PATACAS Ó ESTILO DO CEBREIRO
PATACAS Ó ESTILO DO CEBREIRO - RECEITA 1
Ingredientes para 4 persoas:
1 kilo de patatas, un poco de queixo fresco, 3/4 litro de leite, 2 ovos, 50 gramos de manteiga, sal e pementa.
Preparación:
Lave as patacas sen pela e póñaas a cocer en auga con sal. Cando estean
case feitas, escórraas e péleas, córteas en rodaxas e sazóneas con sal e
pementa. Unte unha fonte de forno con manteiga e énchaa con capas de
patacas e queixo (remate cunha capa de patacas). Bati-los ovos,
mesturales co leite e sazoar con sal. Engada todo ás patacas e métase ó
forno ata que o líquido se reduza e a superficie se doure.
