A bandeira de GALICIA
Desde as orixes da civilización
humana, e como unha das características universais, aparecen as bandeiras. A
súa
aparición e evolución aparece ligada ó espírito bélico. Pronto serviu para
identificar e diferenciar durante o combate ós exércitos. O que comezou
sendo un costume dos pobos orientais, deseguida se espallaría a occidente.
Se o século XVII se caracteriza por un emprego básicamente bélico da bandeira,
o XVIII suporá o nacemento desta como símbolo nacional. Este uso das
bandeiras para denotar e reflectir unha idea política refórzase coa
Revolución Francesa. O XIX será o século da bandeira como representación
político-ideolóxica. O século XX, polo gran uso deste tipo de símbolos,
chegou a ser denominado "século das bandeiras".
Durante a Idade Media os soldados galegos agrupáronse baixo "señas",
"estandartes" ou "pendóns" que non simbolizaban o reino galaico. As súas
cores mesmo podían variar dun xefe a outro, aínda que se observa certa
persistencia do branco.
A partir do XVII a bandeira galega comeza a aparecer nas publicacións imitando ó escudo: branca, co copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas.
Non hai testemuños que proben a existencia da actual bandeira con
anterioridade ó noso século. A actual bandeira branca con banda azul provén
da que tiña a Comandancia da Mariña da Coruña. Primeiro sería adoptada polos
emigrantes e máis tarde asumida pola Galicia peninsular.
Con tres módulos de longo por dous de ancho é confeccionada normalmente a bandeira galega. O matiz de azul da banda é xeralmente dun azul celeste subido ou cobalto claro. Esta sería a bandeira nacional civil. A chamada do Estado, que é a que debe figurar nos actos oficiais, constaría ademais do escudo nacional no centrol.
Fonte consultada: Xunta de Galicia, www.xunta.es
