QUEIMADA
CONXURO DA QUEIMADA
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños,
Espritos das neboadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.
Pobres cañotas furadas,
Fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé de coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cús,
Muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ó do inferno,
e fuxirán as bruxas a cabalo das suas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan
as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume;
a vos fago esta chamada: si é verdade
que tendes mais poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede
cos espritos dos amigos que están fora,
participen con nos desta queimada.
-
2 L. de aguardiente,
-
1 Kg. de azúcar,
-
la piel de 1 limón grande,
-
al final cuando acaban las llamas, 1 vaso y medio de vino tinto, preferiblemente Ribeiro.
QUEIMADA - RECEITA 1
Ingredientes:
-
Método: Poner el aguardiente en un recipiente de barro. Añadirle el azúcar, la corteza de limón. Prenderle fuego. Y cuando se apague, añadir el vino de Ribeiro. Mientras se quema hay que aplicar el conjuro siguiente. Está en gallego: PARTE DE UN CONXURO.- -
-
Vaise o Sol, e ven a Lua.
Que non entren as coruxas,
Nin os mouchos nin as pegas,
Nin as bruxas,
Nin os corvos que graxean...
etc.etc.
compostela.org
