PEMENTOS MORRÓNS RECHEOS DE ARROZ
PEMENTOS MORRÓNS
RECHEOS DE ARROZ - RECEITA 1
Ingredientes:
pementos morróns grandes (procurar que sexan máis ou menos iguais)
arroz preparado como se fose para paella, pero sen que a carne teña ósos
ovo
fariña
sal
aceite
Preparación:
Lavámo-los pementos e quitámoslle-la semente (reservando os rabos). A
continuación, enchémolos cunha culler. Cando os teñamos todos recheos
ímolos cerrando cos rabos que previamente gardamos e colocámolos nunha
placa para forno. Metémolos a forno regular (160 graos aproximadamente)
salgándoos antes e botándolle un chisco de aceite.
Observacións Tempo: 1 hora (aprox.)
Restaurante La Barra
