Sociedade e costumes: o carbón e os carboeiros
Hai moitos anos, cando
aínda había ferreiros que ían polas parroquias e soaban os seus martelos na
forxa de val en val, o monte daba ademais da madeira, outro producto: o
carbón.
E había neses tempos outro deses oficios tradicionais que xa non existen...
os
carboeiros...
Era
o carbón vexetal o combustible que alimentaba as
forxas dos ferreiros.
En Galicia o traballo do ferro tivo unha grande importancia ata comezos deste século.
A súa producción principal eran as armas e as ferramentas usadas no campo. Mais, nos últimos anos, as forxas fóronse reducindo, en gran medida, ó desaparecer boa parte da demanda no campo (ademais de producir obxectos de ferro, colocaban as ferraduras ó gando), mais algunhas delas aínda subsisten gracias á estima polas boas ferramentas de corte tradicionais (coitelos, fouces, gadañas, machadas).
Nas forxas ( lugar onde se quentaban os metais para logo poder traballalos) usábase o carbón.
Para face-lo carbón, cavábase un burato no terreo duns
cincuenta centímetros de fondo e cun diámetro de dous metros, máis ou menos.
Logo, dependendo do tipo de leña, se era de toxo
cortábase anaquiños de 50 cm. de longo e se era de castiñeiro
había que pica-los troncos. Nese burato cavado, apelábanse os troncos de menor a
maior. O prende-lo lume , a pía ardía dende o centro cara ó exterior, sempre
vixiando para arrimar troncos grandes en caso de que saíra a chama para fóra.
Este era un proceso de catro, cinco ou seis horas, dependendo da cantidade de
leña.
Para apaga-la leña queimada en cantidades pequenas, cubríase a pila con terróns
coa herba volta cara ó interior, mentres seguía a arde-lo lume lento durante 24
ou 34 horas. Había que ir miralo mentres seguía ardendo. Cando estaba apagado,
descubríase todo e se enchían os sacos.
A leña mellor era a de
toxo,
castiñeiro e uz , quizais a
mellor fora a de uz, pero desta había en menor cantidade.O mellor tempo para
recolle-la madeira era o tempo seco, coa chovía non se podía facer ben.
As
raigañas arrincábanse cun
pico
ou cunha acada, tamén se usaba outra ferramenta , a
aixada. (aínda quedan algunhas nas casas das aldeas) A aixada tiña
unha folla estreita e moi afiada.
O carbón vendíase por sacos ou quilos, e o seu prezo era quince pesetas por saco, nos anos corenta.
Os principais compradores eran os ferreiros, que daquela había moitos...en cada parroquia, un ou dous. Empregaban o carbón para quenta-los metais nas forxas. Tamén , os xastres, o usaban para a prancha da roupa que eles facían.
Non había moitos carboeiros, e os que o facían era de xeito ocasional. Moitos ferreiros facíano para o seu propio uso. A partir do ano 1948, deixou de facerse.
Esta técnica de face-lo carbón, co tempo foi caendo no esquecemento. Sábese que probablemente naceu co traballo dos metais, e que durante moitos séculos foi parello co labor dos ferreiros.
Máis, hoxe, é outro dos oficios e tarefas que xa non existen
Mónica Beatriz Suárez Groba
Bibliografía consultada: "galicia 2000: Cultura popular", Xunta de Galicia.
VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ
