Orquestra de Cámara Galega
Unha orquestra galega xove, de xoves galegos que interpretan autores galegos

Por xentileza do poeta Manrique Fernández chegou a nós o CD da Orquestra de Cámara Galega que inclúe pezas de:
Rakov ( Sinfonietta ) - compositor ruso
Elgar ( Serenata para cordas ) - compositor inglés
Rogelio Groba Otero ( Divertimento para cordas ) - compositor galego
Rogelio Groba Groba ( Catro bagatelas para cordas e Canto de berce ) - o noso célebre compositor galego ( Ver a súa última ópera )

A presentación do compacto e perfeita, en forma de tríptico, cun caderniño en galego, castelán, francés e inglés, editado por Boanerges.

A orquesta de cordas está integrada por:
Rogelio Groba Otero, Beatríz Rodríguez Caridad, Javier Cedrón Fernández, Enrique Agrelo Otero, Ernesto Riobó Montoto, Ricardo Rodríguez Morente, Sergio Añón Lijó, David González Martínez, Juan Cabalar Figueiras, Manuel Darriba Pereira e Domingo Etcheverría Laredo en violíns. Mónica Silva García e Sergio Sieiro Rey en violas. Clara Groba Otero, Emma Urango Muelas e José Ramón Rocha Puga en violoncellos. José Adolfo Alemany Alemany en contrabaixo.
FOTO: Clara e Rogelio Groba Otero
Rogelio e Clara Groba Otero son os fillos de Rogelio Groba Groba. O primeiro compuxo o Divertimento para cordas en este CD, onde tamén interpreta o solo de violín xunto a súa irmá Clara que executa o solo de cello.
Está auspiciado pola "Asociación Gallega de Música de Cámara" e pola Radio Galega.
A Orquesta de Cámara Galega foi creada no ano 1995 por músicos galegos provenintes do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Difunde maiormente autores galegos coma Gaos, Quiroga, Montes, Seoane e Roxelio Groba entre outros.
O Divertimento para cordas do xoven Rogelio Groba Otero pereciume dunha atmosfera increibel, chea de misterio, suspenso e patetismo. As interpretacións del e máis á da súa irmá Clara, impecabels.
A pista 11 correspondente ó movemento "Natural" das Catro bagatelas para cordas de Rogelio Groba Groba e meu prefirido, non porque teña acordes da muñeira de Lugo coma a Obertura 1812 de Tchaicovsky os ten da Marsellesa ( que tamén é boa isa referencia do autor), senón porque é unha peza que elévano a un polo aire, cunha enerxía admirabel. Mágoamente, no renegar do seu berce galego, tráelle ó seu autor falla de popularidade aínda que xa sabemos que a hestoria escribea a fagundaxe dos fardantes.
Estou a escoitalo mentras escribo e é increibel que sexan
cordas únicamente, llenan todo o espazo e cando surxe o violín chega o cume
cunha presencia formidabel. 
En definitiva, un CD que ten que ter quen sexa galego e goste da música clásica, un producto de calidade tanto na súa presentación como no seu contido.
