Se a
migalla aboiaba o peregrino tiña a garantía que ía volver outra vez ó santuario
mais se ía ó fondo, isto era considerado signo de que habería de morrer nese
mesmo ano.
Os romeiros acostuman levar como recordo da visita algunhas ramas de teixo
(árbore moi abundante que lle deu nome ó lugar). Nesta zona medra a chamada "herba
namoradeira" ou "herba da namorar" (caravel mariño) á que lle
atribúen propiedades “casamenteiras” . Xunto a esta herba, tamén medra o “xunco
do bo parir”, nome que se lle dá a esta planta por ter propiedades benéficas nos
partos. Logo de recolleitas estas herbas os peregrinos regresan ó santuario con
elas, e logo son levadas ás súas casas coma axuda para obte-lo favor pedido ó
santo.
Nun recanto da igrexa pódense ver figuras de cera que representan mans, pés,
cabezas, corpos enteiros, porcos ou vacas. Estas ofrendas en cera son testemuño
da intercesión milagrosa do apóstolo na curación.
Os chamados “sanandreses” son figuriñas de pan sen fermentar, pintadas
con moitos cores, traballo feito polas “santeiras” ( por este nome coñecese ás
mulleres que os fan) . Elas modelan estas figuras e cócenas no forno dunha
cociña de leña. Logo son vendidas por elas mesmas ós visitantes do santuario.
Estes “sanandreses”, están formados sempre polas mesmas figuriñas, que
constitúen un grupiño atado por un cordel unha barca, unha sardiña, unha man,
unha pomba, unha escaleira e o pensamento do desexo ó santo, figuras de San
Andrés, a cruz, a medalla do amor, a coroa, a áncora e pequenos retablos.
Representan símbolos que tiveron moito que ver coa chegada do apóstolo a
Teixido.
Os sanandreses feitos en
pan, proveñen da promesa que Xesús fixo a Andrés, de que nunca lle faltaría o
pan no seu santuario, así como tampouco lle ía faltar auga, o que está
simbolizado na fonte do Santo.
|
 |
Fronte a estas costas atópase unha pena chamada
“A barca de Santo André”, que segundo di a lenda, era a barca na
que chegou a esas terras e logo converteuse en pedra.
Hoxe en día é unha das romarías mais populares de Galicia, de
peregrinación en todo o ano.
A romaría máis importante celébrase o día 8 de setembro. |
Tamén se festexa o día de San Andrés entre os días 27 ó 30 de novembro.
Mónica B. Suárez Groba
Fontes de información: "Lendas de Galicia e outros temas narrativos", Chao
Espina; "Las leyendas tradicionales gallegas", Leandro Carré Alvarellos,
"Conociendo a Galicia", Xosé María Manteiga.
www.galespa.com.ar