LACÓN OU CACHEIRA DE PORCO PRENSADA
LACÓN OU CACHEIRA DE PORCO PRENSADA - RECEITA 1
Ingredientes:
Lacón ou cacheira de porco salgado
cebola, 1
porro, 1
loureiro, 1 folla
pementa en gran
Preparación:
Ponse a desalga-lo lacón 48 horas cambiándolle a auga varias veces.
Poñémolo a cocer con auga, cebola, porro e loureiro, aproximadamente
unhas 3 horas. Sacámolo e, en quente, cortámo-los anacos. Enchémolos nun
recipiente axeitado (no seu lugar unha bolsa de plástico), apretamos,
envolvémolo nun pano e poñémoslle 3 Kg. de peso enriba. Deixámolo 24
horas en repouso. Retírase e sérvese frío.
Restaurante La Barra
