CANCIÓNS POPULARES GALEGAS
A música galega está emparentada coas chamadas música celta e medieval; alghunas son composicións e outras cantos anónimos do pobo, logo recollidos por estudosos como Perfecto Feixoo.
Aquí podedes escoitar en formato mp3 i algunhas delas pinchando no reproductor de musica segundo a canción que prefirades
Escoitar:
01- Marcha del Antiguo Reino de Galicia
02- Himno galego
03- A rianxeira
04- Na beira do mar
05- Muiñeira de Chantada
06- Muiñeira de Lugo
07- Aires de Pontevedra
08- La leyenda del beso
09- Pasodobre Ponteareas
10- Unha jota de Pontevedra
11- A saia da Carolina
12- Negra sombra
13- Chouteira de Mondoñedo, Lugo
14- Pousa pousa
15- O voso galo
16- Apaga o candil
17- Fado "Lela" composto por Castelao
18- Sementeira
19- Amoriños
20- Unha noite na eira do trigo
21- A Alborada gallega de Pascual Veiga
22- Un alalá
23- Música chamada medieval
24- Música do filme Corazón valiente
Ollos verdes
Ollos verdes son
traidores..
azules son mentireiros,
os negros e acastañados son firmes e verdadeiros (bis)
Na
beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña, para ir a navegar,
para ir a navegar
para ir a navegar
na beira, na beira, na beira do mar.
Cinco sentidos temos..
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos cando nos namoramos (bis)
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña, para ir a navegar,
para ir a navegar
para ir a navegar
na beira, na beira, na beira do mar
Ventiño mareiro
Teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía,
para ver os meus amores
teño que cruza-la ría,
teño que cruza-lo mar.
Teño un amor en Rianxo
que non o podo olvidar.
Non te vaias mariñeiro
á beiriña do mar
porque o vento mareiro
dá moi bo navegar.
Se navegas pola ría
de Rianxo verás,
as estrelas e a lúa
darlle bicos ó mar.
A Carolina
A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle o rabo.
Bailache, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
A Carolina é unha tola
que todo fai o revés;
vestese pola cabeza
e dispese polos pes
Bailache, Carolina?...
........
O señor cura non baila
porque tén unha coroa.
baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.
Bailache, Carolina?...
........
No curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.
Bailaches, Carolina...
....................................
Co meu amor Carolina
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
i é moi mala de baixar.
**** Como dato interesante de esta canción cabe mencionar que su letra está inspirada en la "Bella Otero", cuyo verdadero nombre era Agustina Carolina Otero Iglesias.
A Rianxeira
(para saber máis sobre a máis popular canción galega, ingrese aquí)
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira. (bis)
descalciña pola area
parece unha Rianxeira.(bis)
ESTRIBILLO
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te
vas a marear. (bis)

II
A Virxe de Guadalupe
cando vai para
Rianxo(bis)
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo (bis)
III
A virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña,(bis)
foi un raiño de
sol
que entrou pola ventaniña. (bis)
A Mariñada de Rianxo
Ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño por Deus non te vaias,
quédate con nós,
quédate con nós,
non te vaias afogar na praia
como nos pasou a nós.
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
as mozas bonitas, están en Mourente.
Ai Pepiño, adiós...
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
¡Ai Sálvora, adiós Mourente!
¡Ai Sálvora, boca da ría!
¡Para boas mozas en Vilagarcía!
Ai Pepiño, adiós...
¡Ai Sálvora, vento norteiro!
¡Ai Sálvora, meu compañeiro!
¡Ai Sálvora, vento ventiño!
xa están as rapazas na punta de Aguiño.
Ai Pepiño, adiós..
O RODABALLO (*)
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
ROUBARON UN RODABALLO
ESTRIBILLO
MALA CHISPA TE COMA,
MALA CHISPA CHE DE,
MALA CHISPA TE MATE AI AI IE
IIª
O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
DICÍALLE O RODABALLO
UI AI AI UI AI AI
MOITO MIRAS PARA MIN
MOITO MIRAS PARA MIN
PASAR O ESTRIBILLO....
IIIª
FORON A VEDELO A LONXA
FORON A VEDELO A LONXA
E CON MUITO DISIMULO
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
A FILLA DO CACHIRULO
PASAR O ESTRIBILLO....
IVª
AQUÍ ACABA A HISTORIA
AQUÍ ACABA A HISTORIA
DO FAMOSO RODABALLO
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
HOUBO QUE COMELO ASADO
PASAR Ó ESTRIBILLO....
(*) Graciñas ó noso amigo, Antonio Prego Rajo, por enviarnos dende Guláns a letra desta canción.
