Glosario de Gastronomía e Cociña de Galicia
Letras A B - Ch D - L M - Q R - Z
baiúca
Taberna, tasca
barolo
Fungo do pan.
blanquete
Xarope de azucre e auga con punto de fío forte.
bolardo
Biscoito.
cabazo
(lat. Capaceu). 1. Medida para o viño equivalente a 16 litros. 2. Hórreo.
cadelas
1. Eirugas da col ou vermes das patacas. 2. Pulpo con c.: prato feito con
pulpo, cachelos e ameixas, mollado cunha salsa axeitada que lle da un arrecendo
excepcional.
canada/o
1. Vasilla de arxila usada para garda-lo leite ou viño. 2. Medida para o viño
equivalente a 37 litros.
cantareiro
Mesa con buratos na parte superior para pousa-las olas ou baldes con auga.
Ponse a carón do fregadeiro.
caroleira
Muller que vende noces na feira.
carolo
1. Carozo do millo ou corazón da mazá. 2. Noz verde que aínda ten a códea.
3. Anaco de pan.
carón
1. Parte comestible da castaña. 2. Cerne da pataca.
celeiro
1. Almacén de gran ou artesa. 2. Táboas para colocar o peixe nos barcos.
coca
1. A pata máis grande dun boi de mar ou dunha centola. 2. Bugallo dos
carballos, bailarete. 3. Feixe de herbas que se bota no río para atordalla-los
peixes. Dis-que se fai machacando os froitos dalgunhas herbas (papaveráceas) en
augardente con pan de centeo para emborrachalos, durándolle-lo efecto etílico
tres horas. 4. Calquera verme.
códea
1. Parte externa endurecida do pan, do queixo e dalgunhas froitas. 2. Anaco
de pan duro con moita corteza. 3. Casca ou cortiza das árbores. 4. ¡Hai na c.!
era unha frase feita dos mariñeiros cando había moita pesca. 5. Refraneiro:
- A c. aguza os dentes; o miolo empapiza
- Vale máis c. dura que pedra de moer.
cornecho
1. Corrosco do pan. 2. Bolo de pan con forma de cornos. 3. Caramuxo, bígaro.
cornella
Vaíña dalgunhas legumes (chícharos, fabas) onde están pechada-las sementes.
cornello
Micelio do fungo Claviceps purpurea, parásito do centeo e do millo, que
contén varios alcaloides usados en mediciña para a dor de cabeza e como
abortivo, pero que en dosis altas é moi tóxico. Os episodios de avistamentos de
meigas, en tempos da Inquisición, poideron deberse á inxesta desta droga ó
consumi-la fariña infectada no pan.
En México e no Perú, cociñan o millo con este fungo cando é novo porque non
é tóxico; Incas e Aztecas tíñano por exquisito.
cornicabra
1. Variedade de peras galegas. 2. Terebinto, árbore de folla perenne e
madeira moi dura, que ó cortala tinxen unhas gotas de trementina branca.
corrosco
1. Cornecho que coroa un molete. 2. Anaco duro duro de pan, carapucho,
carolo.
cortaduría
Táboa da carnicería sobre a que se corta a carne.
cunqueiro
Armario pequeño para gardar cunacas, botellas, pratos ou vaixela; alzadeiro.
changueiro
Cunca de arxila branca para o viño ou o leite, moi común na zona de Cambados.
chete
Saleiro
Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro
