BRITONIA
ten orixe no territorio xerárquico ou Bispado do
Reino Galaico establecido polos inmigrantes bretóns ó
nordeste galego desde o século V, que posteriormente se denominaría
Provincia de Mondoñedo ata a
desaparición do Reino de Galicia no
séc.XIX.
É
unha comarca que está moi ligada ó mar e á terra, situada na provincia de
LUGO. Linda co Mar Cantábrico ó norte, con Ortegal ó Oeste e
Asturias ó leste, e mais coa Terra Cha e A Fonsagrada ó Sur. Nestas terras
de Britonia, pódese atopar no oeste a Burela, Viveiro, Cervo, no centro a
Barreiros; Bretoña, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, o este a Castropol
, Navia, Veigadeo.
Os seus ríos máis importantes son : o Navia, Porcia, Landro e Sor e os seus
cabos máis importantes son o Cabo de Bares, Ponta Roncadoira e Cabo de San
Sebastián.
Esta area foi habitada desde o ano 1.300 a.C. polos
Galaicos, celtas pertencentes á familia lingüística do
Gaélico Irlandés e Escocés. Despois estas terras repoboadas por
sucesivos continxentes de celtas bretóns cristianizados que arribaban ó
norte de Galicia fuxindo da invasión saxona da provincia romana de
Britannia. En tempos do Reino Galaico-Suevo
da baixa Idade Media, foilles concedida a organización política e relixiosa
do nordeste do Reino, a partires de aquela coñecido como
"Bispado de Britonia".
O Bispado de Britonia gozou de grande prosperidade económica e política no
Reino de Galicia, sendo base de apoio e refuxio dos notables do Reino e
desenvolvendo tanto o comercio con Europa como o aproveitamento dos recursos
internos. A destrucción da capital de Bretoña polos viquingos causou o
traslado da Sede á vila de Mondoñedo, que desde entón cedería apelativo á
Provincia homónima, entrando nun período de decadencia que culmina coa
cesión a Oviedo das terras entre os ríos Navia e Eo.
A VILA DE BRETOÑA E OS BRETÓNS DE GALICIA
A vila de Bretoña foi capital das terras dos
bretóns nos primeiros séculos do Reino de Galicia e tamén, neses anos de
esplendor, foi a Sede do Bispado de Britonia, cabeceira relixiosa e política
da provincia bretoñesa.
Nos séculos IV ó VI, milleiros de celtas da provincia romana de
Britannia
abandonaron a súa illa natal. Os máis deles foron asentarse na
Península de Armórica, creando o florecente
Reino de Bretaña, en tanto que un grupo máis reducido se dirixiu a
Gallaecia, onde fundaron un Bispado-Provincia de grande
influencia que perviviu ata a eliminación do Reino de Galicia no séc.XIX.
Os novos chegados asentáronse co beneplácito dos reis galaico-suevos na costa
desde Ferrol ata o Navia, establecendo a súa sede en Bretoña e participando
na política do Reino gracias ás súas privilexiadas relacións co Bispado de
Dume, capital do Reino Galaico-Suevo na época. Destruída a capital de Dume
na anexión visigoda, os notables do Reino refuxiáronse temporalmente nas dos
bretoñeses, que trasladaran a súa capital a San Martiño
de Mondoñedo, tras ser destruída a vila de Bretoña na invasión
viquinga de 966-971.
No séc.XII, o oriente de Britonia é cedido ó Bispado de Oviedo e
paulatinamente a denominación do
Bispado-Provincia
de Bretoña e das súas terras muda a "Mondoñedo",
desaparecendo xa formalmente o seu primeiro apelativo no séc.XIII. A
orixinal sede de Britonia constitúese en 1821 como Concello de Vián, para
pasar a ser desde 1840 Terras da Pastoriza.
Os bretóns-galegos ou bretoñeses
gozaron dunha extraordinaria importancia nos primeiros séculos do Reino de
Galicia. Politicamente, apoiaron activamente ao Bispo de Dume, educador e
conselleiro de reis galegos. Relixiosamente, reforzaron a
Igrexa Celta de Galicia, modelo organizativo da cristiandade medieval
propio de Irlanda, Escocia e a Britannia celta, Armórica
e Gallaecia. Culturalmente, os bretoñeses integráronse axiña pola
pertenza á común familia étnica, aínda que os da Britannia deron en influír
sobre a lingua galega da súa área de asento, orixe do "Dialecto
Mindoniense".
Ben que o antigo "celta goidélico galaico"
influencia fortemente o actual idioma galego, o establecemento dos
continxentes bretóns deixou pegada en toponimias como Mogor (castro), Lan ou
Pol (parroquia). Nos territorios habitados por bretoñeses sitúase unha bolsa
dialectal do idioma galego coñecida có nome Area
Mindoniense.
.
A igrexa parroquial de Santa María de Bretoña é o
único vestixio conservado da antiga capital dos bretóns durante os primeiros
séculos da Idade Media. Aínda que ten unha edificación recente, a igrexa
actual foi erixida sobre as ruínas do antigo mosteiro principal das terras
de Britonia, e conserva varias pedras da súa primixenia edificación, máis
unhas escavacións feitas nos anos 1970 deixaron á luz a extensa estructura
do orixinal mosteiro, descubríndose nobres sartegos e divisións cubertas
dunha capa de cinza en recordo do terror viquingo que destruíu a principal
fonte de poder bretón en Galicia.
Bretoña é unha vila orgullosa das súas orixes e
tamén do seu futuro... é cabeceira agrícola-gandeira da comarca. Cada ano
organizase unha Festa Celta, ou da "Irmandade
Galiza-Bretaña", promotora de intercambios económicos e
culturais entre as dúas "celtias continentais". A Festa
do Lugnasad de Bretoña celébrase cada verán no meigo couto da
Auruxeira, con masiva asistencia de bretoñeses de toda a antiga provincia.
Tamén hai unha sonada Rapa das Bestas.
.