OSTRAS ESCABECHADAS
OSTRAS ESCABECHADAS - RECEITA 1
Ingredientes: (6 persoas)
ostras, 36
aceite de oliva virxe, 1/2 litro
vinagre de Xerez, 2 dl.
allo, 2 dentes
loureiro, 2 follas
cebola, 1
cenoria, 1
sal
auga
Preparación:
Nunha cazola ponse o aceite. Cando estea quente, engádeselle os allos, a
cenoria cortada en xuliana, a cebola e o loureiro. Unha vez rustrido
envórcaselle o vinagre de Xerez, (ou de Módena, preferentemente), e
dáselle unha pequena fervura. Mentres tanto, ábrese, límpase e
branquéase a ostra, cocéndoa lixeiramente. A continuación, déixanse
macera-las ostras no escabeche unhas 24 horas Sérvense frías ou a
temperatura ambiente.
Restaurante Casa Solla
