BRAZO DE XITANO
crtvg.es BRAZO DE XITANO - RECEITA 1
Ingredientes: (4 persoas)
fariña común, 75 grs.
maicena, 50 grs.
azucre, 125 grs.
ovos, 5
perfume
raspa de limón
Preparación:
Nun cunco póñense os ovos, o azucre e o perfume. Comézanse a bater nun
recipiente os ovos e unha vez montados engádese a fariña e a maicena
mesturada e peneirada con anterioridade.
Ponse esta pasta nunha placa untada de manteiga e esparexada de fariña.
Estírase cun grosor similar ó dunha moeda dun peso e ponse no forno
moderado durante 10 minutos. Unha vez cocida, quítase da placa e ponse
nun recipiente limpo e húmedo. De seguido, untámo-la base do biscoito de
crema, estendémolo ben e procedemos a enrolalo. Unha vez feito isto
deixamos que arrefríe e cando isto ocorra, desenrolámolo, recollémo-los
extremos e esparexamos con azucre moído. Para rematar facemos uns
adornos coa punta do coitelo e poñémolo nunha fonte longa sobre unha
bandexa.
Restaurante Ponteareas
