Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

LAGOSTA THERMIDOR



lagosta thermidor

LAGOSTA THERMIDOR - RECEITA 1

Ingredientes: (4 persoas)

lagostas, 2 de 600 a 700 g. cada una
bechamel, 1/4 l.
nata, 2 dl.
aceite de oliva, 1 chorro
brandi, 1 copa
xemas de ovo, 3
manteiga, 50 g.
queixo relado, 50 g.
puré de pataca, 200 g.
charlota, 1
trufa, 1
sal
pemento
perexil, unhas ramas
leituga, unhas follas 

Preparación:

Ábrense á metade, baléiranse os caparazóns e cóbrese a bordura co puré de pataca. Nunha tixola frítese a charlota e bótaselle a lagosta cortada en anacos pequenos, pícase a trufa, flaméxase co brandi e ponse o bechamel, a nata e as xemas de ovo. Énchense as lagostas e gratínanse co queixo relado, quedando unha cor dourada. Pásase a unha fonte con blonda ou sírvase directamente. 

Observacións A lagosta cócese nunha pouca auga (só que a cubra), con bastante sal, vinagre e loureiro uns 18 ou 20 minutos. 

Restaurante Puesto Piloto Alcabre