A INTRODUCCIÓN DA PATACA EN GALICIA
A comezos do século XVII, a
predominante actividade agrícola de Galicia estaba centrada no cultivo das
especies imprescindibles para o autoabastecemento: trigo, centeo e viño...
Pero, incrementouse nos anos 1630-40 co millo,
que se introduce primeiro en terras do litoral, e en pouco tempo, supuxo os dous
tercios da producción dos cereais. Outro novo cultivo que se incorporou foi a
pataca. A súa primeira mención remóntase ó ano 1574, aínda que o seu
cultivo non comezou a proliferar ata 1760. Gracias a iso, as condicións da vida
dos campesiños melloraron.
Ata o descubrimento de América e a introducción da pataca e o millo en Europa, a
dieta dos nosos
devanceiros
estaba baseada no "millo miúdo"
(mijo) e nas
"castañas".
E así coma o americano "maíz" tomou o nome de millo en toda Galicia, inicialmente chamouse "papa" a este tubérculo, que era o nome da planta en idioma quechua (a lingua falada polos indíxenas peruanos, lugar de orixe da pataca).
Posteriormente chamóuselle
PATACA
(quizais , por mor da influencia de "batata") mais
en moitas bisbarras de Galicia é chamada tamén "castaña",
"castaña de terra" ou
"castaña da mariña", seguramente debido a cás propiedades
alimentarias son similares ás das castañas, e a pataca foi desprazando o consumo
do froito do castaño.
O primeiro testemuño escrito sobre a pataca no Vello Mundo débese a
Pedro Cieza de León. Nos seus escritos no ano 1538 aparece a
"pataca"
descrita coma "unha turma de terra que cando se cocía
tornábase tan tenra coma a castaña cocida".
Segundo os historiadores, a chegada da pataca a España non se produciu ata o ano 1570, cando chegou a Sevilla xunto a un cargamento de prata. Alí os monxes cultivárona para alimentar ós enfermos e ós pobres. Mais Irlanda foi, nese mesmo século, o primeiro país que iniciou o cultivo da pataca por medio de Sir Walter Raleigh quen plantou este tubérculo.
A súa introducción na
alimentación popular sería no século XVIII. Na Gran Bretaña arribou das súas
colonias norteamericanas, e a introducción no resto de Europa aconteceu por
diferentes xeitos: polas campañas dos exércitos de Carlos V e Felipe II e tamén
cómpre lembra-lo feito histórico, cando o rei Felipe II lla regalara a quen
daquela era Papa Pío IV, para que mellorase a súa saúde.
Mais a pesares de servir coma alimento ás clases necesitadas, o seu cultivo
desde un punto de vista económico non tivo lugar ata o ano 1620, cando comeza a
cultivarse nos Países Baixos, e a súa
difusión
definitiva en Europa non se produciu ata os anos 1771 e 1772, considerados como
"anos de fame".
En Galicia, debido á súa situación xeográfica, e a que ós seus portos chegaban
expedicións procedentes do Novo Mundo, como exemplo
podemos citar á Carabela Pinta, que arribou a
Baiona, e foi a primeira noticia dun novo mundo).
Por
iso, Galicia foi un dos primeiros lugares onde se cultivou a pataca e debido ó
seu valor alimenticio e a súa importancia na economía agraria, chegou a ser
artigo de primeira necesidade a fins do século XVIII.
A pataca pode vexetar en climas moi diferentes , debido a que ten unha grande
resistencia ós fríos, aínda moito máis có trigo. En Galicia atopou unha zona
óptima para o seu cultivo, e na actualidade ten un mercado interno e externo moi
importante, xa que a pataca galega é dunha calidade moi apreciada, e tamén un
dos alimentos básicos das nosas comidas
Mónica Beatriz Suárez Groba
- Bibliografía consultada: "historia de galicia" , ramón villares
VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ
.
