Glosario de Gastronomía e Cociña de Galicia
Letras A B - Ch D - L M - Q R - Z
raba
Cebo para a pesca da sardiña feito con ovas de bacallao.
raspa
1. Espiña do peixe. 2. Restos de alimentos que quedan pegados nun recipiente
despois de cociñalos.
rebanda
Tallada, máis longa que ancha, de pan, queixo, roscón, ...
tallada
Porción cortada dun comestible. Pode ser:
_ alargada, posta.
_ de carne, xixa.
_ de peixe, tora.
_ redondeada, toro.
talladeira
1. Coitelo curvo de cociña. 2. Pequena táboa onde se colocan os alimentos
para cortalos ou picalos.
tulla
Artesa grande feita de pedra onde só se garda o gran. Polo xeral, facíase
nunha esquina da casa para aproveita-lo espacio. Aparece citada nos foros dos
mosteiros galegos do século XV.
turrón
Doce típico do Nadal feito con améndoas, azucre ou mel e ovos. No A. H. P.
De Pontevedra atópase un documento do ano 1603, no que o Alcalde de Pontevedra
(Rodrigo Mariño de Lobera) pídelle a doña Ynés de Aballe Mariño, de Redondela,
"[...] seis doçenas de biscochos; seis doçenas de mazapanes; çinco de Tu Ron de
almendra; y cuatro de Cuadros de huevos reales; dos Coronas de adviento
(roscón)" para agasallar ó Arzobispo de Santiago na súa visita á cidade.
vafío
Cheiro desagradable dun animal morto e aínda quente ó abrilo en canle.
vaseira
1. Caixa de madeira para garda-los vasos e copas. 2. Anaquel de pedra ou
ladrillo nas paredes da cociña para pousa-los vasos, vasixas, pratos ou xarras.
zarapallada
Mestura desordenada dos ingredientes do almoado ou dun recheo de empanadas
ou doces.
zarrabullo
Doce co que se rechea o bandullo do porco.
zorollo
1. Abruño. 2. Pedazo groso de carne ou dunha masa. 3. Froita de óso sen
madurar. 4. Froito do loureiro.
Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro
