 |
| |
Federico García Lorca e os seus "Seis poemas galegos"
O 27 de decembro de 1935 o editor Anxo Casal, quen moi pouco tempo despois ía
sofrir o mesmo tráxico destino que
Federico
García Lorca, remataba de publicar en Santiago de Compostela o volume
LXXIII da Editorial Nós. , dese xeito, nacían os lendarios "Seis poemas
galegos", de Federico García Lorca. Neles non se sabe que admirar máis: se o
abraiante don da linguaxe que os converte nun dos cumes da poesía nesa lingua de
tan secular prosapia lírica, ou a oncreíble capacidade de síntese que en tan
poucos textos lle permite coller case o esencial da identidade galega.
O libro levaba un prólogo de Eduardo Blanco Amor, o grande escritor galego que
estivo tamén tan ligado a Bos Aires e de cuias palabras ía desprenderse
outra lenda. ¿Cómo logrou o andaluz Federico atopar as palabras axeitadas en tan
alto nivel, nunha lingua que non era a súa, unha tan cabal creación poética?
Hoxe se sabe que en 1916, sendo moi novo, coma estudiante, e noutras tres
ocasións ó longo de 1932 unha delas co seu grupo de teatro La Barraca, Lorca
estivo en Galicia. E que outro escritor galego, Ernesto Guerra da Cal, con quen
conviviur na Residencia de Estudiantes, en Madrid, afirmou ter participado na
redacción.
Estes "Seis poemas galegos" de García Lorca representan tambén unha auténtica
homaxe á poesía española que lle corresponde á lingua galega. Do cal puido
afirmar Menéndez y Pelayo: "No se pode descoñecer que o primitivo
instrumento dol lirismo peninsular, no foi a lingua castelá, nin a catalana
tampouco, senón a lingua que, indiferentemente para o caso (daquela época
eran a mesma, podemos chamar galega ou portuguesa".
A "Cantiga do neno da tenda" é ol único lugar, en toda a obra de Lorca, onde se
menciona explícitamente no só a Bos Aires -dúas veces- e ó al Río da Prata -tres
veces-, senón tamén á rúa Esmeralda. E é evidente que iso sucede edentro dun
contexto íntimamente consustanciado coa epopeia da emigración. É evidente
que Garcia Lorca percibiu, na súa estadía en Arxentina, toda a magnitude,
a alma e o sentir dos emigrantes galegos.
Os poemas galegos de García Lorca. Por Pura Vázquez
Publicado no xornal
O Correo Galego
O insigne cantor do Romancero Gitano foi o mago da imaxe poética. Podería
dicirse que canto a súa pluma tocou encerra o don da máis alta inspiración. O
mesmo en teatro que na poesía.
Escribiu cantiguiñas sinxelas para os nenos, lediciosas, fermosísimas,
tenras, primorosas. Dunha frescura e enxeño case non igualables nesa clase de
composicións. Os seus romances son tamén belas estampas de fantasmagoría e
traxedia. Toda a súa poesía, o seu teatro, repetimos, que é obra de hoxe e de
sempre, endexamais poderán morrer.
Mais do que desexamos tratar hoxe é do aspecto do cal menos se ten falado
deste excelso poeta de Granada, de tráxica e aleivosa morte, que axudou a darlle
tamén esa zona universal que segue a gozar: o dos "seis poemas galegos'',
incluídos como xoíñas do maior valor nas súas Obras Completas. Moitos foron os
poetas non galaicos que escribiron no noso idioma algunhas das súas mellores
composicións. Tamén algún chegou a publicar un libro —Tomás Garcés—, que fixo
ademais traduccións de poemas seus ó idioma galego. Cousa que tamén fixo o gran
poeta Carlos Riba, e así mesmo Juan Perucho. Todos eles cataláns. Outros moitos
pode haber, mais a miña ausencia de anos desta nosa querida Terra, impediume
seguirlles a rota das súas produccións por bastantes anos, e funlles perdendo a
pista. O libro de Tomás Garcés fora Deu poemes Gallec. Pero ningunha é mais
fresca, de máis fondo lirismo e tan exquisita tenrura coma os "seis poemas
galegos de Lorca'', que eu lembre.
