CORDEIRO
CORDEIRO GUISADO Á BRETONA - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
paletas de año, 4
aceite de oliva, 1/4 l.
loureiro, 2 follas
perexil, 1 rama
fabas asturianas, 400 g.
allo, 4 dentes
cebolas picadas, 2
cenorias, 52
porro, 1
tomates maduros, 2
fariña, 50 g.
azafrán, 1 papel
pemento doce, 1/2 cullerada
sal
pementa
viño branco, 1 vaso
consomé, 1/4 l.
Preparación:
Córtanse as paletas en anacos pequenos e poñemos sal, pementa e pásanse
pola fariña. Nunha cazola dourámolos e poñémo-los allos picados, a
cebola e a cenoria, os tomates, o azafrán e o viño. Déixase refogar un
pouco e ponse o consomé, tápase e déixase cocer lentamente, dándolle
voltas para que non se pegue.
Nunha cazola cócense as fabas remolladas do día anterior. Nun cazo con
tapa ponse 1/2 l. de auga fría, unha cebola picada, un chisco de aceite
e o pemento cun pouco sal. Déixanse estufar e unha vez cocidas bótanse
no guiso quedando listo para servir.
Restaurante Puesto Piloto Alcabre
COSTELETAS DE CORDEIRO VILLAROY - RECEITA 2
Ingredientes: (4 persoas)
costeletas de cordeiro, 2 kg.
bechamel
fariña
ovo
pan relado
aceite
sal
patacas de Galicia
Preparación:
Frítense as costeletas pasadas por fariña e déixanse enfriar. Faise unha
salsa bechamel e cóbrense as costeletas con ela, despois, pásanse por
ovo batido e pan relado e frítense en abundante aceite. Servir con
patacas palla, chícharos e tomate.
Restaurante Casa Simón
