GRELLADA DE MARISCO
CRTVG.ES
GRELLADA DE MARISCO - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
ameixas, 400 grs.
gambas, 1 libra
lagostinos, 1 libra
nécoras, 800 grs.
santiaguiños, 800 grs.
cigalas, 800 grs.
lumbrigante, 1 de 600 grs.
lagosta, 1 de 600 grs.
camaróns, 400 grs.
aceite
sal
leituga
limón
laranxa
perexil
Preparación:
Póñense as nécoras en catro anacos cada unha. Pártense pola metade os
santiaguiños, as cigalas, o lumbrigante e a lagosta. Sálgase todo ben,
poñendo os ingredientes nunha grella quente con aceite. Cando todo estea
ben dourado, póñense nunha fonte adobando con limón, laranxa, un mañizo
de perexil e unhas follas de leituga.
Restaurante Alberto
