Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

O BOTAFUMEIRO DA CATEDRAL

Botafumeiro da Catedral de Santiago de CompostelaUn dos símbolos máis coñecidos e populares da catedral de Santiago é o enorme "botafumeiro" que se pendura da bóveda central en ocasións especiais. 

O botafumeiro, enorme incensario - na actualidade de latón prateado e noutros tempos de prata- ten un peso de 53 quilos e é capaz de ser balanceado chegando a atinxir velocidades de 70 quilómetros por hora e elevándose ata 20 metros de altura. Dese xeito, cando se pon en funcionamento dá lugar a unha espectacular cerimonia.

Se podería dicir que o botafumeiro xurdiu por necesidade de resolver un problema sanitario. Durante os escuros séculos do medievo, azoutados polo vandalismo e as pestes, os peregrinos, por miles, se protexían entre os muros de pedra da Catedral non só para elevar as súas pregarias e promesas ó Apóstolo Santiago se non tamén para durmir e guarecerse do mal tempo, das chuvias e da friaxe. 

Di a lenda que cara o século XI da nosa era,  os monxes e canónicos da catedral, saturados pola aglomeración humana que se producía e tras padecer a cidade varias epidemias, encargaron a construcción dun enorme aparello que servise para paliar tan desagradable situación. 

Estaba calculado para que ó balancearse, puidese derramar o doce olor do incenso sobre a multitude de peregrinos, actuando como desinfectante e dulcificando o cheiro do espacio sagrado. A ese enorme incensario de prata, de máis dun metro e medio de altura, chamóuselle en lingua galega e castelá "botafumeiro".

A finais do século XVI substitúese a peza medieval por outra construída por Juan Bautista Celma quen deseñou unhas pontes cruzadas de ferro e uns carretes, os cales permitían o funcionamento do botafumeiro. Deste xeito, sen sabelo , Celma, puxo en práctica un mecanismo que obedecía a principios físicos que tardarían séculos en descubrirse.  Este botafumeiro, ofrenda do rei Luís XI de Francia, estaba elaborado en prata. Foi roubado polas tropas francesas en 1809 durante a Guerra da Independencia. Entón tivo que ser substituído por outro máis moderno e menos ostentoso:  da prata pasouse ó latón prateado. 

As persoas encargadas de facer funcionar o botafumeiro son os "tiraboleiros" . A súa vestimenta consiste nunha grande túnica vermella. Para facelo mover,  tiran dunhas cordas de esparto que co apoio dunha roldana situada nel conseguen que este se balancee ascendendo ata a bóveda. Tiraboleiro significa o mesmo que thuribulum, é dicir, "lanzador de fume".

Para entender como funciona o botafumeiro, pódese facer unha comparación cun péndulo ou un columpio. Este atópase pendurado dunha corda de 21 metros de longo cando a altura da bóveda de cruceiro é de 22 metros. 

Para facernos unha idea da extrema precisión que require a súa operación, o tiraboleiro inicialmente ten que facer que o botafumeiro alcance uns 13 graos e uns 17 ciclos de bombeo, que requiren uns 80 segundos para atinxir un máximo, unha altura máxima correspondinte a 82 graos, a un metro por debaixo da bóveda do templo. Ademais, para que o botafumeiro se balancee libremente evitando que poida chocar coas paredes da catedral, conta con dous carretes dos que pende.

Curiosamente, se o botafumeiro de Santiago de Compostela estivese situado exactamente sobre a liña ecuatorial, podería balancearse durante horas sen chegar nunca a tocar as paredes, mentres que se estivese xusto sobre un dos polos, xiraría unha volta completa cada 24 horas, chocando cos muros da catedral.

O botafumeiro da Catedral de Compostela é o incensario máis grande do mundo e só se pode admirar nas misas solemnes. O resto dos días é substituído por outro incensario coñecido como A Alcachofa, que tamén está realizado en metal branco.os tiraboleiros e o botafumeiro


OS TIRABOLEIROS E O BUTAFUMEIRO DURANTE UNHA CERIMONIA

 

Volver a:   Compostela e o Camiño de Santiago