Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

LAMPREA "Ó NOSO ESTILO"



lamprea ao noso estilo

crtvg

LAMPREA "Ó NOSO ESTILO"

Ingredientes: (8 persoas)

 lampreas (do Miño, sobre 3 Kg.), 3
 xamón do país, 250 grs.
 cebola, 1
 allos, 4
 aceite (oliva puro), 1/4 lt.
 Xerez doce, 1 copa
 Xerez seco, 1 copa
 viño tinto do Ribeiro, 2 copas
 brandy, 1 copa
 sal
 arroz branco (como gornición)
 rebandas de pan de molde (como gornición), 4

Preparación:

Nunha pota con auga moi quente, póñense as lampreas uns minutos. Sécanse e cun coitelo ráspaselles ben a capa xelatinosa que levan adherida á pel. Unha vez limpas, introdúcense noutra cazola e bótaselle-lo viño tinto. Inmediatamente despois, córtanse en anacos quitándolle-las cabezas, as tripas e o rabo. O sangue que se vaia desprendendo mestúrase co viño que está na cazola e cos distintos ingredientes nomeados máis arriba. Unha vez limpas e cortadas póñense a cocer uns 15 ou 20 minutos. Sérvense nunha cazola de barro. A gornición, pode ser un pouco de arroz branco e uns anacos de pan frixido.

O axeitado para este prato é un viño tinto de Amandi.

Restaurante Sanmiguel