CALDO DE FEIXÓNS VERDES CON PATACAS DE GALICIA
CRTVG.ES
CALDO DE FEIXÓNS VERDES CON PATACAS DE GALICIA - RECEITA 1
Ingredientes:
feixóns verdes, 1 kg.
patacas de Galicia, 1 kg.
cebola grande enteira, 1
aceite
pemento
allo
auga
sal
cóbado de xamón, 1
Preparación:
Nunha ola grande con auga ponse a coce-lo cóbado de xamón (previamente
desalgado) e a cebola enteira. Planámo-las patacas e cortámolas en
anacos pequenos ("chasqueándoas", é dicir, esgazándoas ). Limpamos e
cortámo-los feixóns.
Engadímo-las patacas á ola, agardamos a que a auga ferva outra vez e
agregámoslle os feixóns verdes. Unha vez que estea cocido todo
retirámolo do lume e reservamos.
Nunha tixola facemos un rustrido co aceite, o allo picado e o pemento.
Engádeselle este á ola e tapamos rapidamente. Deixamos que repouse 5
minutos antes de servir.
Restaurante La Barra
