Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro
Manifesto "Máis alá" (1922)
I
O xesto
Os vellos
A nosa razón
O ruralismo
Os devanceiros
II
"Pollitos bien"
Tamén hai outros
III
Nós
A fala
Desbotando
Individualismo
IV
Mocidade!
Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito
semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade
intelectual da nosa
Terra.
O xesto
Non nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras
publican manifestos máis ou menos literarios.
Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo ismo que
aparece querendo ser a deriadeira verba da moderna Estética cando, en
verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco
invade a.Liieratura.
Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte,densa e implacable
contra os vellos.
Os vellos
· Os vellos non son os que escribiron ha= moitos anos -ueles son os
devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no
antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respetar ás
devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en
vida, baixo a lousa inrnábil da súa vulgaridade, pola acefalia que supón
o desexo de definir co pasado a hora de hoxe. Esta gafuara, de ser
leigada a si mesma, debera irse, por exemplo, a Madrid, metrápole
peninsular da barbarie civilizada, onde a súa teimosía anti-cronolóxica
encadraría moi ben, completando aquel ambiente de inferioridade. Pero é
a nosa desgracia que non só non fan =so senón que aínda teñen o
pretendemento, que en parte conseguen, de pasar por persoeiros da nosa
cultura; e isto con outras cousas máis, é o que non pode seguir sendo.
A nosa razón
Non é que nás adoezamos do tan extendido andacio de desbotar o vello por
sistema e sen razón, cousa que se ve facer a miúdo ás Juventudes doutras
terras. É que xa va= tendo carácter crónico a atrofia de sensibilidade
na maioría dos que escriben en galego, e arneázanos o contaixo do pobo
se non se atalla o mal, Este contaxio arrepiente será unha realidade se
a xeración galega que hoxe medra ó acougo das Irmandades Nacionalistas,
chega a tomar por mestres de sensibihdade os nosos prestixos literarios.
Tida en conta a importancia primordial que a Arte ten nos rexurdimentos
raciais (miudean os movementos
nacionalistas que comenzan polo arredismo artístico) chegaremos a coidar
senán fracasado polo menos de remota eficacia o actual movemento
rexurdente na Galicia se non se consegue un troque radical no aspecto da
nosa Literatura. Porque é pretender andar cos pes atados o tratar de
libertarnos dos trabamentos externos sen facer antes o mesmo coa
podredume interior.
O ruralismo
Os nosos poetas, dende os precursores ata os seus herdeiros actuais, non
serviron máis que para embrutecer o noso sentimento. Esta verdade,
espallada ás catro ventos, seria o verdadeiro comenzo da loita xeral
galeguista, Porque o voluntario castramento espiritual e colectivo que
supón na Galicia a existencia do caciquismo. da ignorancia. do
renunciamento á vida e á dignidade, cómpre anulalo antes que no terreo
pohtico-social, no senso estético.
Unha conveniencia estética pura e enxebre é o primeiro paso da volta a
nás mesmos. E o máximo crime de lesa patria é un verso dese xeito que
pregoan as ras da lagoa
académica querendo irnpor o seu anacrónico croar por riba de toda voz
nova, ceibe e ceibista. Porque ese fato de eunucos literarios, de
espírito choldo e ateigado
dunha declamatoira cursilería palabreira, son os que farán arre egar de
si mesmo a calquera bo galego de espírito amplexo e depurado que coide
ver neles a alma
da raza.
Mentres que tódalas culturas europeas foron erguendo, de pouco tempo
acá, mausoleos de escuridade encol dese xeito de mortos en vida, ¿que
espectáculo é o que damos en Galicia?
Momias que fan esculturas á súa imaxe e semellanza. Mentres eles,
cinguidos ó pasado, seguen cicelando estatuas feitas, fagamos nós, coas
nosas inquedanzas,
unha nova figura, grotesca quizais pero nova ó fin, para retábulo dos
tempos.