Lorca estivo en Galicia. E a súa alma chea, como os seus ollos, do sol e a
luz da súa fermosa Andalucía, sentiuse absorta e namorada diante da visión
sorprendente da Galicia verde e mimosa, para el nunca antes coñecida. Todo un
mundo distinto chamándolle ó corazón, prendéndoo no seu engado suave, nas lendas
máxicas da súa historia, e do seu celtismo misterioso e cheo de saudade dos
nosos ancestros, no maleficio lúdico e doce das brétemas e chuvias do clima: "Chove
en Santiago / meu doce amo. / Camalia branca do ar / brilla entebrecida ó
sol''.
É o contraste de dous anacos de España, completamente apostos. Dunha beira
a luz abraiante. A luminosa atmósfera, o ceo sempre azul da súa Granada, da
fermosa Andalucía. Os tons fortes, a chamexante paisaxe. Na nosa banda, a
tamizada luz, os sempre verdes adros e outeiros, as brétemas descendendo entre
montañas e ladeiras, difuminándoa. As chuvias, os orballos e as brétemas, o
clima suave, sobre todo nas vertentes ledas que saen ó mar. O azul do ceo moitas
veces difuminado pola densa nubosidade, e os suaves tons da paisaxe, co gris e o
verde campeando sobre da pedra escura:
"Galicia deitada e queda / deitada nas tristes herbas. / Cabelos que van ó
mar / onde as nubens teñan / seu nidio pombal''. Milagre doce da nosa terra
na alma soñadora e conmovida do máis grande e o máis egrexio poeta español. O de
escribir estes poemas en galego sen coñecer o idioma, foi acaso o mais grande
homenaxe que á nosa terra lle puido ofrecer o inmortal Federico García Lorca.
Aprender verba a verba a nosa fala, máis doce canto máis repetida.
Escoitaría acaso de boca dalgunha muller, este entrar na alma mesma, na
entraña da lingua tenra da nosa terra, da nosa fala. Falaría con algúns dos
nosos rexos aldeáns, dos mozos romeiros das vilas mariñeiras ou campesiñas, ou
aprenderíao dos seus amigos os nenos, ou quen sabe se no seu vagar nocturno
polas rúas compostelás, pola 'Quintana dos mortos...'.
O prodixio é que estes poemas breves, preciosos, pelnos de imaxes —son
poemas lorquianos—, son unha magnífica herdanza que conservamos con amor e que
lemos con frecuencia, cando desexamos ler fermosa poesía, nas súas Obras
Completas: Madrigal á cidade de Santiago, Romaxe de nosa Señora da Barca,
Cantiga do neno de Lenda, Nouturnio do adolescente morto, Canción de Cuna pra
Rosalía morta, Danza da lúa en Santiago.
Todos eles son poemas que, ademais de seren primicia de beleza, polo seu
contido poético, polo engado e a musicalidade, son un exemplo palpable para os
galegos, que nos ensina a humilde e marabillosa lección que entraña sobre do
noso propio idioma.
|
Cantiga do neno da Tenda
Bos Aires ten unha gaita
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d’estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposibel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d’agoa
mentras sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
veira do Río da Prata.
Sauces e cabalos múos
creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
malencónico da gaita,
non víu o imenso gaiteiro
coa boca frolida d’alas;
triste Ramón de Sismundi,
veira do Río da Prata,
víu na tarde amortecida
bermello muro de lama.
Canzón de Cuna pra Rosalía de Castro Morta
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.
¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Danza de Lua en Santiago
¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.
Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
¿Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
Déixame morrer no leito
soñando con froles dóuro.
Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
¡Ai filla, co ar do céo
vólvome branca de pronto!
Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.
¿Quén brúa co-este xemido
dímenso boi melancónico?
¡Nai: É a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!
Romaxe de Nosa Señora da Barca
¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.
Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as congostroas chegaban.
¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobró teu manto
as foles da amortallada!
Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dendá porta da súa casa.
¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
Madrigal á Cibda de Santiago
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escrura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Noiturnio do Adoescente Morto
Imos silandeiros orela do vado
pra ver ô adolescente afogado.
Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río o leve pro mar.
Súa i-alma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e d&derbas.
Agoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
¡Vinde mozos loiros do monte e do prado
pra ver o adoescente afogado!
¡Vinde xente escura do cume e do val
antes que ise río o leve pro mar!
O leve pro mar de curtiñas brancas
onde van e vên vellos bois de ágoa.
¡Ay, cómo cantaban os albres do Sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!
¡Mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río mó leva pra o mar!
|
FONTE : "Historia da literatura", Francisco Fernández. del
Riego.-
www.galespa.com.ar
|
| |
|
 |