A Real Academia Galega aproba a "normativa da concordia"
FOTO:G.H. ( Fonte : Galicia Hoxe, 14 de xullo de 2003)
Dende a esquerda os académicos Antón Santamarina, Barreiro Fernández,
Constantino García e Manuel González
A RAG aprobou, o
pasado sábado 12 de xullo de 2003 , a reforma ortográfica do galego.
A proposta foi elaborada por unha comisión de especialistas, entre
os que se contan académicos, representantes das tres universidades
galegas e membros do Instituto da Lingua Galega.
|
|
14 de xullo de 2003
Esta comisión
presentou no plenario do pasado mes de abril o segundo intento de
consensuar as dúas correntes principais que hoxe en día existen arredor
da norma do galego, é dicir, os que defenden a normativia oficial actual
e os que defenden a normativa “de mínimos”, que promove unha maior
aproximación ó portugués.
O primeiro intento quedara frustrado cando a RAG rexeitou en novembro de
2001 a
primeira proposta de reforma ortográfica do galego, promovida
naquela ocasión polos tres departamentos universitarios de galego, o
Instituto da Lingua Galega e diferentes entidades asociativas que
defenden o galego “de mínimos”. Algúns académicos condenaron aquel texto
por consideralo demasiado próximo ao portugués.
Salvadas as diferencias, a recente aprobación da chamada “normativa de
concordia” axudará sen dúbida a acadar o desexado consenso arredor da
lingua, tanto no ámbito do ensino como na sociedade en xeral.
|
Cambios ortográficos máis salientables
DOCUMENTO DISTRIBUÍDO POLO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
Léxico
No texto das Normas os substantivos vocal e estudio pasan a
vogal
e estudo, e o verbo estudiar pasa a estudar.
Introducción 4.3.
Elimínase a parte final do parágrafo: "que non debe sacrifica- las súas
características propias e relevantes en beneficio das dunha lingua irmá, pero
diferente".
1. O alfabeto
O nome da letra <q> pasa a ser que.
O nome dos dígrafos <ch>, <ll> e <qu> pasa a denominarse respectivamente ce
hache, ele dobre e que u.
1.9. Elimínase o último parágrafo da explicación, por consideralo alleo ás
normas do galego: "O fenómeno é paralelo ó do castelán... eje, dijo,
etc.)"
2. A acentuación
2.5. Acentuación de i, u en hiato
Engádese a seguinte aclaración: "Para os efectos de indicar que non forman
ditongo coa anterior, as vocais i, u tónicas non se acentúan
graficamente cando entre ambas aparece o grafema h: prohibo"
2.7.4. Outros casos
Limítase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas
indirectas a aqueles casos en que é necesaria para evitar anfiboloxías.
3. O guión
Suprímese o epígrafe 3.2 (o guión co alomorfo lo(s), la(s)). O seu
contido trasládase en forma resumida para o capítulo 13.1.1. (o artigo)
6. Os signos de interrogación e admiración
O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado e recomendado ao seu inicio
para evitar ambigüidades e facer máis doada a lectura.
6. O apóstrofo
Introduciuse un novo epígrafe 6, dedicado ao apóstrofo, que permite a súa
utilización para a reproducción da prosodia oral, ou para respectar títulos de
obras ou cabeceiras de publicacións.
7. Grupos consonánticos
7.2. Grupos bc...
Engádese no título do epígrafe o grupo bm
7.4 Grupos –ct- e –cc-
Suprímese a primeira consoante cando precede as vogais i e u (condución,
conflito...). Con todo, mantense nalgúns tecnicismos e palabras cultas de
escasa frecuencia (deíctico, dúctil...).
7.18. Algunhas observacións sobre a pronuncia dos grupos cultos.
A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor (reitorado,
reitoral, reitoría) e seita (pero sectario,
sectarismo).
Introdúcese un novo epígrafe 8.18. sobre a pronunciación dos grupos cultos,
prescribindo o timbre aberto das vogais e, o cando preceden un
destes grupos, e condenando realizacións do tipo [´aqto], [a?´n stiko], etc.
8. Sufixos e terminacións
8.1. –ancia, -encia...
Mantense
Galicia como "voz lexítima galega, denominación oficial do país e forma
maioritaria na expresión oral e escrita moderna". Galiza considérase
tamén unha foma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval,
que foi recuperada no galego contemporáneo.
