RAIA CON RUSTRIDO
crtvg.es
RAIA CON RUSTRIDO - RECEITA 1
Ingredientes: (6 persoas)
raia, 1,5 kg.
patacas, 1 kg.
pemento doce, unha cullerada
aceite, 1/4 lt.
unto, 50 grs.
allo, 4 dentes
perexil
cebola
vinagre
auga
sal
Preparación:
Ráspase a raia cun coitelo e pártese. Ponse unha cazola con auga ó lume e
botánselle as patacas cortadas en rodas xunto coa cebola, os dentes de
allo, o perexil e o prebe. Cando estea a medio cocer engádeselle a raia
partida e déixase cocer ata que estean as patacas tenras. Nunha tixola
poñemos a dourar en aceite tres dentes de allo e unha pouca cebola. Unha
vez dourados, retírase a tixola do lume . Déixase repousar e, a
continuación, engádeselle unha cullerada de pemento doce e un pouco de
viñagre tendo coidado de que non se queime o pemento doce. Cocida a
raia, escórreselle case toda a auga e envórcase sobre ela e sobre as
patacas o rustrido, déixandoa uns minutos. Sérvese ben quente.
Restaurante Casa Simón
