CHULAS DE CABAZA
crtvg.es CHULAS DE CABAZA - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
cabaza, 1 kg. de polpa
fariña, 200 grs.
azucre, 200 grs.
ovos, 6
canela
azucre "glas"
auga
sal
aceite de oliva para frixir
Preparación:
Pélase a cabaza, córtase en anacos e cócese con auga e sal. Unha vez
cocida, pásase a un escorredor e déixase secar moi ben.
Nun recipiente fondo bátense os ovos co azucre e a fariña e engádeselle a
cabaza ben escorrida. Ponse na tixola ó lume cun pouco aceite e, cando
estea quente, iremos botando, cunha culler, a cabaza, de tal xeito que
quede coma unha chula. Dáselle a volta e facémo-la mesma operación coas
chulas que se vaian preparar.
Cando estean douradas as chulas, deixámolas escorrer ben e pasámolas a
unha fonte con canela e azucre "glas" esparexido.
Restaurante Puesto Piloto Alcabre
