LEITE FRITIDO
LEITE FRITIDO - RECEITA 1
Ingredientes:
leite, 1 litro
maicena, 75 g.
azucre, 80 g.
ovo, 3 xemas
canela, 1 pao
limón, 1 casca
manteiga, 100 g.
Preparación:
Poñemos a ferve-lo leite, a manteiga, a canela e o limón xunto co
azucre (deixamos un pouco leite frío para engadirlle a maicena). Cando o
leite estea fervendo, botámo-lo leite frío e trabállase uns poucos
minutos. Posteriormente, vérquese nunha placa e déixase enfriar. Unha
vez frío, córtase en porcións, envólvese en fariña, en ovo e frítese.
Restaurante Casa Vilas
