Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

COSTELETA DE BOI

Costeleta de boi
 

( O boi é o touro castrado. )

 

COSTELETA DE BOI

Ingredientes: (2 persoas)

costeleta, 1 de 1,250 kgs.

sal

Preparación:

Faise lume con leña de carballo nunha grella ata conseguir un rescaldo forte. Sálgase a costeleta polos dous lados e colócase sobre a grella. Unha vez que fumegue a carne dáselle a volta, asándoa a gusto do consumidor. Se a carne se desexa pouco feita o lume deberá ser máis forte e, loxicamente, terá que estar menos tempo. En caso contrario, asarase máis tempo coas ascuas non tan vivas.

Restaurante Chocolate