Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

MORCILLO ESTUFADO



morcillo estufado

crtvg.es

MORCILLO ESTUFADO - RECEITA 1

Ingredientes: (4 persoas)

morcillo, 1 kg.
cebolas medianas, 2
porros, 2
cenorias, 4
allos, 2 dentes
tomiño, 1 rama
tomates, 3
loureiro, 1 folla
noz moscada, 1 chisco
viño branco, 1 vaso
coñac, 1 copa

Guarnición:

nabos retorneados, 1/4 kg.
cenorias, 1/4 kg.
pataca pequena, 1/4 kg.

Preparación:

Tállase o morcillo en anacos regulares e pásase por fariña. De seguido, refóganse nunha pota con aceite quente e engádense as legumes, o tomiño e o loureiro. Rémexese todo e, logo, bótase o viño branco e o coñac. Cando estes perdan á forza do alcol botámo-lo caldo branco, que teremos feito con anterioridade con ósos, anacos de carne e legumes brancas. Unha vez cocido o morcillo apartámolo para outra pota e esmiuzámo-la noz moscada; pasámo-lo prebe por un coador e servímo-la carne co prebe esparexado por riba. 

Restaurante Ponteareas