2.168.223 páxinas vistas no 2009 verificadas por AWStats sin un centavo da Xunta. Colabora con nós aquí >>>


    

 
   

 

GALLAECIA: A GALICIA ROMANA



Os romanos practicaron un modo peculiar de dominación sobre os territorios que foron conquistando. Na maioría dos casos, como ocorreu en Galicia, non se limitaron a controlar militarmente o territorio, senón que abriron un proceso de progresiva asimilación cultural. A romanización canalizouse a través da lingua latina, a relixión imperial e as formas artísticas, a presencia militar ou o trazado da rede viaria. 

Durante o período flavio (a fins do s. I), Galicia viviu a fase máis intensa desa romanización. A presencia romana en Galicia coñécese a través dos testemuños arqueolóxicos e das fontes literarias. A conquista do territorio galego englóbase dentro do proceso de culminación da ocupación da Península Ibérica. Os romanos sentíronse desde un principio especialmente atraídos polas riquezas mineiras que escondía (segundo tódolos rumores) o noroeste peninsular. 

Nunha primeira fase lanzaron as súas campañas militares desde Lusitania: no 137 a. C. "Décimo Xuño Bruto", a quen despois alcumaron "O Galaico", alcanzaría o Miño. Posteriormente Craso, Perpena e o propio Xulio César (61-60 a. C.), quen chegou por vía marítima ata Brigantium (A Coruña), protagonizarían novas expedicións militares.

Nun segundo momento xa, as campañas partiron do territorio cántabro-astur, sendo o propio Augusto quen culminou a anexión de Gallaecia,entre os anos 29 e 19 a. C.

Trala conquista, as terras do noroeste integráronse na provincia de Lusitania e, a seguir, na denominada Hispania Citerior. Non foi ata o Baixo Imperio, con Diocleciano (a finais do s. III), e dentro da reestructuración xeral do Imperio, cando aquelas adquiriron o rango de provincia e asumiron a denominación de Gallaecia.

 

 

Rede viaria e urbana

O emperador Augusto fundou as tres cidades que constituirían o eixe fundamental da Gallaecia romana, converténdose, ó mesmo tempo, en capitais dos seus respectivos conventus iuridici: Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga)

 

Tempo despois a produciuse a eclosión urbana do territorio, coas fundacións de Aquae Flaviae(Chaves), Iria Flavia(Padrón), Flavium Brigantium(A Coruña) ou Flavia Lambriaca (Betanzos). 

 


Muralla de Lugo

             

 

 

 

 MURALLA ROMANA DE LUGO

 

 

 

 

 

 


Comezou tamén un proceso de modificación no tipo de hábitat. É o momento no que comeza o abandono dos castros e se inicia a ocupación das terras chás. A partir do Baixo Imperio pódense rastrexar con toda claridade os asentamentos rurais típicos do mundo romano: as villae, ou explotacións agrícolas.

A conformación dunha rede viaria foi fundamental para a romanización . A partir das calzadas desenvolvéronse os principais núcleos de poboación, establecéronse os lazos económicos, etc. 

Calzada romana en Ourense

 

 

 

 

 

 Calzada romana na provincia de Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

En Galicia son coñecidos dous campamentos militares romanos: o de Cidadela, en Sobrado dos Monxes (A Coruña), e o de Aquis Querquennis, en Baños de Bande (Ourense).

Os romanos chegaran a Galicia atraídos polas riquezas mineiras. Puxéronse en funcionamento importantes minas que rendían altísimos beneficios ó Imperio. Os romanos lucráronse, sobre todo, de xacimientos de estaño, prata e ouro. Para iso practicáronse diferentes métodos de explotación: aproveitamento das areas auríferas dos ríos (Montefurado-Sil), minas a ceo aberto (O Courel) ou o sistema de ruína montium, baseado en fura-las montañas e lava-los residuos (Médulas de León).

Os galaicos mantiveron a súa gandería e a súa rudimentaria agricultura hortícola, que por entón experimentou unha transformación intensa, introducindo novos cultivos e técnicas.

Cos romanos chegaría a Galicia o cristianismo que se mesturou cos costumes pagáns e tamén a lingua latina que evolucionou cara ó galego que dende o século IX xa estaba moi diferenciada do latín.

 

 

 

Mapa antigo de Galicia

MAPA ANTIGO DE GALICIA

 

 

 

 


--< Bibliografía consultada: "Galicia 2001: Historia de Galicia", Xunta de Galicia.-

 


www.galespa.com.ar

 

 

 

 

 
   
 

 

  

Os puntos bermellos no mapa son as visitas. Ver: Estatísticas provistas por AWStats. Ver:
Locations of visitors to this page Estatísticas Galicia espallada

2008

Estatísticas Galicia espallada

2009

Si quiere un sitio web con estos resultados de posicionamiento escríbanos a contacto@serviwebsi.com : bajos costes, altos resultados

ESPAZO DE PUBLICIDADE:

 

TENGA SU SITIO WEB

 

PARA TODOS LOS PRESUPUESTOS Y CON LA MEJOR RELACIÓN COSTE-CALIDAD

 

Planes desde 125 Euros anuales, incluyendo dominio internacional y hosting.

Muy buenos resultados, obtenga más por mucho menos.

 

PLAN MICROWEB  1 PÁGINA 3 CASILLAS DE EMAIL  € 125 ANUAL ( COSTO DE DISEÑO BONIFICADO ) Ver detalles  >>> 

PLAN PYME PLUS  7 PÁGINAS 5 CASILLAS DE EMAIL 100 MB HOSTING € 375 ( 250 DE DISEÑO Y 125 DE DOMINIO Y HOSTING ANUAL )   Ver detalles  >>> 

PLAN PREMIUM VIP 15 PÁGINAS 10 CASILLAS DE EMAIL 200 MB HOSTING € 680 ( 30 € CON 8 ACTUALIZACIONES MENSUALES )  Ver detalles   >>> 

Todos los planes incluyen dominio internacional.

 

EXPERTOS EN POSICIONAMIENTO SEO WEB, APAREZCA EN LOS PRIMEROS PUESTOS DE GOOGLE  >>>

 

SERVIWEB SERVICIOS INFORMÁTICOS - WWW.SERVIWEBSI.COM - CONTACTO@SERVIWEBSI.COM

 

Diseño Servi-Web

 

 

SEOmoz Linkscape Score: 6