Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

LUMBRIGANTE Á CREMA DE QUEIXO FRESCO



lumbrigante á crema de queixo fresco

crtvg.es

LUMBRIGANTE Á CREMA DE QUEIXO FRESCO - RECEITA 1

Ingredientes: (2 persoas)

lumbrigante, 1 dun kg.
gambas, 4
queixo fresco
crema de leite
escaluñas
"Fumet" de peixe
sal
pementa
coñac
manteiga

Preparación:

Ásase o lumbrigante no forno uns doce minutos; unha vez asado límpase de todo e córtase en láminas. Nunha tixola ponse a manteiga, engádenselle as escaluñas cortadas finas e refógase un pouco; bótaselle o lumbrigante e as gambas e, de seguido,flaméxase con coñac. Sácase o lumbrigante e as gambas, bótaselle un pouco de fumet e o queixo fresco e espérase a que se ensuma un pouco; a continuación, bótaselle a crema de leite, un pouco de sal e pementa. Déixase que se coza uns 10 minutos ata que quede ligada e pásase por un coador. Para rematar, tápase o lumbrigante e as gambas coa crema. 

Restaurante Rías de Galicia