¡ Ai ! ...
( Manuel Curros Enríquez )
¿Como foi?... -Eu topábame fora
cando as negras vixigas lle deron;
polo aramio súa nai avisoume
i eu vinme correndo.
¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos
revolveu cara a min os seus ollos.
Non me viu... e chorou... ¡ai!, xa os tiña
ceguiños de todo.
Non me acordo que tempo me estiven
sobre o berce de dor debruzado;
sólo sei que me erguín co meu neno
sin vida nos brazos...
Volboreta de aliñas douradas
que te pousas no berce baleiro,
pois por el me perguntas, xa sabes
qué foi do meu neno.
("Aires da miña terra", 1880)
