SARDIÑAS CON CACHELOS
SARDIÑAS CON CACHELOS - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
sardiñas, 1
kg.
patacas, 1/2 kg.
auga
sal gordo
pementos de Herbón, 1 kg.
loureiro
Preparación:
Lávanse as sardiñas e sálganse con sal gordo. Déixanse repousar
dúas horas para que colla o sal. Pasado ese tempo, colocámo-las na
grella e dámoslle unha volta (primero ásanse por un lado e logo polo
outro). Os cachelos cocémolos en auga con sal e loureiro (cortados
gordos e coa plana). Cando estean a medio cocer, escorrémoslle-la auga e
taparémolos cun pano. Deixámolos así ó lado do lume para que sequen e se
terminen de facer. Nunha tixola con aceite abundante, non moi quente,
botámo-los pementos para que se vaian facendo lentamente. De seguido,
escorrémolos e esparexémoslle un pouco sal gordo. Colócanse nunha fonte
os cachelos, por riba as sardiñas e, ó redor, os pementos.
Restaurante Casa Vilas
