REQUEIXO
REQUEIXO - RECEITA 1
Ingredientes:
leite pasteurizado, 4 lts.
azucre, 2 culleradas
nata, 1 vaso
mel
Preparación:
Ponse o leite na pota a temperatura ambiente onde vaia unha pouca
calor e esperamos que calle (24 horas aproximadamente). Á parte
preparamos un saco de tea de tramo regular. Sacámo-la capa de tona do
callo en que se converteu o leite e reservámola. Baleirámo-lo leite no
saco, deixámolo escorrer ben (12 horas aproximadamente); vólvese
baleira-lo saco nun recipiente onde poidamos traballa-la masa, á que lle
engadímo-la nata que reservaramos e un vasiño máis, 2 culleradas de
azucre e mel ó gusto.
Restaurante La Barra
