|
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE
|
 |

"Os vellos non deben de
namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de
Castelao, quen logrou plasmar nela un mundo escénico no que a tradición popular
galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra
angular da literaria dramática galega, a popularidade desta fermosa peza non
deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941"
Ed.Galaxia - 18 edición
Portada do libro de
Ed.Galaxia

Máscaras deseñadas por
Castelao
"Esta farsa foi maxinada
para regalía do pobo galego, cando en Galiza abrollaban os máis ardidos anceios
de rexurdimento. Comenceina en Pontevedra, no ano de 1931, e dinlle cima en Nova
York no ano de 1939. Moito tempo decorreu para unha obra tan pequena e tan doada
de facer; pero faltoume sosego para rematala. Os trafegos que me impuxo a causa
política non me deron lecer para outras angueiras, e as conseguintes loitas que
axiña sobreviñeron nin tan siquera me permitían tecer ilusións. De por parte
xurdeu a guerra civil, cuios dramas e traxedias auténticas non consintían
asistir a dramas e traxedias imaxinadas, e menos a pasatempos que soio se
conciben en época de paz. Tivo que ser agora, na triste folga que me impón o
desterro, cando dispuxera de tempo para comprir o meu vello e íntimo compromiso.
Castelao pintado
as máscaras ( A Nosa Terra - 1950 )
As feituras con que se
presenta esta farsa non responden ao pulo que a iniciou porque, no decorrer de
tanto tempo, esvaéronse os pormenores da súa primeira traza ao faltarlle unha
continuidade de pensamento e emoción. En Pontevedra compuxen 'Pimpinela', que
agora é o terceiro lance da farsa. En badaxoz (dous meses de castigo, precursor
do actual desterro) traballei algo no segundo lance e maxinei unha parte do
primeiro. En Barcelona (durante a guerra e antre bombardeo e bombardeo) escribín
o segundo lance e comeceo o primeiro.A bordo dun vapor e navegando polo Báltico,
escrebín a escea das catro choronas do lance primeiro. Nun café de París repasei
o segundo lance e declareino inservible. Aínda decorreron moitos meses, a
pelegrinar por terras de Cuba e de Norteamérica, sen acougo para poñer man neste
traballo. E por fin en Nova York, a comezos do inverno de 1939 e vendo caer as
primeiras folerpas de neve, tiven lecer para entregarme de cheo a este pasatempo
e con el matei horas de morriña. A obra foi recriada e refeita de todo e os
accidentes con que tropecei foron borrados por unha nova e seguida emoción,
menos leda que aquela de 1931, pero igoalmente enxebre.
Cicais esta farsa non
chegue nunca ao seu destino nin produza máis bens que o que a min me prestou ao
recriala; pero fica rematada de vez e disposta para o que Deus quixer.
Nova York,1939"
Ao marxe da farsa -
Castelao
"Esta é unha obra
maxinada por un pintor e non por un literato. Por eso necesita unha serie de
deseños cooreados, que din tanto ou máis que as verbas escritas."
Castelao
 
Lela ( esquerda ) e
Micaela ( dereita ), dous dos tres personaxes protagónicos femininos ( a
terceira é Pimpinela
Ver retrinco de "Os vellos non deben de namorarse" )
Para o seu personaxe
"Lela", Castelao escribiu a letra dun fado homónimo
Ver letra da canción
A obra foi estreada no
exilio de Castelao, en Bos Aires, no ano 1941 no teatro Mayo, coa participación
do actor galego exiliado
Fernando Iglesias "Tacholas".
|