Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

ARROZ CON MARISCOS


Arroz con mariscos

ARROZ CON MARISCOS - RECEITA 1


Ingredientes: (4 persoas)

 arroz, 500 grs.
 aceite, 1/8 litro
 cebolas, 2
 pementos morróns vermellos, 2
 perexil, 1 ramiña
 pemento doce, un pouco
 azafrán
 sal
 xamón, 50 grs.
 ameixas, 1/2 kg.
 cigalas, 1/2 kg.
 mexillóns, 1/4 kg.
 chícharos
 pementos morróns vermellos


Preparación:

Nunha cazola dóurase acebola, os pementos en anacos, o perexil, o pemento
doce, o azafrán, o sal e o xamón; cando todo estea dourado engádaselle as
ameixas e os mexillóns. Cando estes estean abertos incorpóranse as gambas e
as cigalas. Bótaselle auga en dobre medida que a do arroz e unha vez cocido
retírase do lume; déixase repousar e enféitase con pementos en tiras e
chícharos.