Os devanceiros
Diciamos no comenzo que respetábamos os devanceiros, pero queremos facer
constar que non é nado este respeto nin na admiración nin na
inferioridade nosa. Nós non admiramos a ninguén nin nos coidamos
inferiores a ninguén. 0 noso respeto vén de que eles non tiveron culpa
de vivir nun tempo de choída incultura castelá.
Inda que nos esforzaramos por atopar algo de bo nos precursores, o noso
trabarlo sería infructuoso. Nós non podemos ollar sen carraxe o
baixo e noxento ruralismo de Losada. Nin ese interés en converter o
galego na fala intérprete de tódalas indecencias e vulgaridades que
tiveron Losada e a maioria dos "mestres" menores. Nin a baldeirez
verbalista, importación madrileña e con isto xa se di todo, de Curros.
Non podemos prestar a nosa louvanza á socorrida e ridícula "posse" do
falso romantismo, enfermidade de moda naquel tempo, que chegou a
deslucir algunha das páxinas verdadeiramente nosas, grandes e persoais
de Rosalía. Nin interesarnos polo estreito
xeito de Pondal, que tan só puido ser un imperceptible eco da
grandiosidade dos rumorosos e da maxestosa paganía bárdica. 0
herdo dos devanceiros redúcese pois a un exemplo de vontade e
patriotismo, espido de toda eficacia literaria como non sexa pola
reacción que produce o desagrado.
II
"Pollitos bien"
Comenzaremos invocando a Valle-Inclán. Mestre: Chamámoslie mestre
por ser vostede o "mestre" da Xuventude Imbécil de Galicia. Noso
non; que, endebén, sabemos comparar a súa modernidade coa cobardía do
debre tan só pode vivir
facendo claudicantes concesións ó forte. Non tería o seu nome
acolleita nestas liñas se quixeramos tan só chamarfle aquilo. Pero ten
que ser ó falar dese fato de cabezas focas, nenos "foulard e de rubi",
engaiolados polo innegable prestigio da prosa e da ridícula mentira
dunha epopeia aventureira que vostede, unha e outra, falsifican. Sabemos
que con intermedios himnarios ó Gran Pontifice da baldeireza en traxe de
festa (Este Gran D. Ramón ...) entran a estrago pola fala meseteira, con
gran desprestigio dela, por certo. Tamén sabemos que adoecen de
imbecilidade, inxénita ou contaxiada, e que a vostede lle debemos
o telos levado para "alá". Isto derradeiro é cousa que nunca ben lle
agradeceremos.
Agora, o que quixeramos conseguir da súa incensada personalidade sería
que intensificase a campaña castelanizante porque nos arrepía o
pensamento de que
eles se coidasen chamados por estas nosas verbas de mocidade e chegase
algún a desertar de la "lengua de Cervantes" para vir a baldeirar na
nosa Fala as produccións do seu serrín encefálico. Esto estaría moi mal.
Mal para o castelán, idioma oficial da cursilería, que, polo mesmo ten
dereito a aquelas cousas, e mal para o galego, digno de moita meflor
sorte. E a vós, pobriños mamaleites literarios, desexámosvos
cordialmente que calquera día vos publiquen un verso na derradeira fofia
dunha desas indixentes revistas madrileñas, doada palestra dos vosos
esforzos, que é o máximo desiderátum voso, Madrid precísavos para
personaxes da súa opereta
Tamén hai outros
Hai os que teñén algún valor e desménteno expresándos en castelán.
A estes só queremos recomendarlles que escriban en catalán, inglés ou
francés. Extranxeira por extranxeira, vale máis unha fala de Europa que
a da Meseta. , Hai os galegos capacitados para vivir hoxe que, por
rutina, seguen ollando para atrás. Porque agardamos a súa conversión, só
queremos dicirlles que xa é hora. Hai os dunha certa clase derradeira,
dos cales abonda con... non falar deles.
III
Nós
Despois de ter dito que non traernos pretensións doutorais nin doutro
xeito semellante, xa non cómpre dicir que estarnos moi lonxe de querer
impor ningunha concreta lexislación estética.
