Glosario de Gastronomía e Cociña de Galicia
Letras A B - Ch D - L M - Q R - Z
desgraxumar
Quitarlle a unha preparación culinaria a graxumada ou graxa excesiva.
escano
Banco de madeira de castaño moi pesado, para máis de catro persoas, con
respaldo e apoios para os brazos nos extremos. A miudo, teñen cuberta a parte
inferior con táboas algo separadas con unha portiña no frente, a capoeira, onde
se metían os pitos para cebalos e para que medrasen tranquilamente a carón da
calor na cociña no inverno.
espeteira
Taboleiro pendurado da parede por ganchos de ferro para pousar cazos,
tarteiras e potas.
estrado
Mesa para poñe-lo pan, antes e despois dunha fornada.
famento
O que pasa fame por necesidade ou por mal gusto; o que fai pasar fame ós
demáis.
farangullas
Migas de pan, principalmente do miolo e non da códea.
farelo
Salvado, relón, casca do gran do trigo ou do centeo. Co f. faise unha masa
para ceba-las galiñas.
fecha
Grolo de viño para probalo. Ven da expresión "abre e fecha" , moi usada en O
Morrazo..
feluxe
Fume que se pega ós pucheiros; cirno.
fornalleira
Espacio debaixo da pedra da boca do forno de leña, onde vai cae-la cinza ou
borralla cando se limpa antes da fornada.
frinxideira
Táboa sobre a que se amasa o pan e que se coloca sobre a artesa.
galleiro
1. Peza de madeira con forma de dúas pirámides xunguidas por un vértice, que
se pendura do teito da cociña. Na parte máis ancha da madeira leva dous paos
cruzados, nos que se pousan o pan, o touciño ou xamón. Na parte de abaixo leva
unha folla plana de folla de lata, o tornaratos. Semellantes ós galleiros son as
touciñeiras ou claveiras. 2. Estaca que se lle pon ás fabas para que medren por
riba dela. 3. Colgadoiro para a roupa.
golforear
Extende-la fariña pola mesa de traballo antes de amasar.
graxumada
1. Graxa dabondo nunha comida. 2. Fritada ou guiso moi abundante en graxa.
inzo
Ovo que se deixa no niño para que a galiña siga coa posta; aniñadeiro,
abiñadoiro.
Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro
