Os xudeus en Ribadavia
HISTORIA DE RIBADAVIA
Neste fértil val establecéronse varias culturas a través dos tempos. Da
presencia prerrománica apareceron varios restos nos arredores da vila
como os castros do Castelo e Esposende. Coa chegada dos romanos,
comézase a introducir o cultivo dos viñedos. No século X, esta
zona é conocida como Terra de Castela, debido ó grande número de
fortalezas que existían.
Entre
os anos 1065 e 1071, O Rei García converte a Ribadavia (Rippa Avie) na
capital de Galicia, alcanzando unha época de grande prosperidade que
duraría varios séculos. Nun principio, a vila estivo situada na marxe
esquerda do río que chamaron Avia, trasladándose nesta época á marxe
dereita.
A partir de aí, a producción do apreciado viño do Ribeiro comeza a ser
importante, establecéndose na zona diversas ordes relixiosas que buscan
neste caldo a súa fonte de ingresos. Fúndanse os mosteiros de Melón, San
Clodio e Oseira. Este poder eclesiástico é reforzado coa concesión no
ano 1164 do "Foro Real" polo rei de León Fernando II, construíndose en
1202 a muralla que circunda a vila.
Foi nestes séculos de prosperidade cando comeza a asentarse unha
comunidade xudía na zona de Porta Nova, dedicada á artesanía e á
comercialización do viño. Esta comunidade chegou a ser a metade da
poboación lno século XIV. En 1492 créase o condado de Ribadavia
que vai pertencer ó conde Bernardino Sarmiento.
Con todas estas premisas, a partir do século XVI, o viño do Ribeiro comeza
a ser moi coñecido tanto en España como no resto de Europa, alcanzando a
maior producción da Península Ibérica. Durante eses séculos , Ribadavia
convértese nunha das máis importantes vilas de Galicia,
construíndose grande parte dos monumentos que conforman este Conxunto
Histórico - Artístico.
Esta
importante fonte de ingresos comezou a decaer no século XVIII, debido ás
dificultosas comunicacións e á aparición doutros viños máis que
competían no mercado europeo. A mediados do século XIX aparece
unha peste, que bota a perder boa parte dos viñedos.
É a principios do século XX cando se recupera a producción anterior,
que aínda deberá superar varias trabas como a construcción do Salto de
Castrelo de Miño que anega as fértiles terras.
Na actualidade, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro
impulsou de novo este saboroso vino que segue a ser o motor
económico de boa parte da poboación.
BARRIO XUDEU
(Barrio Judío). Segundo a
tradición os primeiros xudíos que se instalaron en Ribadavia foi polo
século XI, cando o rey García I escolleu Ribadavia como capital do Reino
de Galicia nò ano 1063.
Os xudíos que vivìan en Ribadavia nesa época chegaron a ser a metade da poboación de esta vila. Na vila de Ribadavia, a poboación xudía creceu durante os séculos XII e XIII, e ó chegar ao século XIV aparece nela unha comunidade de 1.500 habitantes, a metade do total dos da vila, e tan compenetrados estaban cos cristianos que vivían uns e outros en fraternal consorcio, fora do relixioso, sendo común as ledicias e as tristuras. Vivían na área sita entre a Porta Nova da muralla e a plaza da Magdalena.

FOTO: Plaza Magdalena onde se atopaba a sinagoga
Nesta plaza atópase unha casa blasonada que foi sinagoga, a cal despois de 1492 pasóu a mans dos dominicos que logo venderon, pertencendo no século XVI as familias representadas polos escudos da fachada. As rúas de este barrio son estreitas. Debido as subvencións recibidas por organismos públicos, moitas de estas casas están procedendo a súa rehabilitación dando outro carácter de vistosidade a esta zoa histórica.

FOTO: Porta nova de arriba, onde se asentou a comunidade xudía no século XI
Dende o mirador da Praza Buxán pode verse o transcurso do Río Avia, a liña de ferrocarril Ourense Vigo, o barrio que está da outra beira (A Foz) e na zona de abaixo unha fonte no parque Robla e o recén contruìdo Fogar do Maior.
Na parte superior de este club, dende a súa terraza pode observarse
o trancurso do cauce do río avía dende a presa con un muiño moi antergo,
ata case a desembocadura do río Miño e a pasarela de madeira que
comunica este barrio co barrio da Foz.
HISTORIA
No ano 1063, o rei Don García establece l capital do Reino de Galicia en
Ribadavia. Este feito impulsa a chegada da nobreza e dos xudeus, grandes
administradores da época. Estes, conscientes das posibilidades de
negocio que existían, establecéronse na zona.
Durante esa época de prosperidade, o aumento desta comunidade hebrea
avanza espectacularmente, chegando ás 1500 persoas no ano 1386, a mitade
da poboación da vila. Ademais de grandes administradores, dedícanse ós
traballos artesáns articulando o seu asentamento entre a Plaza Mayor e
as murallas.
Neste perfecto grado de convivencia e co auxe da producción dos viñedos, a
comarca do Ribeiro exporta os seus viños gracias ós contactos con
distintos pobos sefardís en Europa. Esta convivencia queda demostrada no
feito de que, aínda despois da expulsión dos xudeus polos Reis
Católicos, moitos de eles convertéronse ó cristianismo, chegando a
posuír títulos de nobreza.
O Barrio Xudeu de Ribadavia, declarado Monumento nacional exténdese
entre a Plaza Mayor e as murallas, ó redor da Porta Nova. No noso paseo
por estas rúas comunicadas por estreitos rueiros parece que
teñamos retrocedido séculos.
Son construccions humildes, con fachadas perfectamente conservadas
nas que sobresaen os voladizos. No seu interior teñen adegas, onde
envasaban o viño e realizaban as súas tarefas artesanais. Nos faiados,
diante das portas colocaban lousas de pedra para evitar a humidade.
O centro do barrio é a Plaza da Magdalena ónde se atopan os restos
da Sinagoga, construida entre os séculos XII e XIII e que ocupaba toda a
parte oeste de la plaza, mantendose ata principios do séculoo XX. Na
actualidade podemos ver parte da porta e das columnas exteriores. Ó
redor do templo tiña lugar toda a vida social deste pobo que contribuíu
en grande medida o crecemento desta fermosa e multicultural vila.
Polo seu pasado xudeu, Ribadavia forma parte (xunto con outras sete
cidades de España) da Ruta das Xuderías, coñecida coma "Camiños de
Sefarad". As outras cidades son Cáceres, Córdoba, Girona,
Hervás(Cáceres), Segovia, Toledo e Tudela (Navarra).
-
Ler máis: A Festa da Istoria, en Ribadavia.
FONTES DE INFORMACIÓN: www.ribadavia.net, www.festadaistoria.com e www.agalicia.com