Cansos xa de percorrer canijos vellos e fracasados, temos arrenegado de
todos eles; pero non queremos sinalar un camino determinado. A nosa
ruta, nos primeiros pasos,
quere tan só coñecer por onde non debemos ir: tódolos outros caminos
poden ser nosos. ANovidade que enxerguemos é tan só un anedamento, un
ceibamento do pasado sen a definición da súa resultanza: isto é
arbitrariamente persoal,
E aquí cómpre que manifestemos a falla de creto que nos merece a gran
parte dos novos "movementos" literarios e artísticos, con ningún dos
cales, enténdase ben, queremos que se trabuque a nosa rebeldía.
Porque case todos eles esquecen unha daquelas dúas bases. Ou son un
negamento non só do pasado se nón de tódolos tempos e tódalas cousas,
dende o bo gusto ata a razón máis rudimentosa, ou queren encadrar a
estética actualista en dogmáticos pieceptos, todo o novos que se queira
pero pouco respetosos, dende logo, coa anárquica dilecn individual.
A fala
Tamén nos temos, inda que noutra orde, os nosos imperativos, e
comenzamos pola máis agresiva intrasixencia na Fala. Unha fala que non
estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os
estancamentos de verdugos armados de gramática que; a -emparedasen nun
feixe de regras como quen garda un mito en sete uchas concéntricas, terá
que ser unha fala de inmellorables posibilidades porque o seu estado
ceibe permitiralle axeitarse a tódalas navidades, a tódolos variamentos
porviristas que tome o noso gusto. E consentirafle o seu indelineamento
ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el
escravo dela.
Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa Fala é nosa. Pospola a
outra calquera, é unha forma do suicidio. Esta nosa exaltación do Verbo
tamén quere dicir algo ós vellos e castelanizantes. Algún deses
escribidores híbridos. bilingües queremos dicir, que fan da literatura
algo así como un deporte que favorece a dixestión, arrecada o galego
cada vez que quere dicir unha estupidez moi grande, reservando o
castelán para cando coidan ("eles") que están en razón. A maximidade da
devoción que temos pola nosa Fala, pódelles dar a medida do desprecio
que sentimos por
eles.
Desbotando
Arrenegamos de mestres e dos seus consellos. Toda voz allea tende a
excusar a nosa sinceridade. que é sagra porque é a nosa vida e debemos
espertala a non ser
desleigados a nos mesmos. Arrenegamos da Le= e do Costume. Cada importa
alleeira vén a roubarue á nosa mocidade unha á. Arrenegamos dos temas
obrigados. É vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentres non se
teña feito todo o que cómpre por anulala. 0 pranto e a elexía, fixeron
coidar ós alleos que somos un pobo de mulleres.Como bos cidadáns da
futura República Gale gardemos os nosos cantos
patrióticos para o día en que deam s o vento a sua Bandeira e non poidan
ser testigos da cobardía e da mansedume. A literatura paisaxista ó deito
de fotografía iluminada
con notas de turista burgués é a maior caloña da nosa paisaxe, que aínda
agarda a sensibilidade complexa do noso tempo para ser interpretada.
Arrenegamos de toda imitanza. A dos vellos en nome da Vida; a dos nosos
en nome da Novidade.
Individualismo.
Consagramos a individualidade ata o extremo de desexar que a definición
de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome.
IV
¡Mocidade!
Agora cómprevos dicir, mozoa da nosa Terra, se pensades seguir indo
costa abaixo polo tempo ou encarados co porvir.
Se queredes libertarvos do xerme da veller e da morte. Se queredes
adonarvos da vosa mocidade ou seguir sacrificándoa nun altar de Mitos e
Fracasos.
Cómpre romper a marcha pola mesma estrada que fagamos cos nosos pasos e
afrontar nela unha peregrinaxe sen chegada, porque en cada relanzo do
camiño agárdanos unha voz que nos berra: ¡Máis alá!
Fonte
:
Mil primaveras máis
(Roberto Abalde)
