Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Xavier Barreiro gaña o premio “Vila de Arbo”

Xavier Barreiro gaña o premio “Vila de Arbo” por un artigo publicado no Diario de Arousa “Refrenda da lamprea e o señor ninguén”, aparecido no suplemento “Arousa, un Mar de Cultura”, mistura relato e gastronomía ó mellor estilo de Álvaro Cunqueiro ou Luis Bouza Brey

O feitizo periodístico dos trasnos e das lampreas

Redacción / Vilagarcía - Publicado el 22 de abril de 2004

Xavier Barreiro

Xavier Barreiro Luces, colaborador deste xornal a través das páxinas do suplemento “Arousa, un mar de Cultura”, resultou gañador do IV Premio Periodístico “Vila de Arbo” por un artigo publicado o pasado catro de abril dende esta fiestra que semanalmente abre o Diario de Arousa á cultura.

O propio autor explica que “Refrenda da Lamprea e o señor Ninguén” é un “comentario de texto sobre o relato que o vilagarcián Luis Bouza Brey fai acerca do trasno da lamprea e que me facilitou o seu fillo Gonzalo Bouza Brey Villar”.

Esta obra orixinal ben podería enmarcarse dentro dun xénero propio, o relato gastronómico, ó que unicamente acudiran con anterioridad figuras da literatura coma Cunqueiro, o propio Luis Bouza Brey e Vitelio Cenlumes, tal e como explica Barreiro neste artigo. A idea de escribilo reforzouse ó coñecer que a protagonista da historia, desta parte do noso saber culinario que se iba a desvelar a través das páxinas deste diario, era nin máis nin menos que a lamprea “unha das delicatessen da nosa cociña, a raiña da Galicia dos mil ríos gastronómicos”. Xavier Barreiro continuará abrindo novas fiestras á cultura a través do suplemento "Arousa, un mar de cultura"



Este non é o primeiro premio destas características que acada Barreiro quen encontra neste tipo de relatos un xeito moi adecuado de achegar á gastronomía a colectivos coma son os nenos.

 

O vencedor do certame recollerá o premio xunto a Manuel Xesús Xiráldez, a quen o xurado concedeu un accesit por “A pesca en Arbo”. Xavier Barreiro continuará abrindo novas fiestras á cultura a través do suplemento “Arousa, un Mar de Cultura” 

  Ir a Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro