2.168.223 páxinas vistas no 2009 verificadas por AWStats sin un centavo da Xunta. Colabora con nós aquí >>>


    

 


CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

LELA

(Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)

Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)

Lela, Lela....

....
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

 

 

Catelao e a súa dona Virxinia

Castelao e a súa dona Virxinia

Esta fermosa canción, emblemática da música galega formou parte da única obra de teatro que Castelao escribiu: "Os vellos non deben de namorarse". Esta obra ironiza sobre o paso do tempo e o amor dos vellos polas mozas. Foi escrita en diversos momentos da década dos trinta, rematada a finais desta en Nova York e estreada en Buenos Aires en 1941 coa participación do actor galego Fernando Iglesias, "Tacholas".

Castelao deulle ao teatro galego un pulo netamente renovador; proba diso é que se preocupase non só polo aspecto textual mais tamén polo visual: el foi o encargado do deseño dos escenarios, do vestiario e das caretas dos actores.

"LELA" foi pensada por Castelao á maneira dunha serenata estudiantil compostelá cantada por un nostálxico coro de boticarios (persoaxes da obra teatral) tendo ó xeito dun bello fado de Coimbra (música tradicional portuguesa).

 

www.galespa.com.ar

 

 

 

  

Os puntos bermellos no mapa son as visitas. Ver: Estatísticas provistas por AWStats. Ver:
Locations of visitors to this page Estatísticas Galicia espallada

2008

Estatísticas Galicia espallada

2009

Si quiere un sitio web con estos resultados de posicionamiento escríbanos a contacto@serviwebsi.com : bajos costes, altos resultados

ESPAZO DE PUBLICIDADE:

 

TENGA SU SITIO WEB

 

PARA TODOS LOS PRESUPUESTOS Y CON LA MEJOR RELACIÓN COSTE-CALIDAD

 

Planes desde 125 Euros anuales, incluyendo dominio internacional y hosting.

Muy buenos resultados, obtenga más por mucho menos.

 

PLAN MICROWEB  1 PÁGINA 3 CASILLAS DE EMAIL  € 125 ANUAL ( COSTO DE DISEÑO BONIFICADO ) Ver detalles  >>> 

PLAN PYME PLUS  7 PÁGINAS 5 CASILLAS DE EMAIL 100 MB HOSTING € 375 ( 250 DE DISEÑO Y 125 DE DOMINIO Y HOSTING ANUAL )   Ver detalles  >>> 

PLAN PREMIUM VIP 15 PÁGINAS 10 CASILLAS DE EMAIL 200 MB HOSTING € 680 ( 30 € CON 8 ACTUALIZACIONES MENSUALES )  Ver detalles   >>> 

Todos los planes incluyen dominio internacional.

 

EXPERTOS EN POSICIONAMIENTO SEO WEB, APAREZCA EN LOS PRIMEROS PUESTOS DE GOOGLE  >>>

 

SERVIWEB SERVICIOS INFORMÁTICOS - WWW.SERVIWEBSI.COM - CONTACTO@SERVIWEBSI.COM

 

Diseño Servi-Web

 

 

SEOmoz Linkscape Score: 6