Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

CABUXO ASADO CON PATACAS


cabuxo asado con patacas
 

crtvg.es    CABUXO ASADO CON PATACAS - RECEITA 1

Ingredientes: (6 persoas)
 
1 cabuxo, 4 kg.
 patacas novas, 1 kg.
 cebolas, 3
 limón, 1
 viño branco
 azafrán
 allos, 1 cabeza
 aceite
 manteca de porco
 sal

Preparación:

Tallamo-lo cabuxo, unha vez limpo, e deixámolo durante 24 horas en adubo cos dentes de allo esmigallados, o sal, o viño branco, o azafrán e o zume de limón. Ó seguinte día escórrese e resérvase. Dóuranse ben os anacos nunha tixola, xunto ca cebola, nunha mestura de aceite e manteiga, e colócase nunha cazola de barro botándolle por riba o prebe do adubo, así como o rustrido da cebola. Métese no forno, quecido con anterioridade,durante 50 minutos, rodeado de patacas talladas en anacos.

Restaurante Casa Vilas