COGOMELOS CON GAMBAS
COGOMELOS CON GAMBAS - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
cogumelos, 750 grs.
gambas, 300 grs.
allo, 2 dentes
aceite
sal
Preparación:
Nun braseiro con dúas culleradas de aceite quente engadímo-los cogumelos,
que con anterioridade teremos refogado cun dente de allo talladiño.
Noutro braseiro rustrímo-las gambas peladiñas cunha polgarada de allo
picado e de seguido, botámo-los cogumelos. Sazonamos todo con sal e
perexil picado. Deste xeito xa están listos para servir.
Restaurante Ponteareas
COGOMELOS CON AMEIXAS - RECEITA 2
Ingredientes: (4 persoas)
cogomelos, 1 kg.
ameixas, 1/2 kg.
cebola
allo
perexil
pementos
azafrán
chile
viño seco
Preparación:
Limpos e en anacos os cogomelos, póñense nunha cazola de barro onde,
previamente, se fixo un picado de cebolas, allo, perexil, pementos e
unha rama de azafrán. Refóganse os cogomelos e engádeselle unha copa de
viño seco e o chile. Móvese a cazola e bótanselle-las ameixas ata que se
abran.
Restaurante Casa Simón
