Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

CANAS CASEIRAS



Canas caseiras

CANAS CASEIRAS - RECEITA 1

Ingredientes:

fariña, 500 grs.
auga, 250 cl.
sal, 10 grs.
manteiga cortada en dados de 3x3 cms. aprox., 400 grs. e 10ºC / 15º C de temperatura
azucre 

Preparación:

Mestúranse tódolos ingredientes agás a manteiga e amásanse ben. Unha vez amasados e estendida a pasta, agrégaselle a manteiga en dados e tápase de novo coa masa. Estírase cun rolo e dáselle unha volta sinxela, unha volta dobre, unha volta sinxela e unha volta dobre. 

Rematada esta operación déixase repousa-la masa uns 20 minutos. Cando pase este tempo, estírase novamente a masa co rolo. Córtanse tiras de 2 cm. de ancho por 10 cm. de longo. Envólvense estas tiras nuns rolos de aceiro inoxidable e fríxense na tixola con abundante aceite ben quente. Retíranse do aceite, escórrense moi ben e déixanse arrefecer.

Cando estean frías retíranse con moito coidado dos cilindros, reénchense e esparéxeselle un pouco azucre. Preséntanse 3 canas por ración sobre un prato de sobremesa cuberto cun pano de mesa. Pódense reencher con crema pasteleira, nata, etc.

Restaurante Casa Solla