Amplíase a relación de voces con –zo, -za: diferenza,
espazo,
estanza ("estrofa"), graza, licenza, nacenza,
novizo, perseveranza, presenza, querenza,
sentenza,
servizo e terzo.
8.7. -ble Considéranse admisibles tanto –ble como –bel e,
en consecuencia, admítense tamén as formas duplas do tipo establecer ou
estebelecer. No texto das Normas emprégase – ble,
8.8. –eo, -eu e –ao, -au Engádense chapeu,
romeu
e xubileu á relación de palabras en – eu.
Engádense
bacallau e pau á relación de palabras en –au.
8.11. –us, -um Engádense ímpeto e tribo á relación
de palabras en –o.
8.14. –án / -á, -ano / -ana
8.15. –án / -ana
Acomódase ao esquema –án / -á as seguintes formas: afgán,
alazán,
alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán,
ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián,
sancristán, sultán e truán.
Admítense as variantes locais –ao / -á e –án / -án
nos xentilicios correspondentes (burelao / burelá, muradán
/ muradán...).
A terminación –án / -ana queda así reservada para caracterizadores
pexorativos (bocalán...).
8.16. –on / -oa, -ona O esquema –ón / -ona
queda reservado para formacións aumentativas (homón, mullerona...)
e para deverbais pexorativos (abusón, abusona...).
Nos demais casos, ón / -oa (anfitrión / anfitrioa,
león
/ leoa...).
8.18. –dade, -tade Incorpórase puberdade ó grupo en –dade.
8.20. –aría / -ería Dáselle preferencia á solución tradicional –aría
(a non ser en certos galicismos), aínda que se admite tamén a solución –ería.
9.5. Vacilacións no vocalismo átono : Elimínase todo o apartado.
9.7.
Novo: Encontros vocálicos
Co epígrafe 10.6. do texto novo, introdúcense unha serie de recomendacións sobre
a pronunciación dos encontros vocálicos nas palabras que acaban en –e
cando van seguidas doutra que comeza por vogal.
13. O artigo
13.1. O artigo determinado
O alomorfo –lo pasa a ser de uso obrigatorio só despois da preposición
por
e do adverbio u. Nos demais casos a súa representación é facultativa.
No texto das Normas só se emprega nos casos en que é obrigado. Insístese
en que, mesmo que non se represente graficamente, a única pronunciación
recomendable é a que reproduce os alomorfos –lo(s), -la(s)
nos contextos sinalados.
13.1.2. Contracións
13.1.2.2. Contracións coa conxunción comparativa
ca
O encontro da preposición a co artigo o pódese representar
graficamente como ao ou ó. O texto nas Normas escríbese con
ao.
Admítese a dobre representación para o encontro da conxunción comparativa ca
co artigo determinado: ca o ou có, ca a ou cá.
14. Pronomes
14.3. Demostrativos
Elimínanse
esto, eso e aquelo como formas neutras.
14.5. Relativos... Admítese tamén o relativo posesivo cuxo, con flexión
de xénero e número.
15. Numerais
15.1. Cardinais
Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un,
vinte e dous, vinte e dúas...
15.3. Multiplicativos Elimínanse triple e cuádruple.
16. Verbo
16.1. Paradigmas regulares
Prescríbese a acentuación proparoxítona na P4 e P5 dos pretéritos de subxuntivo
(andásemos,
andásedes...)
16.3.13. Oír / ouvir Admítese ouvir ao lado de oír.
17. Adverbios e locucións adverbiais
17.1. De lugar
Engádense á lista alén e aquén.
17.2. De tempo Aglutínanse acotío, decontado, decontino,
decotío,
deseguida, deseguido, enseguida. Elimínase entonces.
17.3. De cantidade e precisión
Aglutínase a locución apenas. Elimínase
alomenos.
17.4. De modo Aglutínase a locución amodo e
devagar
17.7. De dúbida Aglutínase a locución talvez.
18. Preposicións e locucións prepositivas
Engádense
a respecto de, alén de, após, aquén de, até,
canto a.
19. Conxuncións e locucións conxuntivas
19.3. Adversativas
Elimínanse
anque, nembargantes, sen embargo. Engádense no entanto,
porén.
19.4. Concesivas Elimínase anque.
19.7. Consecutivas Elimínase entonces.
19.10. Temporais Aglutínanse apenas, decontado que, deseguida
que. Engádese até que.
** Nota: os epígrafes corresponden ó texto da edición das Normas do ano 1995.
Fonte de información:
Consello da cultura galega
:
http://www.consellodacultura.org
www.galespa.com.ar