COELLO CON CASTAÑAS
CRTVG.ES
COELLO CON CASTAÑAS - RECEITA 1
Ingredientes: (6 persoas)
coellos, 2
castañas crúas, 1/2 kg.
xamón do país, 250 grs.
allo, 2 dentes
cebola, 1
cenorias, 2
azafrán en rama, 1 sobre
condimento, un pouco
maicena, un pouco
coñac, 1 copa
xerez seco, 1 copa
sal
aceite
Preparación:
Nunha cazola ó lume poñémo-lo coello partido co aceite e un dente de allo.
Unha vez dourado, engadímo-lo xamón, a cenoria e a cebola ben cortados
xunto co azafrán e o outro dente de allo. Botámoslle o coñac, o xerez e
un pouco de caldo branco, dándolle unha pouca de espesura ó prebe con
algo de maicena. Deixamos cocer uns 40 minutos, probámo-lo sal e
engadímoslle as castañas, que tiñamos cocido antes.
Restaurante Sanmiguel
